Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os científicos cren que a vacina contra o VIH tardará polo menos 5 anos en chegar

A gran velocidade á que muta o virus da Sida é a principal barreira que teñen os científicos á hora de dar cunha vacina preventiva do VIH, que non chegará antes de cinco anos, di o xefe da Unidade de Enfermidades Infecciosas e da Sida do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Gatell.

Gatell, que concedeu unha entrevista a Efe con motivo do IV Congreso Nacional do Grupo de Estudo do Sida (GeSida) celebrado en Toledo, considera que polo menos ata dentro de cinco anos non se logrará un remedio para esta enfermidade, a única das infecciosas que ha de tratarse toda a vida. Así, do mesmo xeito que a vacina da gripe hai que facela nova cada ano polos cambios do virus, a do VIH cambia aínda máis rápido e "unha vacina teriámola que cambiar cada semana e isto, tecnicamente, non é posible", afirma o investigador.

A boa noticia é que este virus, que cambia tanto e tan rápido, ten algunhas porcións na súa composición que son máis estables, que non cambian e estase vendo se se poderían utilizar as partes estables para obter unha vacina que non houbese que renovar cada semana e xa hai algúns datos esperanzadores neste sentido", afirma Gatell.

Outro das frontes da investigación está na vacina terapéutica, é dicir, atopar unha sustancia ou un produto químico que consiga que un paciente con Sida non tivese que tratarse toda a vida. "O VIH é a única enfermidade infecciosa que temos que tratar toda a vida" e iso comporta toxicidade, incomodidades e gasto, lamenta este doutor especialista, quen, no entanto, insiste en que os grupos en investigación da Sida en España están "ben situados", a pesar da redución do orzamento en I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación).

RECORTES
Segundo Gatell, as asignacións en investigación en xeral, incluído a Sida, diminuíron nestes anos de crise entre un 15 e un 30 por cento e isto é unha "mala noticia". Máxime, se se ten en conta que nos últimos dez-doce anos España fixo unha política "moi boa de atraer investigadores españois e estranxeiros" que traballaban noutros sitios do mundo.

Esta xente estableceuse aquí, en España, hai programas que cobren "mal que ben" o seu soldo e isto quere dicir, afirma, que "temos moita máis xente brillante competindo por menos diñeiro para os proxectos de investigación e isto tamén é unha mala noticia".

''MALAS'' E ''BOAS'' NOTICIAS
Pero, tamén hai unha "boa noticia" e é que o hospital Carlos III de Madrid acaba de ''refinanciar" para os próximos catro anos, cunha contía moi similar á dos anos anteriores á crise, á Rede Española de Investigación en Sida. "O importante -afirma Gatell- é que nos últimos dez anos puxémonos ao nivel dos países da nosa contorna e non podemos permitirnos o luxo de perder o tren porque, se o perdemos, tardaremos trinta anos en volver alcanzalo e ese é un luxo que non nos podemos permitir".

A Sida segue sendo un problema en España e a prevalencia mantense entre os 2.500 e os 3.000 novos contagios anuais, algo "inaceptable" porque é unha enfermidade "cuxa causa coñecemos, sabemos como se transmite e sabemos como poderiamos evitala", afirma o especialista.

O problema, argumenta o xefe da Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínic de Barcelona, non é só un problema de información, senón que require tamén un cambio de conduta, aínda que cando se trata de condutas sexuais é "máis complicado".

Neste sentido explica que como a actividade sexual empeza moi precozmente, entre os 11 e 15 anos, a información hai que dala antes de que este empezo, porque, "cando a actividade sexual ha empezado xa é tarde" e, xa que logo, a formación hai que dala na escola e nas familias antes de que as desgrazas ocorran.

Noelia Fernández Paradela
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-12-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0