Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Madonna no seu lado máis Santo |
|
Madonna arrincou este xoves en Israel a súa última xira mundial MDNA e, para sorpresa de todos os galegos, a diva loura incluíu no seu show un botafumeiro que oscilou sobre o escenario mentres a artista interpretaba as cancións do seu último álbum.
A raíña do pop, que arrincou o tour en Tel Aviv, mantén unha especial relación con Israel ao ser unha fiel seguidora da tradición xudía da cábala. Pero, polo que parece, non é o único costume relixioso pola que se sente atraída á artista xa que durante o espectáculo deste xoves, Madonna sorprendeu aos seus seguidores cunha réplica do incensario da catedral de Santiago.
Madonna celebrou este primeiro concerto no estadio de fútbol de Ramat Gan, onde decenas de miles de incondicionais esperábana nun caldeado ambiente. Durante este tour , a estrela prevé dar 84 espectáculos en 32 países, no medio Oriente, Europa e o continente americano. Esta xira terminará a principios do 2013 en Australia, onde a artista non se presenta desde hai 20 anos.
Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|