Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG recoñece a Valentín Paz Andrade como o protagonista das letras galegas 2012
A RAG decidíu facer anfitrión do vindeiro 17 de maio de 2012 a Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898, Vigo 1987) tras a reunión do Plenario o pasado día 4 de xuño de 2011. O resultado foi decidido ?por unha ampla maioría? resaltou o secretario da Real Academia Galega Xosé Luís Axeitos. Valentín Paz Andrade licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921 e foi durante a súa etapa de estudante cando se achegou ao movemento galeguista, participou na II Asamblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919). Presidíu o Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 xunto con Castelao e Ramón Cabanillas. Foi membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934. Durante a Guerra Civil axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. Por causa da súa actividade política e da publicación dalgúns artigos foi detido en diversas ocasións.
Paz Andrade é considerado un escritor polígrafo e bilingüe. Tiña moitas facetas como xurista, empresario, xornalista, escritor, político? e tiña un gran aprezo a Castelao, xa que se lle considerou casteloísta.
Dirixiu o xornal ?La Gazeta de Galicia? e colaborou no xornal compostelán ?La Noche?. Entre as súas obras ensaísticas cabe destacar ?La anunciación de Valle-Inclán? e poéticas ?Pranto matricial (1954)?, ?Sementeira do vento (1968)?, ?Cen chaves na sombra (1979)?.
Xosé Luís Axeitos concluíu dicindo: ?Confiamos sempre na resposta dos galegos, como sempre o fixemos?.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2011 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0