Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Diputación reeditará os artigos de Blanco Amor

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, comprometuese a reeditar o libro 'La peligrosa aventura de vivir en un pueblo', un traballo publicado no ano 1990 e coordinado por Maribel Outeiriño que recollía algúns dos artigos publicados por Eduardo Blanco Amor no xornal La Región entre os anos 1967 e 1971. Na nova impresión, incluiranse escritos que quedaran fóra no primeiro volume.
Baltar lanzou esta promesa durante o acto de homenaxe ó autor da Esmorga no 33 cabodano do seu falecemento, onde, ademais, o director do Pen Clube, Luís González Tosar, deixou aberta a posibilidade de crear unha fundación Blanco Amor.
Deste xeito, representantes culturais e sociais da provincia déronse cita no cemiterio de San Francisco para lembrar a un dos grandes novelistas galegos. Por primeira vez na última década, o acto celebrouse sen a asistencia dos estudantes do instituto que leva o seu nome, por ter coincidido na tarde do sábado. Esta ausencia levou tanto a Tosar como á concelleira de Educación, Ana Garrido (mestra ademais do centro), a insistir na necesidade de que as novas xeracións tomen conciencia da importancia dos símbolos históricos.

Por último, o director da editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, lembrou que hoxe mesmo se estrea no festival Culturgal a longametraxe baseada na Esmorga. Ó acto asistiron, entre outras personalidades, a sobriña do escritor, Marita Bóveda.

Aida González
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-12-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0