Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha aula itinerante chegou a Santiago para conmemorar o Día Internacional da Reciclaxe
Tras facer un percorrido polas principais galegas, a aula educativa da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) chegou a Santiago para concluir a celebración do Día Internacional da Reciclaxe.
Este estudo itinerante, promovido baixo o lema Edúcaos na reciclaxe. Nas túas mans está o futuro de todos, permaneceu instalado o 16 de maio na Praza Roxa compostelá. 
Sogama quere fomentar con este programa a concienciación sobre a reutilización e a reciclaxe nos máis novos en Galicia, centrándose en mellorar o papel do cidadán na recollida selectiva.
Na nosa comunidade os índices de recuperación de lixo permanecen anclados en torno ao 10% fronte ao 15% estatal e ao 25% europeo. Neste sentido, o plan autonómico de xestión de residuos urbanos 2010-2020 realizado pola entidade galega, prevé triplicar as porcentaxes de reutilización e reciclado ata o 30 por cento ao termno da súa vixencia, á vez que se estima reducir a produción de residuos nun 10 por cento e diminuír o vertido final ata o 24 por cento (fronte ao 53 por cento actual).

Sara Álvarez González
Nº1 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-05-2012 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0