Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marful saca a venta novo disco.
Marful revolucionou a música galega, converténdose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país. A música de Marful expresa ideas, proclama sentimentos, describe paisaxes, narra historias. A música de Marful é unha exaltación da abstracción.
O seu último disco, publicado o 16 de setembro en Galicia e na vindeira semana en Portugal, xa esgotou en menos dun mes a primeira edición do seu novo disco Manual de sedución. Este álbum xa se converteu na súa composición máis surrealista ata o de agora.
Un disco que seduce en sosego, fai preguntas e acepta a contradición. Neste Manual de sedución o amante óptimo é unha crianza medrada, un (ou unha) exhibicionista emocional. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans tentan posibilidades.
Marful ensina a súa cara impresionista, as letras surrealistas e unha variedade tímbrica instrumental para danzar twist, slow, swing, pasodobres, xotas e mambos.
Os músicos que forman este grupo e a cantante que lle aporta a súa gran voz son: Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira.


Antía Rivas Oural, 1º BACH A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os mellores creadores de historias
A Casa da Xuventude de Ourense acolleu onte unha nova convocatoria, xa tradicional, cos mellores autores da banda deseñada de Galicia. Os galardones Xuventude Galicia Crea 2010 entregáronse nun acto no que participaron os directores xenerais de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o delegado da Xunta, Rogelio Martínez, os xefes territoriais do Traballo e Cultura, José Selas e Gerardo Pumar, e o director da Casa da Xuventude, Benito Losada. Os galardones deste ano foron para José Domingo, que levóuse os 3.000 euros pola súa obra «Robot xigante»; Diego López, que fíxose cos 1.500 euros do segundo premio polo seu traballo «O humor de Mr. T.», e o terceiro galardón, dotado con 1.000 euros, foi para «Ombre umbre», de Miguel Taboada.

José Domingo, o gañador do certame da banda deseñada deste ano, publicou en diferentes cabeceiras nacionais e é autor de «Cuimhne: el fuego distante», con guión de Kike Benlloch. Traballou en Dygra como diseñador de personaxes e agora o fai no seu propio estudo profesional.

Tanto Ovidio Rodeiro como Francisco López incidiron na aposta da Xunta polo sector e polos creadores da banda deseñada de Galicia, destacando proxectos como a participación na feira de Barcelona o as mostras itinerantes.


María Gabriela Cortés Díaz, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chegan ó parlamento os presupostos de 2011.
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, entregou este mércores ao Parlamento o proxecto de Presupostos para 2011 tras o visto bo do Consello da Xunta e defendeuno como "social e fiable". "Apostan --as contas-- pola estabilidade presupostaria, polo compromiso e permiten afrontar unha senda de crecemento o ano que vén", afirmou.
Fernández Currás fixo entrega do proxecto presupostario á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, por primeira vez en formato de libro electrónico para contribuír a eliminar o papel neste procedemento.
A conselleira reiterou que, ao seu xuízo, o novo modelo de financiamento é "claramente insuficiente" para Galicia e recordou que o Goberno galego se abstivo na aprobación deste sistema. Ao respecto, xustificou o sentido de voto porque entre os acordos se inclúe pagar a débeda das comunidades mediante uns prazos pactados e a liquidación a 2009 é de 1.900 millóns de euros. "Se non asinásemos, ¿imaxinan o presuposto que presentaría aquí?", reflexionou.
Para a conselleira, a interpretación "unilateral" que o Estado fai destes acordos fai que o modelo pase de ser "malo" a converterse nun "desastre". Ademais, defendeu o recurso ao financiamento público-privada, por 504 millóns de euros, e argumentou que se trata de "investimentos autofinanciables", pois requírese do socio privado a construción e o mantemento da infraestrutura e hai "unha repartición xeracional xusta".
Estas fórmulas público-privadas "se se fan ben, non computan" nin como déficit nin como débeda, afirmou para logo sinalar que é necesario que administración e socio "repartan os riscos axeitados" e que será preceptivo un informe de Facenda sobre o impacto que poidan ter estes proxectos nas contas públicas.

Ademais, repetiu a súa confianza en que Galicia crecerá un 1% en 2011 e cualificou de "esperanzadora" a estimación de que o paro se situará no 15,1% (a previsión para 2010 é do 15%). Manter esta porcentaxe supón que o aumento do número de parados roldará as 1.000 persoas e que a cifra ao inicio de 2012 será "máis ou menos" a do peche de 2010.
A Xunta espera rematar o presente exercicio en "equilibrio", é dicir, cun 0% de variación no produto interior bruto (PIB) galego. Pregunt acerca de se o Xacobeo non funcionou todo o ben que esperaba dado que a previsión para 2010 era crecer un 0,2%, Fernández Currás replicou que as actividades do Ano Santo "funcionaron moi ben" e que, aínda que o peche en equilibrio é "razoable", podería "mesmo mellorarse.
En relación coa Cidade da Cultura, indicou que o presuposto que se destine ao proxecto en 2011 terá que adaptarse á baixada na Consellería de Cultura e Turismo, pois ao non ser un dos departamentos sociais, contribuíu ao recorte do 24,7% que afrontan de media as áreas que non xestionan servizos básicos. En calquera caso, sinalou que está prevista a apertura de dous edificios e que un proxecto que "ata agora só foi gasto" reporte algún "retorno", que en principio prevé "modesto".


Sara Velasco Martínez, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Teatro de Ourense.
Ánxeles Cuña, directora da compañía Sarabela e do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), presentou o 21 deste mes a terceira edición do certame no auditorio cidade. Este foi un festival marcado polo recorte presupostario pero que quixo facer homenaxe ao actor, escenógrafo, iluminador e deseñador gráfico ?o home do teatro total. Poeta do espazo, alquimista da luz e construtor de soños? Suso Díaz que finou hai pouco.
O programa de FITO celebrarase dende o 22 deste mes ata o 31 do mesmo, ofrecendo aos espectadores en nove días unha serie de 17 espectáculos. Ademais neste festival colaborarán distintas compañías, entre as cales atópase o grupo de Noruega Jo Stromgren Kompani, que en España só actuará en Madrid e no FITO, nesta última estarán con dous espectáculos ?The convent? o día 28 e o 29 ?The experiment? ámbolos dous no Auditorio de Ourense.


Noemy Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
A saia da Carolina
Nun ambiente festivo, coa guía musical das pandereteiras, un nutrido grupo de veciños do concello pontevedrés de Marín entoaron onte na Alameda a canción A saia de Carolina.
Foi un acto reivindicativo do uso do idioma galego no ensino, a súa normalización na sociedade, e tamén unha protesta porque nun dos colexios da vila se lle ensine aos nenos esta canción popular galega en castelán baixo o título de ?La falda de Carolina.?
No concerto-protesta víronse a moitos veciños anónimos, nun acto que tamén contou co apoio, aínda que non puido finalmente estar presente, do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
A convocatoria realizouna unha plataforma cívica creada en Marín expresamente para protestar polo que consideran un «insulto» ao idioma propio e ao sentido común da cidadanía.
Foi unha agrupación marinense, o Colectivo Nacionalista, do que Pedro Cortegoso é o portavoz, a que deu a voz de alarma ante o uso da canción galega en castelán nunha clase de sexto de primaria do colexio da Laxe. Para os convocantes do concerto de onte, o emprego desta tradución en Galicia é simplemente un «esconxuro ridiculista».
Esta tradución da composición popular galega suscitou acalorados debates en diversos ambitos, xa que se considera unha campaña de desprestixio da nosa lingua.
Uxia Paz 2ºBach A
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo do teatro alerta do ?grave recorte? que a Xunta pretende en 2011
Ao final non serán 17 sinon 15, debido a reducción do presuposto, as compañías de América e Europa participarán dende hoxe até o 31 de outubro no Festival Internacional do Teatro de Ourense (FITO). O certame terá como prato forte a presencia da compañía teatral noruega ?Jo Strogmen Kompani?, que realiza unha xira por Europa e só ofrecerá dúas paradas en España, unha en Madrid e a outra en Ourense.
O festival, estará adicado nesta ocasión a figura de Suso Díaz, actor e xefe técnico de Carabela Teatro e deste festival, falecido a pasada semana.
Ánxeles Cuña, alertou que os ?anuncios de recortes do 50% para o teatro galego nos presupostos de Cultura para o 2011, son ?graves? e pediu ?unha reflexión porque concertos como o de Leonard Cohen custan tanto como o presuposto adicado aos 14 festivais de teatro galegos?. Ademáis, aseguro en oresencia de Juan Carlos Fasero, alto cargo da Xunta, que ? o sector teatral é precario e hai que reflexionar porque estamos en crise e todos temos que contribuír pero a aportación debería ser máis ecuánime e non atacar tan duramente ao sector cultural?
O certame contará con compañías de Arxentina, Chile, Ecuador, Portugal e Noruega. Dentro do territorio nacional, desplazarase grupos do País Vasco, Cataluña, Madrid,Valencia e seis de Galicia.




MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºB BACH
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
O festival ?Fito? atrae ó teatro de América, Europa e España.
Como novidade, o festival rendirá homenaxe ó escenógrafo, iluminador, director, diseñador gráfico e actor Suso Díaz Seoane, relacionado co grupo Sarabela Teatro dende 1988.
En palabras da directora de Sarabela, Ánxeles Cuña, organizadora do FITO, Suso Díaz foi un ¨actor sutil, enxeñoso, complexo, capaz de emocionar ata as entrañas, polo que ningunha sombra pode apropiarse da súa luminosidade, por máis que os ollares estean húmidos por ter que escoitar os seus latexos dende a outra banda, seguiremos fundidos a el, máis aló de todo tempo, no espazo sideral¨.

No que fai referencia ó programa, dezasete compañías teatrais conforman o cartel desta iniciativa que chegará a lugares como o Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus Universitario e a rúa do Paseo.
O día 22 de outubro, no Auditorio, a compañía de Marta Carrasco, se encargará de abrir a programación do Festival, polo que pasarán outros grupos como Sapristi, La Mona Ilustre, Tangolpeando, Baraka, Malayerba, Companhia de Teatro de Braga, Jo Stromgren Kompani, Nuria Sotelo, Los Hedonistas, Femme Fatale, Nut Teatro y Ur Teatro.
Dende a organización do evento esperan unha alta participación do público ourensán no festival, que foi presentado oficialmente onte, e que procura formar públicos, acoller obras artísticas de referencia contemporáneas, descubrir proxectos de carácter experimental e transdisciplinar, atendendo así ás novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Allariz entrega a Pilar García o 'Vicente Risco' de Ciencias Sociais
A escritora e profesora de Literatura, María Pilar García, recoller o próximo día 23 ás 12,30 horas Vicente Risco XV Premio de Ciencias Sociais para o traballo en O Rosalía de Castro "Clamor da rebelión, Rosalía de Castro: Ensaio e feminismo. O acto terá lugar na sala do plenario do Concello de Allariz, un concello ten a traballar nos últimos anos, xunto co Castro Caldelas con Sotelo Blanco Foundation (que se sumaron á Fundación Vicente Risco) que é organizado polo premio, dotado cun importe de 6.000 ? Devesa. Nesta edición, o xurado está formado polo profesor de Arqueoloxía, Fernando Acuña, profesor de Filoloxía, Francisco Fernandes, a Concelleira de Cultura Allariz, Teresa; secretario da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez e Xosé María Aguileta, representando fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco. O xurado observou que o gañador é un ensaio de "excelente", que reflexiona sobre a figura de Rosalie como fundadora da literatura galega.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
O encontro de escritores 2010 inclúe mercado de manuscritos e a edición de <>.
Esta fin de semana, no Liceo da cidade, celebrarase o VII Encontro de Escritores/as de Ourense. A organización recae no Gremio Literauria, que dará continuidade a este proxecto que iniciara no seu día o Clube Alexandre Bóveda e ao que dira continuidade a Sección de Literatura do Liceo, con Marcos Valcárcel como responsable da mesma.
As actividades comezarán o venres 22 cun coloquio, ás 20.00 horas, no que participarán os autores que asinaron relatos en Narradores de cine (Xerais, 1996): Camilo Franco, Fernández Naval, Ramón Caride e Xerardo Méndez. Ao rematar haberá un aperitivo e logo, unha <> a cargo de Carlos Rego e Magín Blanco para afondar na relación entre o texto literario e a música.
Unha das novidades propostas dos Encontros 2010 é o proxecto do <>: os lectores proporán unha serie de palabras aos escritores, e estes deberán ter entregado un relato ao día seguinte. A organización quere editar un libro con estos relatos antes de que remate o encontro deste ano.
As actividades pecharanse na noite do sábado cun recital de poemas de Víctor Campio.

María González Pérez 2º BACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
A revista Retranca recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada



A Casa da Xuventude de Ourense concedeu o Premio Ourense de Banda Deseñada -o premio máis veterano de Galicia- á revista Retranca, dirixida por Kiko da Silva. Retranca é unha revista de humor galego que cumprirá en breve tres anos de vida, e ten como obxectivo: "facer humor gráfico sen censura e politicamente incorrecto". Na actualidade, ten periodicidade bimestral. A entrega do premio farase en outubro, no transcurso das anuais Xornadas da Banda Deseñada que organiza a Casa da Xuventude.


Alba Muñoz López
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2010 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0