Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cultura celebra o Día das Librarías coa distribución do calendario do libro e da lectura 2013

Con motivo da celebración do Día das Librarías, a Consellería de Cultura distribúe este venres nas 230 librarías galegas federadas o Calendario do Libro e dá Lectura 2013, unha lámina coas datas conmemorativas do ano que vén arredor dos libros. En palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, trátase de facer visibles días de referencia no calendario que animen a situar as actividades arredor do libro e da lectura nas axendas de actividades do ano que entra. Ao longo do próximo ano terán lugar diversos aniversarios significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais arredor do libro e da lectura. No mes de xaneiro celebrarase o centenario de Francisco Fernández del Riego, un dos principais promotores da escritura e edición de textos de autores galegos durante o franquismo dende a editorial Galaxia. No mes de febreiro haberá 150 anos do nacemento doutro intelectual vinculado ás letras, Manuel Lugrís Freire. En marzo celébrase anualmente o Día Internacional da Poesía e o Día Mundial do Teatro, para dar paso ás celebración do libro e do libro infantil e xuvenil en abril. A maior actividade relacionada coa literatura adoita ter lugar en Galicia no mes de maio, motivada pola celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Este ano, o autor elixido pola Real Academia Galega para ser homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño. Outra das efemérides de 2013 é o 50 aniversario do falecemento do escritor Gonzalo López Abente, o 23 de xullo. No segundo semestre sucederanse conmemoracións como o Día Internacional dos Arquivos, o Día Internacional da Tradución ou o Día da Biblioteca.

Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-12-2012 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0