Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Búscanse estudantes de cine que queiran aparecer nos Óscar
A Academia de Hollywood en colaboración coa canle universitaria de MTV, mtvU, puxo hoxe en marcha un concurso para conseguir seis estudantes de cinema que desexen formar parte da gala dos Óscar que se celebrará o 24 de febreiro en Los Ángeles.

O proxecto leva por nome «The Óscar Experience College Search» e está aberto aos alumnos en EE.UU. interesados en ter unha carreira como «guionista, director, produtor, actor e máis». Para participar, os interesados terán de prazo até o 19 de xaneiro para dar a coñecer o seu talento na páxina de Facebook da Academia co fin de «demostrar que están destinados a estar nos Óscar».

O concursante deberá encher un formulario e subir un vídeo no que conteste á pregunta «como contribuirei ao futuro do cinema?». Se resulta elixido, a súa función será saír ao escenario para entregar a figura aos presentadores do galardón, habitualmente actores ou directores famosos.

Os produtores da gala serán os encargados de elixir a un mínimo de seis gañadores que asistirán á 85 edición deses premios cos gastos pagos. «Para un estudante de cinema ir aos Óscar e ser parte da presentación é un gran paso», asegurou o cómico e produtor Seth MacFarlane, quen será o mestre de cerimonias do evento. «Reimaginando o que queremos que sexan os Óscar, desexamos que todos os que aparezan no escenario sintan un profundo compromiso co cinema, o seu legado e, o máis importante, o seu futuro», declararon os produtores do programa, Craig Zadan e Neil Meron.

Cada ano, os responsables de organizar a gala dos Óscar tratan de atopar novas formas de cativar aos televidentes máis novos, unha audiencia que non termina de sentirse atraída por uns premios máis sobrios que os Globos de Ouro ou os Grammy.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-12-2012 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0