Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os adolescentes cun uso intensivo da internet triplican as taxas de depresión |
|
 A presenza de internet no noso día a día xa é incuestionable. Revisar o móbil mentres comemos, imos en transporte público ou esperamos a coller o pan é unha rutina. E isto non é exclusivo dos adultos, senón tamén dos adolescentes. De feito, o 92% da rapazada galega ten un teléfono de seu con acceso a internet. Co gallo do Día da Internet Segura, que se celebra hoxe, Unicef Galicia, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), presentou Impacto da tecnoloxía na adolescencia en Galicia, un informe no que participaron máis de 3.000 adolescentes e no que se aborda, de maneira cuantitativa e cualitativa, a súa relación con internet.
“Os niveis de satisfacción coa vida e o benestar emocional son peores entre os adolescentes cun uso frecuente e intenso da tecnoloxía. De feito, as taxas de depresión son ata tres veces maiores”, apuntou o psicólogo e investigador da USC e responsable do estudo, Antonio Rial. A este respecto aclarou que non está demostrada unha relación causa-efecto, pero que si hai “unha asociación clara e indubidable en todos os sentidos”.
Silvia Martínez Pedrouzo
1º Bach-A |
|
|
|
VOLVE A FESTA DO BOI A ALLARIZ |
|
 A celebración non se celebraba con normalidade desde 2019 debido ao coronavirus.
Allariz xa ve os cornos do boi. O Concello e a Asociación Cultural Xan de Arzúa anuncian que o vindeiro mes de xuño a mítica Festa do Boi volverá á rúa con preto de 50 actividades.
O municipio recupera esta festa que non se podía celebrar con normalidade dende 2019 polo covid. Agora, cunha situación máis favorable, a música, o teatro, as actividades infantís, as tertulias populares e, por suposto, o famoso boi ocuparán durante nove días a axenda.
A celebración comezará o 11 de xuño e prolongarase ata o día 19 con saídas todos os días. A Asociación Cultural Xan de Arzúa aposta un ano máis por potenciar o carácter cultural e histórico desta festa que forma parte do ADN de Allariz. E, para iso, ofrecerá procesións medievais nas que participarán máis dunha vintena de confrarías, entre outros atractivos. De feito, anunciaron que preto de 500 persoas ataviadas con traxes tradicionais representarán de forma lúdica a orixe da festa.
Valentina Fernández Colmenero
1º Bach - A
|
|
|
|
Por que visibilizades a Darrechi e os meus vídeos en bikini non? |
|
 Aínda que as invitadas eran a xornalista científica Marta do Amo e a responsable de relacións institucionais da poderosa rede social Tik Tok Yasmina Laraudogoitia, o gran aplauso da xornada de onte na ICC Week levoullo unha alumna ourensá sentada no público que, na quenda de preguntas sobre a innovación en redes, consultou a Laraudogoitia sobre as normas da comunidade que en ocasións bloquean un contido e permiten outro.
“Por que se lle dá visibilidade á mala educación de Naim Darrechi e a min ás veces non se me permite subir un vídeo en bikini ou en roupa que se considera inadecuada cando si é adecuada?”, consultou a moza nos asentos do Marcos Valcárcel, cheos de estudantes de Maristas e Franciscanas. A estudante preguntou polas polémicas de Darrechi, un mozo tiktoker (creador de contido na citada rede) de 20 anos que hai apenas uns meses xactábase nunha entrevista de manter relacións sexuais sen protección e asegurando que ás súas parellas dicíalles que “era estéril”.
Nerea Formoso Requejo. 1º Bach-A
|
|
|
|
O Alpinche, exposto no Marcos Valcárcel |
|
 A inauguración dunha exposición arredor deste modelo na ICC Week permitirá aos visitantes gozar de preto a creación de Reverter
Todos os ourensáns que queiran observar de preto o Alpinche e toda a historia que rodea a súa construción e percorrido teñen esta tarde unha excelente oportunidade a partir das 19.30 horas coa inauguración no Centro Cultural Marcos Valcárcel da exposición "O Alpinche , un lugar único e mítico". vehículo", que contará coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar, da familia Reverter e de varios dos traballadores e amigos de Estanislao Reverter, o creador desta xoia do motor.
Ademais, a partir das 20:00 horas, terá lugar a mesa redonda “O Alpinche, un exemplo de creatividade aplicada á competición”, tamén en Marcos Valcárcel, con Luis Reverter; Ricardo "Rizos" Muñoz; José Luis Sala e José Luis Cortizo.
María Ferreiro - 1º Bach - A |
|
|
|
Centos de voos suspendidos en China por un positivo “anómalo” |
|
As severas medidas para frear calquera brote de coronavirus continúan en China baixo a súa política de "cero covid". A cidade máis poboada do xigante asiático, Shanghái, está confinada desde principios de abril e a capital, Pequín, aparece neste escenario caótico debido ao aumento dos contaxios. Agora , a megacidade de Guangzhou , un importante centro comercial e de fabricación situado no sur do país , quedou illada do aire tras detectar un só caso . O adagio "máis vale tarde que nunca" non se aplica alí, polo que para non darlle ao patóxeno máis tempo para estenderse, as autoridades cancelaron centos de voos ao territorio e ordenaron probas masivas en 5,6 millóns de persoas. A medida impúxose tras detectar un resultado " anormal " no aeroporto de Cantón . Isto é todo o que explica polo momento o goberno chinés a este respecto. Co fin de frear un posible brote, a maioría dos voos foron cancelados e nas instalacións implantáronse medidas de control eficaces segundo as directrices do Executivo.
Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A |
|
|
|
O galego Álvaro Carreras asalta o primeiro equipo do Manchester United |
|
Álvaro Fernández Carreras (Ferrol, 2003) xa conta para o primeiro equipo do Manchester United. O lateral esquerdo galego leva tres semanas adestrando diariamente ás ordes de Ralf Rangnick e esta noite podería debutar incluso en Premier League frente ao Chelsea, tras recibir a súa primeira convocatoria.
Carreras sobresaiu esta tempada nos diferentes equipos da academia do United. Sen embargo, a pesar de ter só 19 anos (rezén cumplidos en marzo), é un fixo no equipo sub-23, có que disputou 22 encontros, marcando 3 goles e repartindo 4 asistencias. Tamén xogou a UEFA Yputh League, alcanzando os octavos de final, e disputando 6 duelos (1 gol e 2 asistencias).
Ao seu extraordinario rendemento sumouse nas últimas datas a lesión de Luke Shaw, que se perderá o que resta de tempada e que lle abre as portas do primeiro equipo.
O lateral ferrolán, que lucirá o dorsal 74, ao igual que Hannibal Mejbriy Ajejandro Garnacho, apuntan a estar no banquillo do United frente ao equipo de Thomas Tuchel no duelo desta noite (20.45 horas). O propio Rangnick o recoñeceu e abriu a porta a algún debut: «Es posible, nos faltan bastantes jugadores mañana [por hoy], uno o dos todavía con signos de interrogación», 1xplico una roda de prensa previa. Os tres están, eso sí, na convocatoria, a espera dos descartes finais.
Álvaro formouse como xogador no Racing de Ferrol e logo fichou polo Deportivo. En Abegondo estivo ata os catorce anos, momento no que firmou polo Real Madrid. No 2020, o galego deu por finalizada a súa etapa no club blanco e firmou polo Manchester United un contrato por catro tempadas.
Nunha entrevista recente Na Voz de Galicia, a única concedida ata a data polo xogador, Carreras manifestaba a súa ilusión pola porta que se lle estaba abrindo no United e agradecía o apoio dos seus compañeiros españois do primer equipo: «Es increíble poder compartir un entrenamiento con Cristiano, pero también con otros grandes jugadores que hay en el United. Hay mucho nivel allí. Con Cristiano, por supuesto, pero también con otros como Juan Mata, Cavani, Rashford, Sancho… Tengo la suerte de que hay varios compañeros españoles como David de Gea y Juan Mata que me cuidan mucho», explicaba.
Carla Mascareñas Miranda
1 Bach A
|
|
|
|
O Alpinche protagoniza a xornada da ICC Week: |
|
 O histórico coche conta cunha exposición no Marcos Valcárcel, onde se celebrou unha mesa redonda sobre el.
O Alpinche foi este martes o gran protagonista na ICC Week. Tras a inauguración da exposición sobre o turismo de competición, que ten como título “O Alpinche, un vehículo único e mítico”, tivo lugar unha mesa redonda sobre el. Ambas citas no centro cultural Marcos Valcárcel da cidade.
Se ás 19,30 horas os ourensáns xa podían ver en persoa no recinto cultural esta marabilla dos coches de competición, media hora máis tarde arrincaba a mesa redonda na que se explicaban as características deste vehículo, do seu piloto ou coma foi a súa restauración. Na cita participaron Luis Reverter, presidente da Fundación Estanislao Revertes; o periodista e piloto Ricardo Muñoz; e o electricista e un dos creadores do Alpinche, José Luis Díaz.
Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
|
|
|
|
A maior exposición española sobre The Beatles, en Ourense |
|
Instrumentos cos que tocaron, roupa que levaron, discos que editaron, entradas dos seus concertos, libros e todo tipo de obxectos relacionados con The Beatles. O Centro Cultural da Deputación de Ourense abre desde o venres a maior exposición sobre o grupo británico que se organizou ata o de agora en España. Así o manifestou o presidente da institución provincial, José Manuel Baltar, que é un dos coleccionistas privados que achegaron os obxectos que forman parte da mostra. Fan declarado de The Beatles, o titular da Deputación destacou que nunca antes reuníronse nunha exposición en España tantos obxectos relacionados coa banda de Liverpool.
Ademais, os visitantes poderán fotografarse #ante grandes paneis coas portadas míticas dos seus discos, como Sgt. Pepper' s Lonely Hearts Club Band ou Abbey Road. Tamén se reproducen escenas icónicas como a da habitación de hotel desde a que John Lennon e Yoko Ono reivindicaron a paz en Vietnam no ano 1969. Pode verse, por exemplo, o kimono que utilizou Lennon no vídeo de Imaxine.
Xosé Lois Vázquez foi o encargado de coordinar a montaxe da exposición, comisariada por Chema Ríos, que tamén é un apaixonado de The Beatles e recompila material relacionado coa banda. «Hai moitas persoas que colaboraron. Eu non me considero un coleccionista, pero sempre me gustou entrar no mundo de The Beatles e, como non puiden tocar con eles, é unha forma de achegarse», explicou Ríos. « Dubido moito que cousas que se estean compoñendo hoxe teñan vixencia dentro de sesenta anos», sentenciou Baltar.
A exposición forma parte do programa da ICC Week, un festival cultural organizado pola Deputación de Ourense que este sábado incluíu tamén un concerto de Homes G.
Valeria Labandeira
2º BAC |
|
|
|
Hombres G en concerto en Ourense o 23 de abril de 2022 |
|
O mítico grupo nacional de pop rock, Hombres G, estará de novo este ano
en Galicia cun concerto en Ourense o 23 de abril no Pabellón de Deportes
Paco Paz. O concerto forma parte da ICC Week de Ourense, que se
celebra entre os días 22 e 29 de abril. O grupo liderado por David
Summers presentará as cancións do seu novo disco "Rowland's Corner",
publicado o ano pasado, xunto cos seus grandes éxitos.
Hombres G fundouse en Madrid en 1982 con David Summers ao baixo e
voz, Rafa Gutiérrez e Daniel Mezquita ás guitarras e Javier Molina á
batería. Debutan en 1985 co disco homónimo que xa contiña algúns dos
seus éxitos como "Venezia" ou "Devuélveme a miña chica". Actualmente, o
éxito de Hombres G non coñece fronteiras, contando cunha lexión de
seguidores en Latinoamérica.
Valentina Segovia
2 BACH |
|
|
|
2.000 persoas marchan en Compostela pola soberanía da Galiza |
|
 As rúas de Santiago de Compostela acolleron na maña deste domingo 24 de abril unha marcha convocada pola plataforma Vía Galega para reclamar “os dereitos políticos asociados á condición nacional da Galiza” e denunciar “o espolio colonial que padece o país”.
A mobilización, apoiada por máis de 60 colectivos de todo tipo, contou coa presenza de representantes da vida política, sindical e social da Galiza. Así, participaron cargos institucionais e orgánicos do BNG, cadros da CIG e dirixentes de entidades sociais, como ADEGA ou a Mesa pola Normalización Lingüística.
Praterías ateigada de xente
A manifestación rematou nunha ateigada praza de Praterías, onde tomaron a palabra para dar lectura ao as reivindicacións dos convocantes, os escritores Daniel Asorei e Marta Dacosta, o músico Jasper e os voceiros de Vía Galega Anxo Louzao e María Xosé Bravo.
Louzao, en declaracións a Nós Diario, significou que “a data da mobilización coincide co 176 aniversario daquel “Abril de lume e ferro”, do que falou Manuel María, en que tivo lugar un dos episodios máis importantes da historia de Galiza, a revolución galega de 1846 que rematou, infelizmente, o 26 de abril, cos fusilamentos en Carral”.
O voceiro de Vía Galega sinalou que “somos unha nación e polo tanto o pobo galego ten dereito a ser soberano para decidir o seu futuro. Non hai democracia, nin liberdades individuais plenas se se prohibe exercer as colectivas, como o dereito inalienábel á autodeterminación”.
Atrancos ao desenvolvemento da Galiza
O responsábel da entidade indicou que “a carencia de soberanía nacional subordinou o noso desenvolvemento aos intereses da oligarquía española e axudou a desenvolver outros territorios en detrimento de políticas favorábeis para Galiza e as súas clases populares”.
Vía Galega considera que Galiza é un pais rico, sometido a un proceso de empobrecemento como “consecuencia do rol colonial que nos teñen asignada a burguesía española, a UE e o Estado e, tamén, ao papel das elites económicas asentadas na Galiza que, en lugar de proceder en clave galega, se subordinan a un modelo económico que o capitalismo ten destinado ao noso país, como nación periférica”.
O colectivo cuestiona “a falsidade de que Galiza é un país subsidiado”. Nesta dirección, indican que “Galiza contribúe con 3.000 millóns euros demáis en relación aos recursos que recibimos do Estado”. Na mesma liña, apuntan “unhas 4.000 empresas que teñen sede ou os seus centros de produción en Galiza non tributan aquí, senón en Madrid. Só no imposto de sociedades, Galiza deixa de recadar máis de 1.000 millóns de euros anuais”.
O espolio eléctrico
Louzao denunciou “o espolio do noso medio natural, para dispor da nosa riqueza, do noso aforro e do excedente que xeramos”. “Somos vítimas dun saqueo permanente dos nosos recursos”, afirmou Louzao, quen puxo o foxo no carácter da Galiza como produtora de electricidade nunha contexto de suba do prezo da luz.
O dirixente do colectivo cualificou de “verdadeiros saqueadores” ás multinacionais eléctricas. “Exportamos ao redor de 35% da enerxía eléctrica que producimos. 168 encoros destrúen os nosos ríos e asolagan os nosos vales e 186 parques eólicos inzan os nosos montes aos que se suman as 275 novas solicitudes que pretenden invadir o noso territorio. Porén, a propiedade non é de ningunha empresa pública galega, senón de multinacionais”, aseverou Louzao.
A mobilización de Compostela rematou coa reclamación de “soberanía” como mecanismo “imprescindíbel para construír un modelo económico autocentrado e sostíbel, cunha base produtiva alicerzada nos sectores estratéxicos da nosa economía e nun tecido industrial ao servizo de Galiza para mellorar o nivel de vida do conxunto”.
Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato |
|
|
|
|
|
|
|
|