Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E dez anos despois?
Aínda que pareza a continuación dun conto non o é ,nin moito menos,é máis ben un longo pesadelo que leva dez anos atordando a xustiza galega . O día 13 de octubre de 2012 empezou por fin (hai que dicilo) o xuizo do Prestige no que están acusados 4 : capitán do 'Prestige', Apostolos Mangouras; o xefe de máquinas Nikolaos Argyropoulos , o exdirector xeral da Mariña Mercante José Luis López Sors, único alto cargo do daquela Goberno imputado por estes feitos e o primeiro oficial do buque, Irineo Maloto, de nacionalidade filipina que se atopa en paradoiro descoñecido e será xulgado en rebeldía.
Falemos destes tres primeiros individuos: En primeiro lugar Apóstolos Mangouras, o Capitán do Prestige. Nacido en Icaria, unha pequena illa grega do mar Exeo e o seu currículo estaba limpo despois de 44 anos de servizo activo deica que chegou o accidente do Prestige. El asegura que fixo todo o posible por paliar as consecuencias tralo sinistro e argumenta que despois de 32 anos como capitán, tiña sobrada experiencia para controlar o acontecido aquel 13 de Novembro de 2002.
Ingresou en prisión o 15 de novembro e saíu, a espera do xuízo, apenas catro meses despois. Durante todos estes anos tivo que presentarse diariamente en diferentes comisarías para estar localizable por orde do xuíz. Para el reclámanse 12 anos de prisión por atentado contra o medio ambiente, danos e conculcación. Ademais, reclámanselle mais de 2.000 millóns de euros en indemnizacións que, obviamente, nin el nin as aseguradoras poderán custear.
Tamén imputado no proceso atopamos a José Luís López Sors. O único cargo da administración naqueles días que se senta no banco e tamén é o único que pagou polos erros presuntamente cometidos naqueles días e que derivaron na ruptura do navío e a posterior marea negra.En realidade, era simplemente un técnico, non un político, un asturiano o que o seu paisano Francisco Álvarez-Cascos, entón Ministro de Fomento, tiña encomendado a Dirección Xeral da Mariña Mercante. López-Sors asumiu a orde de afastar o mercante, esto semella. claro, pero en ningún momento descargou responsabilidades nin cara o seu xefe directo nin cara ningún outro membro da cúpula do goberno naqueles días.
Por ultimo, tamén imputado, o xefe de máquinas, Argyropoulos Nikolaos, tamén de nacionalidade grega. Probablemente de quen menos se sabe pero o que se lle imputan tamén presuntos delitos de desobediencia no momento crítico de tentar arrincar as máquinas despois de que o barco, vítima do temporal, chegara a situarse a menos de 5 millas da Costa de Muxía.

A reclamación total por danos é de 4.121,64 millóns de euros Hai o redor de 1.500 damnificados que reclaman, agrupados en 55 acusacións, asistidos por 70 avogados e representados por 27 procuradores. Tratase do maior proceso na historia de Galicia e case de España e custará as arcas da Xunta, que insistiu en correr cos gastos do proceso, 1,4 millóns de euros,pero ,por fin(esperemos)sabremos a verdade do que aconteceu e quen ten a culpa dese aciago 13 de novembro de 2002.

Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2012 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Tan oportuna como imprescindíbel noticia. Parabéns. Perante des#blgtk08#astres como aquel debemos aprender e NUNCA MÁIS verse repetido.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0