Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A forza dun árbitro de corazón |
|
 Todo empezou co que parecía unha anemia. Unhas análises e de inmediato saltaron as alarmas. A leucemia, unha enfermidade maldita que o conduciu por vía de urxencia á habitación dun hospital. Ingresáronlle na unidade de transplantes e ao día seguinte xa estaba comezando un ciclo de quimioterapia intensivo que duraría sete meses. "Sempre cres que nunca che vai a tocar a ti". Había que prepararse para unha loita diferente a todas. E houbo que aparcar a arbitraxe, pero nunca esquecelo. "Desde o primeiro momento, preguntei se podería volver. Dixéronme que se me recuperaba era factible. E así, aos poucos, fun saíndo".
Había que esperar o milagre dun doante de medula compatible, que ao final apareceu. Só sabe que foi un inglés, de 23 anos. A solución estaba en camiño, pero os meses posteriores ao transplante foron os peores. Practicamente incomunicado na súa habitación, desesperado e débil, moi débil. "Chorei moitísimo. Caéronme as uñas e tardou un ano ata que me volveu medrar o pelo. Non quería ver a ninguén".
E por fin, a volta á rúa. "A primeira vez que saín fun incapaz de andar 50 metros". Pero no fondo, unha ilusión: volver aos campos de fútbol. "Preguntáballe ao médico canto me quedaba para saír de alí. Repetía unha e outra vez que tiña que ir arbitrar". Empezaron os adestramentos. Lentamente, cos seus compañeiros asturianos. deixaron horas de preparación para non deixarme atrás. Agradézoo moito.
E coma se fose unha película de suspense, no último intento, fai un mes, superou por fin as esixentes probas físicas dos árbitros de Segunda B. Co ano novo, chegou a soñada designación: este fin de semana volve ao Anxo Carro para dirixir un Lugo-Celta B. Ao final queda unha mensaxe: "Pódese saír do cancro. Hai esperanza". Dí Pablo Nanclares, o árbitro que, sacou cartón vermello á leucemia.
José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Sen dúbida esa é a l#blgtk08#oita mais importante |
|
|
Comentario por Galego (21-01-2012 11:26) |
|
|
2 |
Bo comentario. Faltaba un pouco histor#blgtk08#ias humanas e non tan só humanísticas. |
|
|
Comentario por Master and Co (22-01-2012 20:23) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|