Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As protestas contra Peña Nieto en México derivan en fortes disturbios
A manifestación contra Enrique Peña Nieto en México derivou en fortes disturbios nas inmediacións do Congreso mexicano entre manifestantes. Os enfrontamentos, producidos horas antes do acto de investidura do presidente do país, deixaron un manifestante ferido grave e outros 20 leves, tres dos cales tiveron que ser trasladados a hospitais.

Malia que o deputado de esquerdas Ricardo Monreal denunciou, na sesión do Congreso, que o ferido grave, Carlos Valdivia, morrera tanto o movemento "Yo son 132" que convocou a protesta, como outras fontes oficiais consultadas desmentiron tal extremo.

Decenas de integrantes dese movemento estudantil, que xurdiu en maio pasado para esixir equilibrio informativo na campaña electoral mexicana, lanzaron petardos e pedras e derrubaron valas metálicas instaladas para protexer o Pazo de San Lázaro, sede da Cámara de Deputados. Os membros da Policía Federal e do corpo antimotíns da capital mexicana non dubidaron en cargar e responderon con gases lacrimóxenos, restableceron os valos e impediron o paso dos manifestantes, tentando unha vez máis calar ideas con violencia.

O operativo de seguridade foi reforzado para conter as protestas dos mozos, que consideran a Peña Nieto un presidente non lexítimo e "imposto" pola cadea Televisa, a escasas horas de que inicie a solemne sesión de investidura no Lexislativo.

Aos estudantes uníronse grupos de mestres, mentres que noutros puntos da cidade protestarán o Partido da Revolución Democrática (PRD) e o Movemento de Rexeneración Nacional (Morena), encabezado polo esquerdista Andrés Manuel López Obrador, que quedou en segundo lugar nos comicios do 1 de xullo pasado e non recoñeceu o triunfo de Pena Nieto tras denunciar irregularidades no proceso electoral, incluída a suposta compra masiva de votos.

Pena Neto asumiu a Presidencia nun acto celebrado no Pazo Nacional, no que o mandatario saínte Felipe Calderón lle entregou a bandeira do país. Despois do breve acto, o político do PRI tomou o xuramento dos membros do seu gabinete de seguridade e celebrou o fin de "unha transición gobernamental ordenada, legal e transparente".


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0