Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Proposta da Toponimia de Galicia |
|
O SENADO APROBA A PROPOSTA PARA RESPETAR A TOPONIMIA OFICIAL DE GALICIA.
O día 14 de Outubro do 2010, o Senado aprobou unha iniciativa que insta o goberno a cumprir e respectar a normativa en materia da toponimia galega que recolle a Lei da Normalización Lingüística.
A moción foi presentada e defendida polo senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza.
Na exposición que este fixo denunciou a <> ca Administración Xeral do Estado fai na toponimia oficial de Galicia, ao incumprir as normas lingüísticas vixentes.
Nalgúns casos, corrixíronse esas deformacións, e o senador insistiu en que a Administración central segue utilizando unha e outra vez, topónimos ilegais, e puxo como exemplo a páxina web do ministerio de Cultura.
Ourense, La Estrada, Poyo e Villa de Cruces, son algunhas das <> que, segundo Pérez Bouza, pódense atopar no listado de Bens Inmobles do Patrimonio Histórico da páxina web do ministerio de Cultura.
En lugar de estas, recordase que a toponimia correcta é: Ourense, A Estrada, Poio, e Vila de Cruces.
Tras a fixación de posturas pedíuselle o Goberno que transmita as ordes precisas a todos os organismos e ministerios dependentes da Administración do Estado para respectar a toponimia oficial de Galicia en todas as súas publicacións.
Tras a aprobación de esta moción, pedíuselle o executivo que realizase todo o que puidese para actualizar as bases públicas e corrixir os errores que as mesmas presentan.
Raquel Iglesias Meiriño. |
|
|
|
O TINTEIRO, FONTE DE HISTORIA |
|
Os políticos abriron o espazo incluíndo bañeiras de pé cuberto por unha pérgola ademáis das calidades da auga. O Tinteiro ten unha nova atracción: o exercicio do punto de vista sobre o río.
A reforma deste ambiente inclúe a creación dun novo terreo elevado desde o cal se pode ver o río Miño. O 13 de outubro inaugurouse este espazo, liderado polo alcalde, Francisco Rodríguez, a vice-alcalde, Isabel Pérez e a concelleira Ana Garza. Segundo a placa conmemorativa da inauguración, fixérona os vecinos de Ourense.
A estética utilizada, que inclúe madeira e granito, pretende dar homoxeneidade e conxunto a todo este gran complexo lúdico e termal das ribeiras do río, como explicou Ana Garza.
Agora os usuarios das fontes posúen un banco, seis baños de pé e dous tanques de recollida de augas termais, ademáis da bomba de auga que xa existía. Mentres alguna xente estreaba as instalación, o alcalde destacaba a colocación de dúas pérgolas. Según o alcalde, esta reforma permitirá preservar a imaxe do Tinteiro, tamén desde o punto de vista sanitario
María Gutierrez 2º Bach A |
|
|
|
O Festival de Cine de Ourense |
|
Un ano máis, e xa van 15, Ourense foi teatro en directo, durante nove días. O Festival de Cine Independente, ou Ourense Film Festival (OUFF) - puxo a noite do dia 1 deste mes na alfombra vermella ao outono cultural da cidade coa estrea da película ?18 COMIDAS? do director galego Jorge Chur, na que intervén Luís Tosar. Unha estrea de categoría para un evento que insiste en atopar o seu lugar no mundo tan acopado de festivais de cine.
Dous centenares de filmes foron escollidos entre máis de 2.000 procedentes de todo o mundo-de directores de medio centenar de países (incluíndo a Serbia, Corea, Filipinas, Estados Unidos, Xeorxia, Arxentina, Alemaña, México, Reino Unido, Iraq e España) han de competir nesta nova edición na que a política de austeridade imposta pola crise arañou aproximadamente 500.000 ? do seu orzamento. A estes directores engadenselle, en categorías non oficiais, cincuenta profesionais que van dar a coñecer ao público as últimas tendencias e máis de cen películas máis, incluíndo curtametraxes e filmes de animación.
Esta edición está adicada a Rabindranath Tagore, que será homenaxeado pola proxección de varias películas con temática india.
Carmen Selina Meire Pérez
|
|
|
|
Semana Auria Ourensá |
|
A semana Auria de Ourense reunirá entre os días 10 e 17 de outubro profesionais, lectores e escritores de literatura histórica, como Manuel Rivas e Carlos Reigosa. Entre os obxectivos principais da iniciativa está o de divulgar o xénero e as súas novidades máis importantes para o último trimestre de 2010 e o primeiro de 2011.
Así mesmo, a Xunta explicou nun comunicado, que persegue dar a coñecer o público aos autores máis prestixiosos da literatura histórica e descubrir os novos valores, así como analizar o fenómeno de captación de lectores que xeraron este tipo de libros na última década e establecer debates entre historia e literatura.
Deste modo, celebrarase unha feira do libro nos Xardíns de Posío de Ourense que, ademais de librarías, acollerán presentacións, mesas redondas e diversas actividades de divulgación da lectura.
Na cidade haberá máis sedes, como o Centro Cultural da Deputación de Ourense, no que haberá diversas actuacións musicais e recitais enmarcados no ciclo Auria Cultural. Nesta liña, realizarase un ciclo de cinema sobre personaxes históricos, con figuras como Genghis Khan e El Bosco, onde todas as películas se proxectarán en versión orixinal subtitulada.
Fátima Carballo Río
|
|
|
|
O fútbol sala galego triúnfa |
|
O Lobelle busca 6 de 6!
No día das Forzas Armadas, da ?Pilarica?, o equipo do Apóstolo, ese que está tocado pola man de Deus (Tomás), o que a día de hoxe é o mellor equipo da Liga de fútbol Sala máis potente do mundo, e dicir, o Lobelle, a Armada branca, buscará a súa sexta vitoria consecutiva en Liga, a oitava en partidos oficiais (contando a Supercopa) e a terceira consecutiva na casa.
Dende que se iniciou o curso 2010/11, ningún adversario foi capaz de gañarlle nin unha batalla (das cinco libradas) desta guerra longa que é a Liga ao líder Lobelle, que se mantén firme na súa posición. Ese é o reto que ten esta tarde (18.00 horas) no Multiúsos de Sar un Marfil Santa Colomba que pretende recuperar fóra o que perde na casa. Cando se vai de campamento, e dicir, cando xoga fora de casa, a escuadra de Andreu Plaza aínda non perdeu esta tempada -un triunfo, ollo, na cancha do potente Caixa Segovia por 4-7- e un empate en Cartaxena (2-2). Está duodécimo na táboa con 5 puntos.
E hoxe, coas estadísticas, as emocións e as rachas na man, todo xoga a favor do Lobelle: líder invicto, equipo máis goleador da Liga cunha media redonda de seis tantos por partido.
Christian García González 2ºB
|
|
|
|
Charla-coloquio con Rubén Riós II |
|
Damos grazas a Rubén polo seu interese en mostrarnos como se fai creación audiovisual en galego.
Damos grazas polo bo comportamento e atención do público asistente e a ANPA do colexio
Ata sempre, Rubén |
|
|
|
O ENTROIDO |
|
Nestes días celebrarase o Entroido en moitos lugares de Galicia, un acontecemento cheo de historia e connotacións que forma parte da nosa historia dende fai séculos e que aínda que non nos decatemos forma parte da nosa esencia e da nosa actividade na actualidade, o Entroido é unha festividade na que a nosa cultura se fai patente en multitude de aspectos posto que non so os disfraces son un dos símbolos que define este período senón que a comida, as actividades, os desfiles e a cantidade de celebracións que xiran entorno a estas festas, configuran unha festividade chea de ilusión e na que o sentido de humor e alegría fanse notar.
O Entroido enmarca unha etapa na continuidade do ano e tamén pode considerarse como unha festividade de carácter relixioso, posto que sempre ten lugar no período previo a Coresma; en Galicia o entroido adquire especial relevancia en determinados lugares destacando o entroido de Xinzo de Limia, Laza e Verín entre outros, nos que o entroido dura moito máis que tres días e onde tanto os disfraces como as máscaras e os sucesos de cada fin de semana son diferentes.
O Entroido, polo tanto, constitúe non só unha etapa de lecer cargada de ilusión, diversión, e sentido de humor senón que está moi vinculada a nosa cultura galega e a nosa historia sendo unha das festividades máis características do noso territorio, aínda que esta celebración non se pode considerar exclusiva da nosa comunidade autónoma, posto que tamén ten lugar noutros lugares do mundo, como poden ser os carnavales de Canarias, os de Colonia ou os espectaculares carnavales de Río de Xaneiro.
Alba Rivas
2º A BCH
|
|
|
|
O VERDADEIRO SENTIDO DA TRADICIÓN DO ENTROIDO EN GALICIA |
|
 Non se sabe con certeza a orixe do Entroido pero a maioría pensa que e unha tradición celta, que coa chegada do cristianismo, esta festa pagán foi cristianizada. O seu significado ven posiblemente da despedida dos longos e duros días do inverno.
Existen dous termos que denominan a festa: o termo ?Carne Vale? que e o adeus a carne (período de abstinencia de carne a Cuaresma que comeza o Mércores de Cinza); e o termo ?Introitum?, que e a entrada da Cuaresma.
En Galicia celébrase dende sempre, sendo de fonda tradición na provincia de Ourense e nalgunhas partes de Lugo, onde se mesturan as tradicións ancestrais con outros elementos mais novos.
Os mais tradicionais das nosas costumes en carnaval son os ?ritos de grupo?: Os Cigarróns, personaxes enmascarados adornados; as Pantallas, viandantes con dúas vexigas cheas de aire; Os Peliqueiros, personaxes animalizados, que non falan e levan chocas como os animais e zorréganlle a xente e levántanlle as saias as mulleres; os Correos, que van polas casas pedindo unha doazón; os Xenerais que disfrazados con sombreiros medallas cantan a veciñanza acompañados polos Correos.
No Entroido son moi común os discursos, os testamentos e os arranques e coplas, nas que se satiriza a realidade e dos feitos no último ano referidos aos veciños e as institución públicas.
E ultimo temos o elemento fundamental da nosa tradición: a gastronomía do Entroido: a cachucha, sa filloas, a bica, as orellas, a androlla, os doces, os chourizo e o noso cocido.
Todo o que vai engadido a todas estas tradicións e un valor engadido que nada ten que er co tradicional e que ven dado por outras culturas impostas pola globalización das costumes. Polo tanto non debemos esquecernos do verdadeiro sentido do noso Entroido e seguir coas nosas tradicións ancestrais dos nosos antepasados.
Adrián Lamas Silva
1ºA
|
|
|
|
O galego na nosa vida |
|
As terceiras Xornadas da Lingua que tiveron lugar dende o 22 de xaneiro en Ourense e que continuaran ata o día 6 de febreiro, son unha mostra máis da necesidade de fomentar o uso da lingua e de ver a súa utilización como un paso máis no noso día a día, favorecendo o progreso da sociedade, de Galicia e de todos os habitantes da comunidade achegándonos a ser conscientes da nosa realidade e a tratar de poñerlle fin a desigualdade social na que nos encontramos somerxidos.
Nestas xornadas poténcianse tanto o uso da lingua e o seu espallamento, como a defensa tamén dunha lingua próxima a nosa como é o portugués e por suposto fomentando actividades lúdicas que fagan de estes encontros unha forma amena e divertida de enfrontar a situación e poder mellorar pouco a pouco na procura dun verdadeiro cambio e de chegar mediante elas ao conxunto dos cidadáns. Estas xornadas, que xa ven tres anos da súa existencia loitan por conseguir da mellor maneira posible que todos procuremos buscar unha solución a unha situación cada vez máis no noso territorio e que sexamos conscientes do que sucede buscando solucións, e tratan de mostrar tanto aos universitarios, como o profesorado e ao conxunto de todos os cidadáns que defendan a súa lingua nos ámbitos onde se moven principalmente no desenvolvemento da súa actividade profesional, tratando de levar á práctica a defensa da lingua e os ideais que promulgan, esta iniciativa é un paso máis para lograr que as cousas cambien e que a realidade non nos deixe de ser indiferente e que realmente apreciamos aquilo que posuímos.
Alba Rivas
2º A BCH |
|
|
|
Ourense co baloncesto |
|

O vindeiro venres día 5 de febreiro xogouse no Paco Paz o esperado partido de baloncesto entre o Ourense e o Vigo, do que saíu victorioso o noso equipo provincial, Aguas Sousas, despois dun intenso partido cheo de ledicia nuns primeiros momentos e intensidade nos últimos, concluiu nunha grata celebración dos 4500 espectadores das gradas, que estiveron dende un primeiro momento animando o seu equipo. O equipo tirou de rabia e corazón para paliar un xogo falto de ideas, poucos recursos e moitas limitacións. Os xogadores tumbaron a un Vigo con máis recursos dos que indica a súa clasificación pero tamén con defectos que xustifican o seu estado. Cada partido é unha festa que se saborea dende o primeiro instante e ratifica a gritos a ilusión que volveu a xenerar un club que pasou de ser un alma en pena a unha referencia deportiva e social de Ourense.
María Gabriela Cortés Díaz, 1ºA BCH.
|
|
|
|
|
|
|
|
|