Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 99% do profesorado galego en contra das políticas de Feijóo e do PP na Enseñanza Pública
Un total de 19.182 profesores/as votaron en contra dos recortes na Educación Pública .A CIG-Ensino considera que os resultados reafirman o rexeitamento á política educativa da consellaría de Educación.Escrutado o 100% dos votos emitidos no referendo convocado pola CIG-Ensino e UGT o pasado 25 de outubro, o resultado é que 19.182 profesores e profesoras, dun total de 26.271 electores de 863 centros de ensino, votaron en contra dos recortes na educación pública. A CIG-Ensino agradece a alta participación e o compromiso amosado polos docentes en defensa do ensino público.Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino considera que este referendo vén reafirmar, con toda rotundidade, xa que puideron participar directamente todos e cada un dos profesores/as, ?o rexeitamento á política educativa da consellaría de Educación, ancorada no desmantelamento do ensino público, no deterioro da súa calidade e na desconsideración e descrédito permanente do conxunto do profesorado?. Ante este resultado Louzao exixe da consellaría a retirada da orde que impón o incremento do horario lectivo do profesorado e a vixilancia do transporte escolar e o cese nos ataques ao ensino público, en beneficio do privado-concertado.?Resulta provocador e pernicioso que aínda hoxe, coñecendo a opinión do profesorado, o Presidente da Xunta afirme que a maioría dos docentes están de acordo coa súa política educativa?, afirma o secretario nacional de CIG-Ensino, quen engade que ?esta afirmación amosa a falta do mínimo pudor e reafirma que estamos ante un goberno que ten a mentira e o engano como únicas pautas de actuación?.Para Louzao, o presidente do goberno galego, o que ten que facer, é ?non faltar á verdade e actuar con dilixencia para cesar ao conselleiro de Educación, que o único que ten no seu haber é o continuo afán de desprestixiar ao profesorado e destruír o ensino público?.

ARÓN MIRANDA 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2011 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0