Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xornadas ?Galician Connection? na Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura acolle dende este mércores e ata o 13 de abril as xornadas 'Galician Connection', un encontro internacional de músicos galegos e do mundo como Paquito D'Rivera ou Guadi Galego, que contará cun programa formativo con clases prácticas, debates e un concerto no Museo de Galicia.
A intención da coordinadora do evento, a gaiteira Cristina Pato, é que o encontro "estableza relacións" entre diferentes tradicións galegas e a 'world music' para favorecer "unha maior proxección internacional" da música galega.

Así mesmo, o foro abordará a música como factor de desenvolvemento económico e social, analizará os condicionantes e claves á hora de elaborar programacións musicais cun grande valor engadido para artistas e públicos e estudará estratexias de posicionamento internacional das diferentes músicas do mundo, con especial atención á galega
Para iso, 'Galician Connection' contará coa colaboración especial de Paquito D 'Rivera, unha das grandes figuras da música cubana. Xunto a el, participarán figuras punteiras das músicas tradicionais de China, Asia e Arxentina como Wu Tong, Sandeep Das ou Emilio Solla e destacados representantes da música galega como Guadi Galego e Anxo Pintos.
Ademais, tamén estarán presentes neste encontro internacional sobre as músicas do mundo directores de festivais internacionais, como o APAP de Nova York, o Festival Internacional de Jazz de Barcelona ou o HUM Ensemble de India.

As actividades estarán abertas ao público, polo que os interesados poderán participar nun programa de formación "exclusivo" impartido por "seis mestres", que inclúe foros de debate sobre a 'world music', asistencia e ensaios, clases prácticas nas que descubrir novas técnicas instrumentais, e encontros "cara a cara" nos que os participantes poderán falar cos músicos invitados.



María Álvarez Álvarez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0