Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Diario dunha Blackberry estragada
LUNS / SEGUNDA FEIRA
No mediodía do luns as Blackberry de Europa, Oriente Medio e África comezaron a fallar. Os dispositivos perderon a súa conexión a Internet e os usuarios só podían realizar chamadas de voz e enviar sms tradicionais (que moitos dos cales levaban meses sen utilizar). O fallo, xeral para todas as operadoras, atopábase nos servidores de Research In Motion, o fabricante dos teléfonos, que dixeron que arranxarían o problema o denantes posíbel: «Estamos a investigar e desculpámonos cos nosos clientes polas molestias causadas namentres o resolvemos».

MARTES / TERCEIRA FEIRA
Durante todo o luns e o martes as Blackberry ficaron mudas. Nada funcionaba (Whatsapp, as mensaxes do Messenger Blackberry, os avisos do Facebook, o acceso ao Twitter, nin un longo etc de servizos de Internet que só devolveron pantallas brancas). Todos os usuarios das tres zonas afectadas querían que se resolvese o apagamento achacado aos seus servidores. Pola noitiña do martes comezou a chegar a luz e algúns afortunados comezaron a recibir aos poucos correos electrónicos.

MÉRCORES / CUARTA FEIRA
Durante a mañá do martes a nova evolucionaba coa restauración paulatina dos servizos. Semellaba que todo volvía á normalidade, até que, ao redor da unha do mediodía, os teléfonos volveron fallar, estendéndose xa á América do Norte e á América do Sur. Research In Motion non dá moitas explicacións do colapso e pola rede, e pola mensaxería instantánea, xa circulan mensaxes falsas -facéndose pasar por oficiais- para verificar o sistema. Ante as incidencias, e a suma imparábel de queixas, a asociación de consumidores FACUA alenta aos usuarios a presentar reclamacións para ser indemnizados pola paralización dos servizos. A polémica tamén se trasladou ás redes sociais que dende o martes conta con varias páxinas nas que os usuarios catalogan os seus comentarios, como a de «#PelículasBB», baixo a que se aglutinan todo tipo de parodias de títulos de filmes famosos, como O silencio das BlackBerrys, Os homes que miraban fixamente ás BlackBerrys ou BlackBerrys ao bordo dun ataque de nervios.

XOVES / QUINTA FEIRA
O codirector xeral de Research In Motion (RIM), anunciou o xoves que a multinacional canadense restaurou todos os servizos de Blackberry que fallaran dende o luns. Negaron que o problema, que se iniciou o luns en Europa, fose consecuencia directa dos despedimentos de persoal que a compañía realizou nos últimos meses. RIM explicou que aínda non saben porqué o conmutador de rede do seu centro de servidores en Europa fallou e non se activou o sistema de respaldo, engadindo que o máis seguro fose por un erro de hardware. Europa, Oriente medio e África fallaron porque lles corresponde o mesmo servidor (EOMIA) no cal tamén ofertaban servizos a algunhas partes do Brasil, A Arxentina e outros lugares de Sudamérica. Agora os directivos de RIM dixeron que van traballar de novo, como levan facendo estes últimos doce anos, para recuperar a confianza dos usuarios.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0