Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa lidera unha campaña para que Twitter trate o galego como fai co vasco e co catalán
De pouco lle sirve ao galego ocupar o posto 36 polo seu uso en Twitter entre os máis de seis mil idiomas que existen no planeta. A rede social confirmou que o seu servizo será traducido só ao vasco e ao catalán, ademais de ao castelán, por suposto, co que a galega será a única das catro linguas oficiais no Estado español sen identidade propia en Twitter. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, culpa á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta por non ter posto en marcha ningunha iniciativa para que Twitter inclúa o galego: "Esta noticia por si soa debería supor a dimisión ou cesamento do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta". Callón subliña que ?todas as tentativas que houbo até o momento para que haxa opción de Twitter en galego partiron da base social, sen ningunha acción de apoio por parte da Xunta?.

A Mesa anima á iniciativa popular para que se multipliquen as solicitudes individuais para que se traduza Twitter ao galego, a través da páxina do centro de traducións da empresa estadounidense. A Mesa tamén expresa a súa preocupación polo retroceso do galego en Twitter. Un estudo de Web Ecology Project no 2009 concluía que o galego ocupaba o posto 21 entre as linguas máis usadas nesta rede social, mesmo por diante do catalán e de máis de cen idiomas que teñen máis falantes que os que hai en Galicia. "Pódese dicir que de xeito pioneiro, era o único idioma non oficial nun Estado que figuraba na listaxe mundial", salienta a Mesa.

Aida González
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-05-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0