Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Arbitrando entre homes: as mulleres árbitras enfróntanse ao sexismo no fútbol

- Na tempada 2009/2010 arbitraban en España 8.800 homes e 277 mulleres.
- Para elas é máis difícil ascender de categoría no fútbol.
- Sofren insultos machistas, acoso e ata agresións por parte da bancada.
Son poucas as mulleres que se enfundan as medias negras, axústanse o chifro e meten no peto os cartóns vermellos e amarelos. Poucas as que o fan e menos aínda as que logran sortear as categorías infantís do fútbol.
Zulema González soña con dirixir un partido nas máximas categorías, aínda que sabe ben que nunca unha muller chegou a arbitrar no fútbol profesional (Primeira e Segunda División), o máximo foi Segunda B, todo unha carreira de obstáculos para as poucas que o lograron: "Para nós son máis difíciles os ascensos porque as probas físicas son as mesmas que para os compañeiros homes. O machismo non vén dos nosos compañeiros, ao contrario, senón de moitos directivos que non apoian ás mulleres", conta Mata e reivindica que noutras profesións, como os bombeiros, diferéncianse as probas e non por iso presuponse que unha muller está menos preparada.
Ademais teñen que aguantar os insultos que, normalmente, proceden da bancada: "Acábaste afacendo. Case que deixas de escoitar cando te están insultando. Ata che dan máis ganas, como máis adrenalina, de demostrarlles que o sabes facer ben", explica Zulema, unha das novas árbitras con máis futuro no fútbol español. É a primeira muller que ascende á primeira categoría do fútbol ourensán, Primeira Autonómica, unha federación, que se tomou moi en serio o ascenso das mulleres. Só na provincia de Ourense pitan 16 mulleres, moitas, tendo en conta que en comunidades como País Vasco ou Cantabria hai menos de dez. Antonio Docabo, delegado en Ourense do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, sinala que eles tomaron moi en serio potenciar a figura das mulleres no fútbol: "estase traballando moito co fútbol feminino pero tamén con potenciar ás mozas que temos no resto de categorías".
Lucía ten só dezasete anos pero arbitra desde fai cinco. Cada domingo, o seu pai lévaa por toda a provincia percorrendo quilómetros para pitar onde lle toque: "os dous primeiros anos son os peores, logo afaste aos insultos e ata a que intenten agredirte. Hai fins de semana que tes ata catro partidos pero a min gústame moito arbitrar. Cando che berran nin os escoitas. Hai que gañarse o respeto". Para os pais e nais que lles acompañan cada fin de semana tampouco é fácil aguantar os noventa minutos de cada partido: "Eu moitos días digo, sairemos ou non sairemos?, Poderemos irnos sen problemas?, relata Jose, o pai de Lucía. Confesa que xa non escoita todas as palabras malsoantes que en cada partido lle adícan á súa filla dende a bancada: "Pero a ela gústalle, vaille a marcha, e gústalle imporse no campo. Cada vez o fai mellor".

José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (2) - Categoría Xogos - Publicado o 14-01-2012 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Canta raz#blgtk08#ón teñen
Comentario por GALEGO AO PODER (14-01-2012 13:02)
2 Bo artigo de reflexión sobre o longo traxec#blgtk08#to que fica para a normalización de xénero.
Comentario por Master and Co (15-01-2012 13:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0