Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

21.12.2012


Unha errónea e practicamente histérica interpretación do calendario maia sitúa o 21 de decembro do 2012 como o día no que o mundo chegará ao seu fin. A medida que a data se achega, David Morrison, director do Centro Carl Sagan da NASA, ve como a bandexa de entrada do seu correo electrónico recibe cada vez máis preguntas de cidadáns, a maioría moi novas, preocupados por esta teoría apocalíptica. «Trátase dunha fábrica de mentiras», asegurou Morrison, nunha conferencia vía Google Hangout acompañado por varios científicos da NASA. «Moitos dos mozos que escriben din que non poden comer, outros que non poden durmir, pero outros din que teñen medo de suicidarse. Mentres que isto é unha broma para algúns e un misterio para outros, hai unha chea de xente que está verdadeiramente preocupada», advertiu o astrobiólogo.

Segundo os estudos realizados pola NASA o mundo pódese quedar tranquilo por que non chegará á súa fin na devandita data. O rumor debeuse a unha incorrecta lectura do calendario Maya, coñecido dentro dos almanaques de civilizacións antigas pola exactitude coa que predixo fenómenos astronómicos. «Só será outro solsticio de inverno», explicou Morrison.

Segundo a axencia espacial, os indíxenas desta tribo non predicían o fin do mundo. «O tempo non cesa só porque o calendario que está colgado na súa cociña acaba na data do 31 de decembro», sinalan os científicos, engadindo que o mesmo pasa co calendario maia.

O 21 de decembro é a última data dun longo período de cálculo de tempo dos maias, pero logo se iniciará outro período, «do mesmo xeito que vostede porá unha novo calendario na parede o 1 de xaneiro», aclarou Morrison, quen asegurou que existen escritos dos maias que se refiren por centos de anos máis aló de hoxe, «polo que se asume que non pensaban no fin do mundo».

Os especialistas da NASA desmentiron ademais outras teorías apocalípticas, como o choque da Terra con outro corpo celeste, un enorme escintileo solar ou o desprazamento dos polos terrestres, entre outros. De momento, e a pesar do que auguran algúns, hai humanidade para longo.


Julián Rey Pérez - 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-12-2012 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0