Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O novo Tinteiro |
|
O histórico manancial termal de Ourense, O Tinteiro, reabriu as súas portas ao público en setembro, cunha estética totalmente renovada en que prima a incorporación de novos materiais como a madeira, o aceiro ou o metacrilato grazas a un investimento de máis de 117.000 euros, que permitiron converter a zona nun balcón de saúde e relax ollando ao río.
O concelleiro de Infraestruturas do Concello de Ourense, Andrés García Mata visitou a marcha das obras de remodelación de O Tinteiro que están xa rematadas.
O proxecto, de que é autora a arquitecta Mónica Rúa, optou por elementos comúns a outras instalacións termais ribeirás, o que dá homoxeneidade ao conxunto e con gran similitude á estética elixida para campo da feira: madeira tratada en bancos de descanso e solos, así como aceiro e a incorporación do metacrilato no teito.
Este último material permitiu dotar unha marquesiña cuberta que, segundo García Mata, dará acubillo aos usuarios en días de chuvia, xa que as antigas instalacións, moi deterioradas polo paso dos anos, estaban ao aire libre.
"Elevamos a zona por que mana de auga termal que agora está á a altura do camiño, o que facilita o acceso a todos os usuarios e presérvaa de inundacións" explica o concelleiro de Infraestruturas. O conxunto inclúe pediluvio para inmersión de pés e píos.
Ademais o orzamento permitiu contar cunha dotación non existente ata agora, prolongando a plataforma sobre a que se asenta o conxunto de O Tinteiro para crear un miradoiro sobre o río.
O proxecto completarase coa anexión de parcelas que suman un total de 11.700 metros, para convertero en zonas verdes para o medio termal.
Carmen Selina Meire Pérez |
|
|
|
A vía Auria |
|
Via Auria, é unha asociación cultural de senderismo que trata de dar a coñece-los nosos costumes, gastronomía, lendas e historia, co ánimo de favorecer a formación dunha conciencia para a defensa e mellora do contorno suliñando o firme propósito de coñecer para respectar e, se é posible, recuperar.
Ao longo do ano 2010 farán o Camiño Francés dende Cacabelos (León) e en todo o seu percorrido galego ata Compostela en 10 etapas. As datas de cada Etapa poderán consultarse na páxina Web (www.viaauria.es). Farase unha cada mes, agás en xullo e agosto, que descansaremos para comenzar de novo en setembro ata decembro. A primeira terá lugar este Sábado 23. Como cada Etapa se fará en viaxe de ida e volta a Ourense, non é preciso cubrir longas distancias a paso lixeiro para poder pernoctar nos albergues. Así que, amañámolas un pouco conseguindo traxectos de arredor de 20 km para poder camiñar de vagar todo o día.
A cada peregrino proporcionaréselle unha Credencial xa selada polo Bispado de Ourense que o acreditará para, cando cheguemos a Santiago, recoller a Compostela que, segundo fixera o Camiño por razóns espirituais ou non, daránlle unha distinta. Ademáis, será enviado por correo electrónico un tríptico por cada Etapa que poderás imprimir, se che interesa para coñecer aspectos salientables de cada etapa e para gardar de recordo.
A saída pola mañán será sempre ás 8.00 h am. A saída pola tarde, arredor das 19.00 h am.
Sempre, ao rematar cada etapa, existe a posibilidade de deixar pagada a do mes seguinte para garantir
ter praza reservada.
Fátima Carballo Río |
|
|
|
O valor catastral dos templos galegos supera os 426 millóns de euros |
|
Galicia, con 7.691, é a segunda comunidade de España con máis inmobles relixiosos. Santiago e Vigo están na cabeza. Galicia conta cun total de 7.691 bens inmobles rexistrados como de carácter relixioso, segundo reflicten os datos da Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Economía e Facenda. O seu valor catastral, o oficial, suma algo máis de 426 millóns de euros, aínda que na realidade o seu valor é incalculable. Imaxinen canto valería a Catedral de Santiago ou a de Lugo, se se puxesen á venda.
Ese valor oficial do parque inmobiliario da Igrexa galega, non obstante, non repercute na recadación do Estado, posto que a Igrexa está exenta do pagamento do imposto de bens inmobles (IBI).
Se comparamos a valoración oficial do patrimonio da Igrexa en Galicia co da industria, podería cualificarse de anecdótico, xa que o valor catastral total dos bens inmobles industriais supera na nosa comunidade os 4.000 millóns de euros.
Este considerable patrimonio inmobiliario eclesiástico converte a Galicia, despois de Castela e León, na segunda comunidade española con maior número de edificacións deste tipo e a sexta polo valor catastral deste, nun top que encabeza Madrid, onde os seus 1.384 edificios relixiosos teñen un valor oficial de algo máis de 1.190 millóns de euros.
Christian García González 2ºB
|
|
|
|
Semana da Literatura Histórica de Ourense |
|
Hai cousa de case unha semana situouse unha carpa no xardín do Posío á cal asistiron diferentes autores co fin de realizar coloquios sobre os seus traballos ou, entre outras cousas, para asinar libros.
Este venres estivo Juan Granados, autor coruñés que presentou neste certame a súa última novela ?Sartine y la guerra de los guaraníes?. Granados foi onte o encargado do peche da xornada en Auria Semana da Literatura Histórica centrando o seu coloquio, no salón de actos da carpa instalada no xardín do Posío, sobre os ?Vellos e novos camiños na narrativa histórica?.
O 16, sábado, asistirán autores como Almudena de Arteaga, autora de ?Los ángeles custodios? e César Vidal, radiofónico encargado de facer o peche da xornada dese día.
No derradeiro día acudirá ó evento Antonio Gala, autor de obras como ?La pasión turca? e encargado xunto con Cristina Sánchez Andrade de poñer fin á Semana da Literatura Histórica de Ourense. Ademais será nese día no que se descubrirá a placa da obra escollida polos lectores ourensáns como a mellor creación de literatura histórica entre as dez propostas polos organizadores do certame.
Noemy Dopazo González, 2ºB bacharelato.
|
|
|
|
Os defensores da sanidade pública critican a política privatizadora |
|
A plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as asociacións galegas en favor do sistema sanitario público convocou a todos os cidadáns a asistir a unha 'grande manifestación' que terá lugar o próximo 21 de novembro en Santiago para protestar contra o 'risco real de privatización' deste sistema que, segundo os membros, está a levar a cabo a Xunta.
Así o explicou o voceiro da recén creada plataforma, Manuel Martín, que indicou que a agrupación nace coa vontade de 'unir esforzos' por un único fin, que é o de loitar contra o 'risco real de privatización' do sistema sanitario galego.
'Non o podemos asumir', explicou Martín, que alertou tamén de que o sistema de colaboración público-privada que propón a Xunta para a construción dos novos hospitais e centros de saúde en Galicia deixará estes 'en mans de construtores, bancos e multinacionais'.
Pola súa banda, outro dos seus voceiros, Manuel Moreira, alertou da 'perda da calidade' na atención sanitaria que levará consigo este sistema xa que, sinalou, 'está en xogo o concepto de sanidade publica'. 'A razón pensamos que a temos, necesitamos a forza da cidadanía', reclamou Moreira.
Na plataforma, na que están incluídas unha quincena de asociacións de defensa da sanidade pública por áreas, os sindicatos UGT, CC.OO., CIG e SATSE e os partidos políticos do BNG e o PSOE, tamén están presentes as asociacións veciñais, representadas pola Asociación de Confederacións de Veciños de Galicia (Acogave).
Nesta liña, o representante de Acogave, Verísimo Pazos, reclamou un sistema sanitario 'global e de calidade', que garanta 'a atención igual para todos' e cualificou o actual sistema como 'o mellor do mundo'.
O sistema de colaboración público privado está demostrado que é un sistema obsoleto', explicou Pazos, tras recordar que as iniciativas neste sentido implantadas noutras comunidades autónomas, como Madrid, as están a 'levar á bancarrota'.
Pola sua banda, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, afirmou que co Plan de Modernización das Infraestruturas do Sergas pretenden 'garantir' o 'carácter público' de todos os investimentos e a prestación sanitaria 'universal e gratuíta para todos os galegos'. De feito, apuntou á necesidade de 'mellorar' a 'sostenibilidad sanitaria, económica, social, territorial e medio ambiental da rede de centros sanitarios de Galicia'.
Neste sentido, explicou que se trata dun 'compromiso explícito' nun momento de 'grave crise económica' pola 'sostenibilidad e viabilidade do sistema sanitario galegos', contando 'ese equilibrio social e ambiental'.
A titular de Sanidade manifestou que o departamento que dirixe quere uns centros sanitarios que lles permitan dar resposta' ás 'necesidades dos cidadáns'. De feito, apuntou a que as infraestruturas sanitarias 'non permiten responder axeitadamente ás necesidades dos usuarios' debido ás características demográficas da poboación 'que cada vez está máis envellecida e con tendencia máis frecuente a patoloxías crónicas e pluripatoloxías'.
Laura Barreiros, 2ºB bach. |
|
|
|
Ourense acolle o estreno nacional de "La vilación de Lucrecia" con Nuria Espert |
|

O Teatro Principal da cidade de Ourense contará, esta fin de semana, co lanzamento nacional de ?La violación de Lucrecia?, de William Shakespeare, interpretado por Nuria Espert, a gran dama do teatro, nun triplo brinco mortal na súa larga e exitosa carreira chea de premios, no que ela actúa en solitario sobre o escenario encarnando a narradora, para transmutarse logo nun proxecto teatral pioneiro, nos tres personaxes principais da obra, vítimas e verdugos.
A actriz así como o director de esta adaptación teatral do clásico de Shakespeare ó teatro, Miguel del Arco e o produtor Juan José Seoane movéndose ata Ourense para facer un adianto da representación da obra que será hoxe e mañá, 16 e 17 de outubro, no Teatro Principal de Ourense.
Básase nun poema de Shakespeare que marcou á propia Nuria Espert, quen declaraba onte nunha roda de prensa no Principal que trátase dunha "apuesta arriesgada", o ser un texto "que tiene violencia, belleza y mucha teatralidad".
Nuria Espert afirmó que decidiu "apostar" por él porque encontrase nun momento "de libertad" na súa carreira profesional e "de confianza" en sé mesma "y eso me ha do dado el ánimo para decir que eso se puede convertir en un gran espectáculo teatral?.
A actriz destacou que o Teatro Principal era o lugar "idóneo" para o espectáculo, porque é "acogedor" e nel Espert síntese "como en casa, algo que me ayuda pasar esos nervios y tensiones que rodean siempre un espectáculo cuando lo das por primera vez aunque hayas trabajado en él meses y meses".
Miguel del Arco calificou "La violación de Lucrecia", como "un poema enajenado por la lujuria, en su comienzo, de un príncipe trastornado por poseer la belleza de Lucrecia".
María Gabriela Cortés Diaz, 2ºB bach.
|
|
|
|
Festival de Teatro Galego , FETEGA en O Carballiño |
|
A vila do Carballiño , acolleu entre os 7 e 10 de setembro o Festival de Teatro Galego 2010 (Fetega). A mostra, que celebrou a súa sétima edición, tivo unha duración de 3 días e desenvolveuse no Centro Multifuncional carballiñés.
Varios grupos de teatro asistiron á mostra ao longo desta semana deixando pegada das mellores artes do panorama teatral galego. De feito, o Fetega foi cualificado este polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, como "unha cita de referencia dentro da escena galega" que atrae a novo público e que serve para expandir a produción teatral galega a outros países e comunidades.
A compañía teatral Obras Públicas abriu o festival co seu espectáculo Life is a paripé, escrita e dirixida por José Prieto Álvarez e que ten como intérprete feminina a Iolanda Muiños. O segundo día os protagonistas serán Teatro de Ningures coa súa obra Homes...Mulleres, de Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e María Armesto. Nut Teatro levou a escena o xoves 9 de setembro Wake up, escrita e dirixida por Carlos Neira.
O peche do Festival de Teatro Galego do Carballiño foi presentada polo actor de Ribeira Josito Porto, quen fora o encargado de presentar a V Gala dos premios Fetega no Multifuncional a partir das dez da noite.
Alba Muñoz López
|
|
|
|
Ourense convértese na capital das letras de Galicia, ao comezar a ?Semana Auria da Literatura Histórica? |
|
Ourense acolle dende este domingo, día 10 de outubro, ata o vindeiro domingo a ?Semana Auria da Literatura Histórica?, unha iniciativa enmarcada na celebración do Ano do Libro e da Lectura 2010 en Galicia e no Camiño da Reflexión do Xacobeo 2010.
No acto de presentación deste encontro literario ao que acudiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela subliñou que ?Auria? contribuirá a construír ?a expresión literaria do misterio, da paisaxe, da xente e da historia de Galicia?.
Persoeiros das letras galegas e casteláns acudirán a Ourense, entre os que se atopa nunha incorporación de última hora, o escritor Antonio Gala (domingo, 17, coa conferencia ?Propósitos?). A cita ten por obxectivo principal ?dar a coñecer ao público os autores máis prestixiosos, e tamén descubrir novos valores?, para o que se organizarán debates e mesas redondas sobre historia e literatura.
?Auria? sinala tamén que aposta pola participación de todos os afeccionados á lectura, os que a organización encarga que outorguen o título de I Novela Inmortal, o que se pode facer votando en urna na Feira do Libro ou a través da web oficial auria.xacobeo.es.
Xa hai unha relación de dez títulos propostos:
? Memorias de Adriano. Maguerite Yourcenar
? Trafalgar. Benito Pérez Galdós
? Quo vadis? Henri Sinkiewicz
? Espartaco Howard Fast
? El rey pasmado. Gonzalo Torrente Ballester
? Eu, Claudio. Robert Graves
? A morte de Virxilio. Hermann Broch
? A marcha Radetzky. Joseph Roth
? De noite baixo a ponte de pedra. Leo Perutz
? A batalla. Patrick Rambaud
A obra gañadora será homenaxeada co descubrimento dun monólito e unha placa na Praza do Bispo Cesáreo desta cidade, o domingo, 17, día do cerre de ?Auria?.
Os Xardíns do Posío serán o emprazamento da Feira do Libro. En doce espazos habilitados para a ocasión, as librerías participantes amosarán e porán á venda volumes do xénero e de materias relacionadas. Haberá unha sala de actos relatorios e debates sobre o fenómeno.
Por outra banda, as persoas que o desexen poderán compartir mesa con algúns dos destacados escritores que se acheguen a Ourense no que se denominada ?Encontro co autor?. O método para poder e facelo e apuntarse a través do correo electrónico info@aurialiteratura.es
Ester Fernández Paredes |
|
|
|
INNOVA-G ¡Que puntazo! |
|
Ideas futuras con latido en presente, é o que pretende avalar a primeira edición dos premios ?INNOVA- G?.
Nada máis gráfico que un ?puntazo? como a acreditación os autores premiados para resumir o seu mérito o traballar en ideas empresariais que sintonizan cun siglo XXI que abre novas vías de negocio e emprego a través do desenvolvemento das redes sociais, a difusión de Internet e os teléfonos móbiles intelixentes entre outros moitos recursos novos.
O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida subliñou no acto a filosofía do nacente certame. "Este concurso busca alentar a proposta en marcha en Galiza de ideas empresariais innovadoras". A súa vez, Cristobal Varela, subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, invocou sen dicilo a palabra máxica que resume parte do futuro e presente de todo negocio: diñeiro.
"Apostar polas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) non é un gasto, é más una inversión que aporta vantaxes as empresas". E engadiu: "O sector das TIC debe ser clave no futuro".
Promovidos por: Agestic, Asociación Galega de Empresas TIC (de Tecnoloxías de Información e Comunicación), idea cofinanciada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Igape e a Unión Europea.
Parte dos premiados destacaron o que entenden por ?INNOVA-G?:
-Oportunidade en Galiza
-A innovación para a xuventude.
-Un paso adiante
Rocío Fernández Fernández |
|
|
|
Xunta e sindicatos danse tres días máis de prazo para negociar a reforma da función pública |
|
Os sindicatos e a Administración teñen horas para tratar de chegar a un acordo para reformar a función pública, un consenso que se presenta a prior i difícil. A Consellería de Facenda retirou da orde do día da comisión de persoal que se celebrará hoxe as modificacións da Lei dá Función Pública, para tratar de achegar posturas cos sindicatos ata o vindeiro luns.
Con todo, entre as propostas que suscita a Administración hai algunhas que os sindicatos non teñen intención de aceptar en ningún caso. A movilidad forzosa que pretende «impoñer» aos seus empregados a Xunta «será o noso cabalo de batalla na negociación», explica Juan Carlos Rivas, do CSIF. «Por aí non imos pasar. Aínda que haxa pouco tempo, a Administración expresou a súa vontade negociadora, e imos ver si é verdade. Temos que esgotar os prazos para limitar as medidas que se intentan impoñer», engade. Nos próximos días os sindicatos presentarán alegaciones ás reformas que pretende introducir a Xunta na lexislación, e o luns reunirase de novo a comisión de persoal.
O director xeral de Función Pública, José María Barreiro, sinalou tralo encontro de onte cos delegados sindicais que algunhas achegas dos representantes dos traballadores «xa foron aceptadas pola Administración e cunha clara idea de lograr un acordo retirar ou punto dá reforma dá comisión de mañá [en referencia a hoxe] para poder chegar a un acordo ata ou luns», explicou.
Aínda que a movilidad forzosa imposta aos funcionarios é o foco principal das críticas, outra das acusacións dos sindicatos é o cambio que permitirá blindar a elección a dedo dos xefes de servizo, ata agora un cargo técnico.
Os sindicatos coinciden en que estes cambios deberían levarse a cabo en novembro, que é cando está previsto iniciar a reforma da Lei dá Función Pública para adaptala ao Estatuto Básico do Empregado Público. «A Administración leva anos traballando sen estas modificacións, polo que non hai motivo para non esperar á lei que debe aprobarse o ano que vén», explica Rivas.
557 opositores toman posesión
Facenda destacou que 557 opositores tomaron posesión das súas prazas desde abril do 2009, e que xa se desenvolveron máis de douscentos procesos selectivos, ademais de terminar varios que estaban convocados polo anterior Goberno desde o 2006. A conselleira Marta Fernández Currás reprobou no Parlamento ao bipartito polas deficiencias do sistema aprobado durante o seu legislatura, e porque o seu departamento tivo que resolver «os procesos que o anterior Executivo deixou sen rematar».
Alejandro Prieto Ferro
|
|
|
|
|
|
|
|
|