Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

George Harrison, trending topic en twitter a once anos da súa morte.

O pasado 29 de novembro,o mundo da música viviu unha triste data ao se cumpliren once anos da morte do emblemático George Harrison.
O que fora guitarrista de The Beatles dende a súa fundación faleceu na citada data a causa dun cancro de gorxa terminal, con metástase extendida áo cerebro, nunha mansión Californiana, propiedade do seu amigo Paul McCartney, rodeado da súa muller e do seu fillo.
Coñecido como "O Beatle Silencioso" e autor de cancións da mítica banda como "Something", "Here comes the Sun" ou "While my Guitar Gently Weeps",viuse relegado a un segundo plano polo protagonismo acaparado por Lennon e McCartney. Sen embargo,foi o responsable non só de moitos temas, senón de toda a experimentación sonora que a banda levou a cabo en discos como "Sgt.Peppers Lonely Heart's Club Band", introducindo no contexto da música occidental instrumentos como o tradicional sitar indio, cultura coa que entrou en contacto durante a rodaxe dunha das súas filmes xunto a Ringo, John e Paul.
Tralo fin da banda a principios dos setenta, Harrison desenvolveu unha prolífica carreira, que comezou coa publicación dun triple álbume, no que figuraban todas as cancións que durante a época dos Fab Four non lle fora permitido aportar. Fundou ademáis un novo grupo, The Travelling Willburys,que liderou baixo o sinónimo de Ayrton Wilbury. É, probablemente o máis descoñecido do cuarteto, malia ser o que sen dúbida acadou un maior desenvolvemento artístico posterior.
De gran espiritualidade, practicante da relixión hindú e do movemento Hare Krishna, Harrison morreu con absoluta paz, completamente seguro da perdurabilidade da súa alma. As súas últimas palabras foron "Love one another", dirixidas á súa muller e ao seu fillo pero adoptadas polos seus milleiros de fans en todo mundo como lema a posteriori.
Non houbo actos de homenaxe o pasado día 29, nin declaracións por parte de McCartney e Starr, mais nas redes sociais foi trending topic ao longo de todo o día o hagstag #RIPGeorgeHarrison, etiquetado en tweets do estilo de "Today the world Gently Wheeps", en alusión á mítica balada do artista.
Aida González, 2º Bach B
Escoita Here Comes The Sun
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-12-2012 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0