Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Fundación Amancio Ortega entrega a Cáritas 20 millóns de euros
A Fundación Amancio Ortega puxo a disposición de Cáritas vinte millóns de euros para afrontar diversas necesidades sociais en materia de alimentación, axuda farmacéutica, servizos de vivenda e material escolar.
Ambas as dúas institucións asinaron hoxe un convenio con este fin e o programa desenvolverase dende esta data ata finais de 2013, informou a ONG nunha nota de prensa.
Con esta achega preténdese «fortalecer» as accións de axuda que Cáritas leva a cabo en toda España a favor das persoas e familias máis necesitadas.
A organización católica prestou asistencia o pasado ano a 1.800.000 persoas en España, 200.000 máis que en 2010, e a máis de catro millóns e medio en terceiros países, a través dos proxectos de cooperación.
Segundo a Memoria 2011 presentada esta semana por Cáritas, sete de cada dez euros que recada procede de doadores privados, que aumentaron a súa contribución solidaria nun 3,48 por cento en 2011 respecto ao ano anterior.
O director de xestión de Cáritas, José Luis Pérez Larios, destacou, en declaracións a Efe, que a cantidade achegada pola Fundación Amancio Ortega «é moi importante» e asegurou que se destinará a «fortalecer a acción» que realiza a organización coa poboación vulnerable.
«Supón un estímulo de confianza, por parte da Fundación, ante o que expresamos o noso maior agradecemento, ao igual que facemos con todos os doadores e voluntarios que apoian o noso labor», indicou.
O responsable de Cáritas destacou o interese de moitas empresas, en momentos de crise, «por reforzar a acción que Cáritas vén realizando».
Recordou que «a maior fonte de ingresos sempre foron das persoas particulares, a sociedade que se achega a Cáritas, cada un na medida das súas posibilidades,».
En total, Cáritas España investiu 250.697.475 euros en distintos programas sociais (como acollida, emprego, vivenda, inmigración), o que supón un 1,28 por cento máis que en 2010 (3,16 millóns).
Deles, 166 millóns achegáronos doadores privados (o 66,3%), aos que hai que sumar as cantidades que os particulares destinan na declaración da renda a través da casa de fins sociais. Así, 136 millóns proceden de achegas particulares, 24,4 millóns de empresas e 5,7 millóns de legados solidarios. Dos fondos públicos -o 33,7 por cento-, 19,6 millóns proceden de administracións locais, 31,4 de autonómicas, 28,6 da administración central e 4,7 da UE.
A última Memoria de Cáritas tamén rexistra un aumento do número de voluntarios -en total 64.251 persoas, un 4 por cento máis que no ano anterior.
A Fundación Amancio Ortega constituíuse en 2001 coa misión de promover e alentar aquelas iniciativas da sociedade que aposten por proxectos dirixidos ao ámbito social, educativo, asistencial e cultural.


Isabel Fernández
2ºBACHARELATO-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2012 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ninguén entrega unha suma tan copiosa a cambio#blgtk08# de nada. Lede as novas do blog máis recentes.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0