Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Consello Confederal da CIG ratifica a convocatoria do 14 de novembro
O Consello Confederal da CIG ratificou a decisión da Executiva do sindicato de convocar folga xeral para o 14 de novembro, en coincidencia coa data acordada noutros países da periferia europea, como Portugal, e coa decidida por CC OO e UXT.

En nota de prensa, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, indica que acoden ao paro "con todas as consecuencias, conscientes de que as políticas" do PP "requiren este tipo de respostas" e recorda que o seu central viña reclamando xa a necesidade da convocatoria.

Apunta que a CIG era partidaria de que a folga fose no pasado mes de setembro, en coincidencia coa celebrada en Euskadi, pero non foi posible porque a CC OO e UXT non lles parecía a data máis adecuada, motivo polo cal o sindicato nacionalista decidiu esperar.

"Consideramos que a resposta tiña que ser o máis masiva posible, porque cantas máis organizacións sindicais participen na convocatoria, máis posibilidades teremos de que a participación sexa" maior, argumenta Seixo.


Sara Álvarez González, 2º A Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2012 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O sindicalismo non becerril tamén ten cabida #blgtk08#nesta tulla de noticias que é o Blog do EDLg.
Comentario por Mr.G-Force (28-10-2012 23:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0