Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Escribano séntese
O exdeputado do PPdeG Javier Escribano afirmou sentirse "lexitimado" para ostentar calquera responsabilidade política, despois de que o Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol arquive a causa contra el por supostos delitos de suborno e tráfico de influencias, aberta no marco de investigación da 'Operación Arena'.
En rolda de prensa, acompañado polo seu avogado, Francisco Javier Fernández Tarrío, Escribano afirmou sentirse "vítima dun momento político", despois de que o caso saíse á luz pública poucos meses antes das eleccións xerais, e tamén dunha "carnizaría mediática".
Así, avanzou que estuda emprender accións xudiciais contra publicacións que puideran vulnerar "a súa honra" e tampouco descartou facelo polas investigacións policiais.
Ao respecto, manifestou non estar "de acordo" coa actuación policial e as súas afirmacións sobre o suposto regalo dun coche por parte do empresario Fermín Duarte, responsable da empresa Manmer, contra o que o xulgado mantén abertas as dilixencias por un suposto delito contra o medio pola importación de áridos de Holanda que poderían ser contaminantes.
Ao fío diso, preguntado se estuda emprender accións xudiciais contra a Policía, precisou que "non", pero non descartou facelo contra algúns membros. "Ao mellor se existen unhas ovellas negras que tiveron uns intereses que haberá que estudar", sinalou.
Escribano deu a rolda de prensa dando lectura a un comunicado, aínda que admitiu preguntas ao termo deste. Tamén achegou aos medios de comunicación o auto do xulgado, contra o que cabe recurso. Nel, o xuíz Alejandro Morán afirma que non se obtiveron "suficientes indicios racionais de criminalidade como para afrontar unha fase de axuizamento".
Ademais, engade que se a instrución "chegou ata aquí, é porque no seu día houbo algunhas evidencias", pero precisa que non foron "determinantes". Así, sobre o tráfico de influencias, argumenta que a actuación de Escribano "como deputado autonómico, para os efectos penais, entraba dentro do razoable", afirma en alusión á información que transmitiu ás autoridades administrativas sobre os problemas de Duarte en relación a a venda de áridos.

RAquel Iglesias Meiriño
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0