Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha exposición dos tesouros da Catedral de Santiago celebra os seus 800 anos
Unha exposición, inaugurada hoxe na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, reúne os tesouros da Catedral de Santiago con motivo do 800 aniversario da súa consagración como templo católico.

Son todos os que están, pero non están todos os que son. A mostra aglutina diversos dispositivos litúrxicos, tapices e elementos de culto ao apóstolo Santiago, aínda que, entre todos eles, destaca a ausencia do Códice Calixtino, un manuscrito do século XII ricamente decorado que enxalza a figura do apóstolo Santiago subtraído a principios de xuño das dependencias da catedral en condicións que aínda están baixo investigación.

O deán da catedral, José María Díez Fernández, que renunciou hai unha semana ao cargo de cóengo arquiveiro presumiblemente pola desaparición do manuscrito, acudiu esta mañá á inauguración da exposición, un acto no que tamén interviñeron o alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roia, e o seu predecesor no cargo, Xosé Sánchez Bugallo.

Borja Pérez e Belén Sotelo,2ºB bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-10-2011 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0