|
|
|
CORRELINGUA 09 |
|
Xa podedes ver algunhas das fotas do Correlingua 09 na Fotoblogoteca.
Participaron os alumnos de 2º de ESO. |
|
|
|
CORRELINGUA 2009 |
|
O mércores 6 de maio os alumnos de 2º ESO asistirán ao CORRELINGUA 09 polas rúas de Ourense e na Praza Maior. |
|
|
|
Correlingua 2009 |
|
Os nosos alumnos de 2º da ESO partipirán por primeira vez na carreira pola lingua do vindeiro 6 de maio, mércores, en horario lectivo.
Podedes consultar os datos da actividade no enlace correspondente. Esperemos que aproveiten a actividade e que o pasen de cine. |
|
|
|
Manifesto Correlingua 2009 bis |
|
MANIFESTO CORRELINGUA
EN GALEGO. PÁSAO!
Texto escollido dunha escolma de mensaxes redactadas por 4º A
Pseudónimo: os Mensagalaurias
LEMA. Óllame, baixo da lúa inocente e núa, á túa beira; entregándoche o meu ser na aperta das miñas verbas. Non permitas que faga un poema sen voz. Espertar, sentir o brillo na túa pel. Escoitar, asombrarse coa fermosura do símbolo da nosa identidade. Amar, saborear cada segundo ó carón de alguén. Vives en galego. Por que non o falas? Palabras para expresarmos e beizos para loitar. Unha ollada ao teu redor e comprenderás. O destino deste conflito nas nosas mans. Axúdasnos a gañar? Falemos, escoitemos, defendamos o galego, respectemos, apoiemos, gocemos da nosa lingua. É o momento! Todos xuntos en galego, todos xuntos pola lingua. Para a voz destes fragmentos. Abre as portas sen lamentos. Súbete ao tren da nosa lingua. Agarra a cadea, estate tranquilo. O teorema é ben fácil. Xa é galego, iso é arte! Ante todo galego:galegopensante,galegofalante,galegoescoitante, galegoexpectante,galegofacedor,galegorroedor,galegovivente, galegoemocionate, galegoelegante, galegarte. LEMA.
|
|
|
|
Correlingua por primeira vez |
|
Este ano o Colexio da Franciscanas participará por primeira vez na actividade en prol do galego de nome Correlingua que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica galega en colaboración cos concellos intervinientes no acto.
O vindeiro día 6 de maio realizarase o Correlingua 2009 en Ourense para todos os centros educativos provincias partícipes baixo o lema EN GALEGO,PÁSAO. Todos os anos os organizadores promoven un concurso de manifestos baixo lemas diferentes. En galego, pásao é o deste ano e o noso colexio presentou un texto para concursar seleccionado entre os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. Ao final, o escollido e que será publicado aquí foi un fragmento escollido de alumnos de 4º A en formato de SMS. Parecía unha boa idea a de escribir mensaxes de móbil como aconsellaba o lema en cuestión pero, ao final,o manisfesto gañador recabou nun grupo tamén de 4º da ESO do CPI de Panxón (Nigrán) co título Falemos en galego. Deixamos o enlace para que opinedes que vos parece así como o anuncio que deseguida publicaremos o texto escollido polo noso centro ao dito concurso.
Gañadores ou non, o importante é que o colexio vai colaborar un evento de prestixio para a lingua de noso. Que cunda o exemplo e que todos avantemos por defendela e practicala. |
|
|
|
Laura Velasco gañadora do I Premio de Debate Amigos de la Barrera |
|
A alumna do noso centro, Laura Velasco, de1º A vén de acadar o primeiro premio nunha Liga de Debate provincial organizada pola Fundación Amigos de la Barrera.
O confrontación dialéctica acolleu a seis representantes doutros tantos centros educativos ourensáns en eliminación directa cos temas seguintes: a legalización ou non do botellón, as axudas financeiras ao medio rural e a conveniencia ou non do canon dixital.
O xurado estivo presidido por xuristas e xornalistas de Ourense e estivo coordinado por unha moderadora.
Parabéns a Laura e a todo o equipo de colaboradores dela que participaran na Liga de Debate organizada o mes de xaneiro pasado en Santiago. |
|
|
|
COMPARSA DO DOMINGO DE ENTROIDO |
|
O colexio participou esta ano no desfile do domingo de Entroido que ten lugar na nosa cidade.
Participaron nais e pais disfrazados de Brancaneves e Prícipes, e os máis pequenos ían de ananiños. Pasárono moi ben e xa están desexando que chegue o entroido que vén para volver participar. |
|
|
|
FORO DA LINGUA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS NO MES DE MARZO |
|

|
|
|
|
I Certame de Cinema OUFF ESCOLA |
|
I Certame de Cinema OUFF ESCOLA, que agora bota andar dentro da XIV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF), a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense e a Axencia Audiovisual Galega.
OUFF ESCOLA nace coa finalidade de fomentar e prestixiar o uso da lingua galega e á vez, facer unha pequena contribución ao campo da nosa cultura que precisa do cinema para sobrevivir, tal como afirmaba Chano Piñeiro.
|
|
|
|
|
|
|