Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inditex abre a primeira tenda Stradivarius 'for & from', atendida por persoas con trastorno mental
Inditex abriu no centro de Manresa (Barcelona) a primeira tenda Stradivarius 'for & from', que estará atendida por persoas con trastorno metal severo (TMS) e que venderá roupa e calzado de campañas anteriores a prezos reducidos, segundo informou a compañía.

Esta apertura realízase en colaboración con Moltacte, unha cooperativa local que impulsa a integración laboral de persoas con este tipo de minusvalidez.

A iniciativa enmárcase no programa de inserción laboral de Inditex para persoas con algún tipo de minusvalidez física ou intelectual, 'for & from', que naceu en 2002 coa apertura dunha primeira tenda de Massimo Dutti.

Con esta nova tenda, o programa 'for & from' conta cunha rede de seis tendas: dous en Palafolls (Barcelona), de Massimo Dutti e Bershka; dous en Allariz (Ourense), de Massimo Dutti e Tempe (complementos e calzado); e outra máis de Tempe en Elche (Alicante).

Stradivarius 'for & from' contará cun equipo de sete persoas, catro delas con TMS. Estes traballadores recibirán apoio psicolóxico e profesional constante tanto de Moltacte coma dos equipos de Stradivarius.

SOLUCIÓNS ARQUITECTÓNICAS

O establecemento conta con diversas solucións arquitectónicas dirixidas a favorecer a accesibilidade e mobilidade de persoas con minusvalidez física como o ancho dos corredores ou o acceso ao local con rampla, ademais de medidas ambientais. Ademais, contará cun canto solidario xestionado por Moltacte onde se darán a coñecer as actividades propias da entidade.

Para Stradivarius, este proxecto significa a continuidade da súa acción social na bisbarra catalá do Bages, que xa iniciara co Proxecto Salta, programa de formación e integración para mulleres en risco de exclusión social.


Tania Airas
2ºBACHARELATO-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2012 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Se lésemos o blog con certa atención verimos que Inditex está acusado polo estado brasileiro de explotación feminina e que matiza de ce#blgtk08#rto modo toda canto gabanza se poida facer por aperturas en mercados exteriores baixo a maquillaxe da asistencia social á diversidade.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0