Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O galego, lingua natural para a transmisión de emocións.

Uns científicos americanos, chegaron a conclusión de que a elección dunha ou outra lingua por parte dos pais, condiciona o desenvolvemento emocional da súa descendencia.
No caso dunha familia de linaxe galega que fale acotío cos seus fillos en castelán, e que restrinxan o uso da lingua do país á expresiós de transfondo emotivo e afectivo, a lingua menos utilizada será, aínda con todo a máis suxestiva para o fillo dende o punto de vista emocional.

No seu vindeiro desenvolvemento como adulto, a influenza do contexto institucional fai que o castelán se constitúa como a lingua máis segura, porén e ben coñecida a sobranceira imposición secular que ten sufrido o pobo galego, facendo que o noso concidadán no cadro público se arrede do lingua galega, e se apreixe o castelán.

En troques, aínda que estemos a escorregar por un rego de perda de galegofalantes, o galego amósase como o idioma de confianza que utilizamos para compartiren os nosos estados anímicos.
As verbas galegas de contido afectivo son as máis utilizadas incluso polos castelánfantes; non debemos esquecer que este é o núcleo semántico máis importante de calquera lingua, o eixo sobre o que se desenvolve a comunicación humana. Mentres esa lapa non se apague a lingua estará viva, aínda que tan só fiquen os tizóns, a intensidade da súa lumieira dependerá da cantidade de madeiros que sexamos quen de guindarlle.

Unha proba máis de que o galego é a lingua da transmisión das emocións, atopámola nas campañas electorais, onde partidos que incumpren as normas básicas de normalización lingüística, recorren ás propiedades suxestivas do idioma natural de Galicia para acadar unha maior complicidade co votante, e facer máis críbeis as súas mensaxes.
Como posterga reflexión mencionarei unha das citas de Curros Enríquez, que amosa esta realidade.

?A lingua que castiga e arrola, que atrona e que canta, é unha historia inmortal?.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.

Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-10-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 De cando en vez unha nova como esta dá sentido #blgtk08#a todo este chiringo de tics montado. Obrigado.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0