Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os prezos industriais caen un 0,9% |
|
Os prezos industriais caeron nove décimas en abril, respecto ao mes anterior, en Galicia, aínda que aumentaron un 3,1% na comparación interanual, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
En toda España, os prezos industriais baixaron un 0,8% o pasado mes de abril respecto ao mes anterior tras sete meses en positivo, pero incrementáronse un 3,1% en termos interanuais, case un punto e medio por debaixo do que o fixeron en marzo (4,5%).
Con este aumento interanual no cuarto mes do ano, os prezos industriais encadean 29 meses de subas consecutivas. Non obstante, o repunte interanual de abril foi inferior ao de marzo debido, sobre todo, ao comportamento da enerxía e dos bens de consumo non duradeiros.
En Galicia, o instituto estatístico español apunta que, no que vai de ano, os prezos industriais rexistraron un aumento do 2,7%.
En concreto, a enerxía situou a súa taxa anual no 9%, máis de cinco puntos por debaixo da de marzo e a máis baixa dende agosto de 2010, debido ao abaratamento da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica e do refino de petróleo, que rexistrou en abril a súa taxa anual máis baixa dende novembro de 2009, cun 10,6%.
Pola súa banda, os bens de consumo non duradeiro experimentaron unha taxa anual en abril do 1,6%, unha décima menos que en marzo, influídos polas actividades de procesado e conservación de carne, a fabricación doutros produtos alimenticios e a fabricación de produtos farmacéuticos de base.
O único sector que repercutiu positivamente no índice foi o dos bens intermedios, que elevaron unha décima a súa taxa anual, ata o 1,1%, polo encarecemento da fabricación de produtos para a alimentación animal, de produtos químicos básicos, e de cables e dispositivos de cableado.
Pola súa banda, os bens de consumo duradeiro situaron a súa taxa anual no 1,4% en abril, dúas décimas por debaixo da rexistrada en marzo, mentres que a dos bens de equipo se mantivo no 0,7%.
Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|