Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Asubíos pola independencia
Cumpriuse o guión e os asubíos apropiáronse do Vicente Calderón cando empezou a soar o himno de España. A atronadora pitada das afeccións de Athletic e Barcelona impediu escoitar os reducidos acordes nacionais, pois as notas apenas soaron 27 segundos. Nin sequera polos rumores ante a inxustificada ausencia do Rei no palco, serviu para camuflar a masiva protesta.

Iso si, o ruído só foi para os 55.000 espectadores que abarrotaban o estadio colchoneiro. Porque quen viron o encontro por televisión puideron gozar do himno sen problemas xa que TVE, como xa fixese hai tres anos con idénticos finalistas, baixou o son ambiente en beneficio da marcha real. Con todo, tras as acusacións de manipulación, a cadea pública prometeu non volver repetilo e os asubíos puideron chegar nítidos aos oídos dos espectadores durante a final entre o Real Madrid e o Barcelona do ano pasado.

Pero no Calderón, as afeccións de ambos os equipos tamén se acordaron da presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre. A líder do PP rexional foi insultada tras abrir a caixa de Pandora e propor a suspensión do encontro polos pitos. Unhas palabras que provocaron unha reacción en cadea que obrigou ao mesmísimo Goberno a aclarar que o partido se disputaría e a pedir, por boca da vicepresidenta Sáenz de Santamaría, non mesturar o deporte coa política nun intento de acougar os exaltados ánimos. Talvez, consciente deste recibimento hostil, Aguirre decidiu ausentarse do encontro.

Confraternidade
Máis aló das cuestións políticas, o gran protaginista da xornada foi o bo ambiente vivido entre ambas as afeccións durante todo o día.E é que as rúas de Madrid se viron invadidas por unha marea de simpatizantes branquivermellos e azulgranas. Ata 40.000 bilbaínos, o dobre que culés, tomaron o centro da capital e os lugares máis emblemáicos da cidade. A Cibeles e Neptuno, as prazas de Real Madrid e Atlético, foron inmortalizadas por miles de afeccionados.

O despregamento de seguridade composto por 2.300 axentes de seguridade, entre Policía Nacional e Municipal, funcionou sen problemas e cumpriu o seu obxectivo disuasorio. O temor a que unha marcha ultradereitista convocada por Falanxe o mesmo día acabase con incidentes conseguiuse evitar.

Porque a festa triunfo sobre os extremistas. Nos arredores do Calderón podíase ver confraternizar a seguidores de ambos os equipos, que intercambiaban saúdos. Os afeccionados que portaban bandeiras híbridas, metade ikurriña, metade senyera, abundaban. O Samur atendeu a 37 persoas por mareos e baixadas de tensión.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-05-2012 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0