Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Obras de Lois Pereiro e Cunqueiro viaxan a Frankfurt traducidas ó inglés

A LXIII edición da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, en Alemaña, que ten lugar do 12 al 16 de outubro, acolle este venres día 14 a presentación da edición en inglés da obra de Lois Pereiro Collected Poems e da tradución de Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro.
Segundo explicou a Xunta, estas obras son os dos primeiros títulos publicados en 2011 da colección Galician Classics, promovida pola Xunta co fin de difundir en lingua inglesa as obras máis destacadas da literatura clásica galega.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, dará a coñecer esta iniciativa de internacionalización das letras galegas a partir dos traballos Collected Poems, a recompilación en inglés da obra poética de Lois Pereiro e Folks from Here and There, a tradución de Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro.
En concreto, conforme adiantou a Administración autonómica, o expositor da Xunta conta en esta feira do libro alemana coa presenza dun total de 19 editoriais galegas, que participarán no evento ó que acudirán uns 7.500 expositores dun total de 100 países.

Antía Rivas Oural, 2ºB bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-10-2011 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0