Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Internet, con prudencia

As redes sociais e a seguridade na Red abriron as xornadas «Diversión ou Delito» no colexio Divina Pastora de Ourense.
A Internet todos, adultos e menores, debemos enfrontarnos con interese pero con prudencia. É o consello que dan os membros da Garda Civil que traballan na brigada dos delitos informáticos. Guillermo Díaz e Alfonso Limia falaron precisamente onte das redes sociais nas xornadas Diversión ou Delito no colexio Divina Pastora de Ourense. Guillermo Díaz, sarxento, sinala que Internet «é unha ferramenta tan legal como un coche, pero hai que facer un uso prudente da informática. Os menores teñen que ter coidado porque moitas veces poden estar a falar con persoas que non son quen cren que son porque en Internet méntese moitísimo».
En Ourense, a Garda Civil traballou con temas relacionados coa Red que acabaron en agresións sexuais, pornografía infantil, usurpacións de correos electrónicos e de perfís. «En Ourense en xullo pasado explotou unha operación nacional con implicados nun caso de pornografía», sinala Díaz.
Usurpacións
De usurpacións de correos teñen casos en Celanova, no Carballiño e na cidade de Ourense. Esas usurpacións baséanse en ex noivas, ex noivos, que adoitan coñecer os seus contrasinais. «Iso vese nas rupturas de parellas novas. Temos un caso sen terminar de inclusión de fotos dunha menor espida. Foi unha denuncia do pai da nena», engade o sarxento.
O axente Alfonso Limia conta que en Ourense tiveron o caso dunha menor que a través dun foro entrou en contacto con outra persoa que ao final nin resultou ser a que ela cría nin tiña a idade que dicía ter. «Esta chiquita fixo unha viaxe de máis de cen quilómetros para vir ver a ese contacto e atopouse cun señor nunha cita que case deparou en agresión sexual. Terminou todo nunha denuncia, seguiuse o rastro e atopouse unha web con fotografías da nena, comentarios, conversacións....», explica.
Convén saber que cando usamos Internet deixamos rastro. «Ata hai empresas rastrexan a web, captan información de usuarios. O uso indebido ou pouco prudente de Internet pode chegar a facer que se cometan delitos, que se deixa rastro e que non hai impunidade. Moitos pensan que como están no salón da súa casa co computador poden facer o que queiran que ninguén os ve. Iso é mentira. Pódenche rastrexar», advirte Guillermo Díaz.
Os mozos son pouco precavidos ou pensan que o que fan non ten repercusión. O sarxento explica que teñen que ter coidado coas fotos que colgan. «Poden pór a dun familiar que sexa, por exemplo, policía nacional e pódena ver grupos terroristas e saben que fulano é policía porque picas na foto e les: O meu tío X, que é policía nacional», di Guillermo Díaz.
Moita información
«En Twenti , Facebook desde un perfil cero que creamos chegamos a ter moita información de xente. Hoxe, desde unha dirección de correo pódese obter moita información por vías ilícitas. Cada vez que navegamos deixamos rastro de moitas cousas, desde o navegador ata o sistema operativo», sinala Limia. Ambos os axentes recordan que, con prudencia e sentido, nunca hai que ter medo a Internet.
SARA GARCÍA DOPAZO
1º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
55 mentiras sobre o galego

O local do Ateneo ourensán estaba ateigado, xente de todas as idades e imaxino que de todas as ideloxías, estudantes e traballadores?
Todo estivo no seu lugar para a presentación de este libro, que pretende desmentir 55 afirmacións que estamos afeitos a escoitar decotío; entre outras, a mentira de que os galegos aceptamos o castelán motu proprio, que o saber galego incapacita os nenos para aprender outras linguas e moitas e moi divertidas ?crenzas populares?.
O libro foi presentado por ProLingua, un asociación apolítica e multicultural que comunga cos ideais de defender línguas minorizadas e xa minoritarias como a nosa. Presentado como libro de combate, de autodefensa, dálle unha contundente patada a estas asociacións e personaxes que desprezan unha lingua milenaria como a nosa.
O acto celebrouse á mesma hora en toda Galiza e en 66 lugares simultáneos como Palestina, Copenhague. Os relatores foron moi correctos e concisos en todo momento e respestaron a duración do evento, das 8,30 ás 9,30 h, ó rematar houbo un par de intervencions, mais ben reivindicacións e todos voltamos ás nosas casas algo máis iluminados, da luz da verdade.
Case tres decenas de alumnos de bacharelato asistiron e recibiron un pin conmemorativo co logo da ilustración adxunta por participarmos no acto.
Simón Santos
2º B BCH
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto do AVE en Ourense
Durante esta semana realizáronse diversas conferencias en Ourense, onde unha serie de empresas presentaron os seus proxectos para poder levar a cabo a entrada do AVE na cidade.
Este feito quizais moi esperado polo conxunto dos cidadáns, que suporá un cambio na cidade, tanto a nivel dos seus posibles accesos como para poder atoparse máis preto de todas as cidades españolas, o que favorecerá a comunicación e tamén o progreso da c idade.
Nesta nova revolución, na que Ourense espera a chegada do AVE sempre a cola de España como en tantos outros aspectos, parece que nesta ocasión pódese concibir como unha realidade, por suposto non inmediata pero si como un proxecto verdadeiro.
Outra das cuestións que se puideron observar na conferencia, e que o máis probable é que este proxecto vai pasar a mans estranxeiras, quizais pola grande capacidade que teñen estas de ter realizados proxectos desta envergadura noutros lugares do mundo, de poder realizar un plan innovador e o mesmo tempo de garantir a calidade e eficacia do mesmo, pero indubidablemente preguntámonos porqué non pode ser un equipo de arquitectos, empresarios, enxeñeiros galegos os que realicen este proxecto no que se vai investir unha gran cantidade diñeiro, feito que favorecería a Galicia en todos os niveis, posto que se produciría a creación dunha infraestrutura que repercutiría claramente para o avance da cidade e ao mesmo tempo sería unha empresa galega a que se potenciase, en caso de que se alcanzasen todos os obxectivo; sendo unha inversión para toda a comunidade.

Alba Rivas Oural
2º A BCH


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2010 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
O apagón dixital
A primeira imaxe emitida dende a distancia acorreu cara o ano 1906; é dicir, naquel momento iniciouse unha nova era, a televisión acaba de ser inventada.Como toda inovación o comezo non foi doado emitir esas imaxes, pero co paso dos anos a multitude de cables e antenas, e os grandes aparatos televisores foronse pouco a pouco reducindo ata chegar os actuais televisores de hoxe en día.
As imaxes eran lentas e dispares, e por suposto en branco e negro. Aínda que non foi ata preto de 1937 cando as trasmisións comezaron a gañar espectadores. Pese ao gran custo daqueles aparatos, estendéronse devagar mais e o seu prezo e mais a calidade dq imaxe melloraba paseniño.
Xa no ano 1950 comezouse a introducir a imaxe en color na televisión. E ocorre o mesmo que sempre, co paso dos anos estes aparatos van introducindo novas melloras e reducindo o seus prezos.
Pero quero falar desta inovación que se esta a producir consonte ao televisor. É neste intre cando se ha de producir un cambio na forma de retransmitir, imos pasar dunha televisión analóxica á televisión dixital. O vindeiro día 18 producirase o apagón xeral, aínda que se prevé que dure ata febreiro.
Este gran cambio tecnolóxico que se producirá co apagón merece a pena aínda que para iso teñamos que ser pacientes coas pequenas dificultades que poidan xurdir.
Hai que dicir que a xunta esta pondo en marcha unhas campañas para informar casa por casa deste cambio para que ninguén se quede se ver a televisión, algo que se converteu no pasatempo da maioría da xente.

Marcos Rodríguez
2º B BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2010 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Carreira do San Martiño
O vindeiro día 15 de novembro de 2009 celebrarase a XXXIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Asociación Academia Postal.

A carreira constará de dúas categorías:
- A Carreira Escolar que dará comezo ás 12:30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta no Pavillón dos Remedios. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela. A proba será apta para os nados a partir do ano 1993 en adiante.
- A Carreira Absoluta dará comezo ás 11:00 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta no Pavillón dos Remedios. O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA, e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela. Proba oficial da FGA. A proba será apta para os nados a partir do ano 1992 en adiante.

Esta actividade está sendo promulgada polo noso colexio, e no caso de que alguén non quera ou non poida correr, poderá actuar como voluntario en labores de axuda organizativa.
carreira san martiño
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Sen Batuta


Os primeiros xoves de cada mes celébranse no Paraninfo do Instituto Ramón Otero Pedrayo unha serie de concertos da man de importantes autores e grupos moi representativos da música de cámara.
A música de cámara está escrita para un grupo pequeno de instrumentos, hai dous detalles que caracterizan este xénero musical: cada músico toca unha parte diferente e non hai director, os músicos deben situarse de forma que poidan mirarse entre sí.
Este estilo musical, para moitos descoñecido, intenta darse a coñecer mediante unha serie de sesións onde se pretende establecer un diálogo entre intérpretes e público.
Con estas xornadas preténdese achegar a música de cámara ós máis novos, procúrase que este segmento coñeza novos estilos musicais, e se interese por un tipo de música diferente, para iso, ?sen batuta? creou un concurso para incentivar ós rapaces a que asistan a estes concertos con máis interese, o concurso premia a asistencia ós concertos e os coñecementos que os estudantes acadan unha vez que se familiarizan con este xénero musical, os premios consisten en diferentes gamas de ?ipod?.
Estes concertos teñen lugar os primeiros xoves de cada mes ás 19.30 cunha charla-coloquio, e as 20.30 remata cun concerto da man dos profesionales máis destacados deste xénero.
Durante dez meses, poderemos deleitarnos desta nova experiencia a través de diferentes artistas internacionais que compartirán con nos o seu talento.

Marcos Rodríguez 2º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
A nova galeguidade mediática
Reparade na nova, non tan nova campaña informativa da empresa de alimentación GADIS, com proba inequívoca de que se pode facturar e ser referentes no sector defendendo a venda de produtos en galego.

A campaña anterior foi privilexiada en varios certames publicitarios e obtido galardóns polo seru correcto e parece obvio márketing.
Sigamos vivindo como galegos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín en Ourense

A capital ourensá celebrouse da man da concellería de Cultura a quinta edición da Festa do Samaín que tras cinco anos de celebración consolidouse na cidade cun incremento paulatino de participantes e asociacións colaboradoras.
As actividades fixéronse o pasado 30 de outubro na Praza da Imprenta con a celebración de diversos obradoiros para os nenos, nos que as cabzas serán as protagonistas. Baleiráronas para prepararse para a noite máis máxica pero tamén aprenderon, entre outras cousas, a realizar instrumentos musicais coas froitas e houbo unha actuación infantil a cargo de Ce, o home orquestra. Ese mesmo día, a partir a Asociación xuvenil Amencer organizou un concerto de Samaín no seu local en Salesianos. O sábado pasado a actividade comezou ás 16.00 horas cunha sesión de cine de terror a cargo de Amencer e ás 18.00 horas empezaron os obradoiros para os nenos na Praza da Imprenta dende onde saíu ás 19.30 horas a procesión de Samaín que chegou ata a Praza do Ferro onde se celebrou unha gran festa amenizada polo contacontos Celso Fernández San Martín.

Gabriela Cortés 1º A



Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Fito

FESTIVAL DE TEATRO EN OURENSE

O día 27 de outubro comezou o festival de teatro de Ourense que durara ata o 2 de Novembro con numerosas obras de doce compañías profesionais que se suman así as da Mostra Internacional de Teatro Universitario.
Este novo festival nace para converter a Ourense en ? imán cultural? da mesma forma que outras persoas van dende aquí a ver espectáculos a outras zonas da Península Ibérica
Ánxeles Cuña responsable do grupo teatral Sarabela e directora do MITEU e a MOTI agregou que agora tendemos pontes para que outras persoas veñan aquí este Outono. Destacou do programa a actuación no primeiro dia do grupo ? Odin? de Dinamarca que representou baixo a dirección de Eugenio Barba, la obra ? Las grandes cidades bajo la Luna?, da corrente teatral ? antropolóxica? que desde vai corenta e cinco anos investiga a conexión con outras culturas que vira por primeira vez con esta obra a Galicia.
Entre as grandes compañías que participan no festival, Anxeles Cuña referiuse a repremiada non seus trinta e sete anos de historia ? La cuadra? de Sevilla, que antonte representou ? Flamenco para Traviata? cun espectáculo de raíz e de cante e tamén referiuse a Els Joglars, que representará o seu ultimo montaxe ? La cena ?
Tamén participara a compañía ? Pe de Vento? de Brasil, coa súa obra ? Coas malas prontas? o dia 31 de Outubro e ? Mundo Perfeito? de Potugal con ? A festa? que será a ultima representación de FITO, xa prevista para o dia 2 de Novembro.
Ademais de todas as representación incluirá unha xornada laboral e convenios do sector galego.
Ourense converterase nunha sucesión de escearios para o lecer, para os que queiran mais dosis de teatro e para que a cidade floreza neste Outono que estamos a vivir.

Anxeles Cuña tamén añadiu por ultimo que nos últimos meses de este ano Ourense acollera o Outono Fotográfico e O Festival Internacional de Cine en distintos recintos da cidade de Ourense.
VIVAMOS O TEATRO
Elena Fernández Silva 1º Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo de cine NaturNova
Do día 7 de outubro ao 15 de novembro celebrase no Auditorio do Centro Social de Caixanova(Pontevedra) a terceira edición do Ciclo de Cine de Medio Ambiente. Comeza coa proxección de "Encuentros en el fin del mundo", para continuar con "Utopía", "Búho Gris", "El agua de la vida" e "Tiburón, nas garras do home. Seran proxectadas os mércores as 20,30 horas e os domingos as 19,00 horas.

A iniciativa parte de NaturNova que é un centro de educación medioambiental da obra social de Caixanova, cuxo obxetivo é o de promover o coñecemento e respecto do medio no que vivimos e concienciar as persoas da importancia deste.

Aínda que nos quede algo lonxe este auditorio a esperiencia de ver estes documentais é gratificante, e se es un interesado do tema aínda máis.

Simon Santos

O enlace é do panfleto que publicita o acto asi como da sinopse dos documentais.

http://www.centrosocialcaixanova.com/naturnova/portal/wp-content/folleto.pdf
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0