Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un galego descobre como o párkinson se propaga ao cerebro |
|
O párkinson empeza no intestino pola exposición prolongada aos pesticidas que interaccionan coas mitocondrias das células intestinais e desde aí propágase ao cerebro, onde se produce a morte das neuronas dopaminérgicas na sustancia negra cerebral. Esta teoría foi demostrada hai dous anos polo investigador galego Francisco Pan-Montojo, co que tamén se confirmaban estudos precedentes que relacionaban aos pesticidas como unha das principais causas da enfermidade. Pero faltaba por coñecer o máis importante: como ocorre este proceso, cal é o mecanismo patoxénico que permite a progresión da patoloxía a partir do efecto nocivo dos pesticidas.
E isto é o que Pan-Montojo, que dirixe un grupo de párkinson na universidade alemá de Dresde, acaba de descubrir nun novo traballo que foi publicado na revista Nature Science Reports. A clave radica nunha proteína, a sinucleína alpha, que se ve modificada pola acción dos pesticidas ata o punto de que é expulsada das neuronas intestinais ao espazo extracelular, desde onde é captada por outras neuronas e terminacións cerebrais do sistema central que a transportan ao cerebro.
Diagnóstico precoz
O achado, probado en ratos, abre a vía para o diagnóstico precoz do párkinson a partir da detección da proteína alterada e para o desenvolvemento de fármacos que inhiban a acción da proteína e impidan a progresión da enfermidade.
«Se podes desenvolver fármacos que afecten ao transporte desta proteína prexudicial ou á súa formación podes conseguir que a progresión da enfermidade párese», explica o científico. Pan-Montojo xa está a traballar no deseño dun fármaco en colaboración coa Universidade de Múnic.
«Os nosos datos -resalta-, que foron confirmados en ratos, suxiren que esta progresión se realiza a través dos nervios que conectan o intestino co sistema nervioso central». Este é o esquema xeral, pero o deseño dun sistema in vitro por parte dos investigadores ofrece máis matices. «Os pesticidas -aclara o investigador coruñés e ex bolseiro da Fundación Barrié- interaccionan coa mitocondria da célula, o que lle provoca un estrés oxidativo que, á súa vez, modifica a proteína sinucleina alpha, co que se tende a agregar e é expulsada da célula. Logo é captada por outras células da contorna, incluíndo as terminacións nerviosas das neuronas do sistema central, incorpóranse ao seu núcleo e, desde aí, son transportadas ao cerebro».
O estudo ofrece unha nova confirmación da relación directa entre os pesticidas e o párkinson, o que, a xuízo de Pan-Montojo, debe supor unha chamada de atención aos políticos e autoridades ambientais. «É necesario -apunta- determinar que compoñentes pódense utilizar en agricultura e cales non».
Pero os cidadáns tamén poden adoptar as súas propias precaucións, como lavar adecuadamente as froitas e as verduras para minimizar o potencial efecto dos pesticidas.
Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|