Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Amancio Ortega compra a súa entrada no ceo por 20 millóns de euros

A Fundación Amancio Ortega e Cáritas asinaron un convenio de colaboración que se desenvolverá ata finais de 2013, polo que a organización católica recibirá 20 millóns de euros. Segundo sinalan os asinantes: "con esta achega preténdense fortalecer as accións que Cáritas leva a cabo en toda España a favor das persoas e familias máis necesitadas".

Parece que así o millonario empresario tenta recibir o perdón divino despois de que durante os últimos meses a súa empresa fose acusada de explotación e escravismo. Recordemos que o Ministerio de Traballo de Brasil emitiu hai uns meses decenas de actas de infracción das normas laborais contra Zara tras inspeccionar dous talleres que venden a unha provedora da multinacional española roupa fabricada con man de obra en condicións de escravitude. Os talleres, que non eran os únicos, deron a coñecer a realidade sobre a que construíu o seu imperio o dono de Inditex que tamén practica a explotación salarial na India ou en Marrocos, concretamente en Tánxer, onde unha investigación, levada a cabo por 'Campaña Roupa Limpa' das ONG españolas Setem e galega Amarante Setem, mostra as ominosas condicións ás que se vían sometidos os traballadores de confección: a xornada habitual do 68% é de entre 45 e 54 horas, e a do 30% supera as 55 horas semanais de forma habitual.
Mais isto non é todo "o 80% afirma que non pode cubrir as súas necesidades nin as das súas familias ou que o fan con moitas dificultades". Tamén afirma unha das traballadoras que: "cando aparecen auditores por sorpresa, os supervisores esconden as traballadoras menores na azotea ou en caixas de roupa baleiras". Unha situación repugnante onde chegan a participar nenos de oito anos.

O empresario recorre á indulxencia católica como se facía en tempos pasados e polos que a igrexa vendía bulas a cambio de cartos, o que permitía aos ricos cometer pecados e comprarse unha entrada ao ceo. Amancio Ortega non desperdiciou a súa oportunidade de entrar no ceo.


Alba Salgado Parente, 2º A Bacharelato
Vídeo do acontecido en Brasil
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2012 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Excelente xornalismo de denuncia. Onde doe.#blgtk08# Nas entrañas do neolibelarismo. Obrigado.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:22)
2 Excelente xornalismo de denuncia. Onde doe.#blgtk08# Nas entrañas do neolibelarismo. Obrigado.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0