Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta realizará un estudo sobre os maltratadores

A Xunta levará a cabo un proxecto para saber o perfil dos maltratadores e así defender mellor ás vítimas. Basearase en investigar onde adoitan agredir, en que consisten as agresións, motivos xeran esta violencia e cal é a reacción das vítimas. Estas son algunhas das cuestións que responderá o estudo que levará a cabo o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) durante un ano, mediante entrevistas a vítimas de violencia de xénero, a súa contorna e aos agresores que queiran participar nel.

É unha actuación pioneira en España cuxo obxectivo é «coñecer mellor ao agresor, para defender mellor ás vítimas», explicou na firma do convenio para realizar esta investigación o conselleiro dá Presidencia, Alfonso Rueda. Carlos Varela, fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, apuntaba que o estudo servirá para definir un plan galego a medio e longo prazo contra a violencia de xénero; programas de intervención cos agresores e bases de datos con información que poidan compartir as institucións sanitarias, as forzas de seguridade e a xustiza. Rueda , conselleiro de Presidencia, e Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, foron os encargados de asinar o convenio.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-05-2012 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0