Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia creará un fármaco oral para tratar a diabetes
Os laboratorios máis punteiros de Europa, os grupos de investigación máis destacados e dúas das grandes empresas farmacéuticas, entre elas a multinacional Sanofi. Todos eles, ata un total de 17 institucións e empresas, serán coordinados pola Universidade de Santiago para crear un fármaco oral contra a diabetes baseado na nanotecnoloxía.

É o proxecto Transint, liderado pola catedrática de Farmacia María José Alonso e que acaba de financiar a Comisión Europea con once millóns de longo. A posta de longo da iniciativa será tamén en Santiago, onde a partir do próximo martes reuniranse os investigadores dos principais grupos para por en marcha un proxecto que terá unha duración de cinco anos. Neste tempo está previsto que conclúa con éxito a fase preclínica para que logo sexa unha compañía farmacéutica a que se encargue de desenvolvelo.

A Universidade de Santiago tamén estará representada polo grupo de Carlos Diéguez, director do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Raras (Cimus) e contará co asesoramento do tamén endocrino da USC e do hospital clínico Felipe Casanueva.

Os investigadores traballarán con moléculas que conteñan insulina xa coñecidas, comercializadas ou en vías de ensaios clínicos, só que para mellorar a súa eficacia e evitar toxicidades serán transportadas polo organismo mediante un nanotransportador, unha especie de protector que evita a súa degradación nos fluídos gastrointestinales e permite dirixir o principio activo cara á súa diana terapéutica.

A diabetes é unha das enfermidades máis devastadoras do planeta, xa que o pasado ano afectou a 366 millóns de persoas e matou a 4,6 millóns.

Sara Carroceda González, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-05-2012 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0