Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta péchalle a billa dos cartos á Cidade da Cultura ata o 2014, e entón xa se verá... |
|
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o "obxectivo" do seu Goberno até 2014 é "pór en valor" o feito na Cidade da Cultura e aprazou até o devandito exercicio a decisión "definitiva" sobre a construción ou non dos edificios pendentes do Gaiás -o Centro de Arte Internacional e o Teatro da Ópera-, unha vez que "amaine" a crise económica.
"Quédannos tres anos para pór en valor o investimento na Cidade da Cultura", defendeu Núñez Feijóo no coloquio posterior a un almorzo informativo organizado polo Fórum Europa, no que alegou que a Xunta entende que en 2014 pode "estar en condicións" de tomar unha decisión sobre os dous edificios pendentes do complexo cultural, posto que podería "empezar a variar" o crecemento económico en España.
Na súa intervención, o presidente destacou o "enorme esforzo" que están a facer os galegos para "pagar e pór a funcionar" o catro edificios que conforman, a día de hoxe, a Cidade da Cultura. Con todo, ratificou que o complexo do Gaiás será "unha das grandes apostas culturais" da sociedade galega e que se finalizará" -en canto a edificios "acabados e en execución"- "en plena crise".
YAGO EIREI 2ºBACH A |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|