Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Luís Seoane: creador polifacético
Co motivo do centenario do nacemento de Luís Seoane, un home polifacético no que se podían destacar diversas facetas como : editor, ilustrador, muralista , gravador , pintor, dramaturgo,...Organizáronse varias exposicións sobre a súa vida e obra recollendo desde varios puntos de vista a súa densa e larga traxectoria, unha delas organizada pola Fundación Caixa Galicia na Coruña , con máis de trescentas cincuenta obras e centos de documentos e fotografías.
Xosé Díaz, o comisario da mostra , organizouna partindo de lugares simbólicos, trazados non so pola posición xeográfica senón tamén polo territorio da memoria , indagar na ideoloxía do intelectual e na súa creación plástica.
Hoxe por hoxe é incuestionable que a labor realizada por Seoane , iniciada na vangarda da preguerra e consolidada despois no exilio , ten connotacións que traspasan o ámbito local , sen embargo , o interese que esperte a súa creación está reducida o ámbito galego e arxentino , circunstancia que se lle imputa , con razón , o réxime que durante máis de corenta anos silenciou en España calquera tipo de creatividade transformadora. Non como no caso de outros creadores estranxeiros como George Grosz, moi admirado por Seoane, cuxa obra tivo unha proxección, mais xeneral e extensa, mais universal
O que tenta esta mostra é amosar a riqueza da complexa personalidade deste creador plástico promotor de empresas culturais, deseñador, editor, escritor e xornalista, sen deixar de lado algo tan importante na súa vida como foi o activismo político.


María Álvarez Álvarez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO. A NOSA LINGUA, A NOSA MARCA DE ENTIDADE, A NOSA ESENCIA.
Maruja, residente do Grove.
Cóntanos a historia do galego o longo da súa vida, cómo influiu nela. ¿Qué sentimos o falar galego? ¿De que forma marca as nosas vidas? Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
¿Qué fai a xente como Maruja? ¿Qué opinamos nos desto?
Paréceme un vídeo marabilloso e cargado de optimismo. Non creo que haxa maneira máis clara e máis simple de explicar o que o galego significa para Galicia. Gracias a xente coma ti, Maruja, aínda hai hoxendía quen respete e queira o idioma. Noraboa!
Parabéns Maruja! Por esa vitalidade, enerxía e amor á nosa lingua!!!
Maruja, grazas por tanto bo falar.Cousa bonita!
Maruja, avoa dunha amiga da miña nai. Unha auténtica avoa galega, disposta a loitar pola súa lingua. Non deberiamos nos facer o mesmo?
Contacto con ela by facebook: Maruja Iglesias Franco.

Rocío Fernández Fernández
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Brais Rodríguez gaña a sexta edición do premio Castelao de banda deseñada
Brais Rodríguez mete os personaxes nunha guerra e deixa que reaccionen a súa maneira. Eles mesmos son os encargados de construír un alegato antibelicista, que se move no moderno, porque o estilo que o debuxante emprega ten que ver coa banda deseñada máis nova, de trazo eficaz.
O premio Castelao, convocado pola Deputación, detense na súa sexta edición na obra ?A man do diaño?, dun autor coruñés que comezou a facer xermolar a idea de conflito vencellado ao home hai tempo, para darlle forma a través de tres protagonistas cunha misión non ética por diante, deseñados para responder de forma diferente ás situacións que se lles presentan no fronte.
Un xurado composto polo presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda; a deputada responsable de Cultura, Caridad González-Cerviño, e os expertos Ángel de la Calle e Carlos Portela, xunto ao comisario, Miguelanxo Prado, decidiron premiar o cómic polo uso acertado dos recursos narrativos, que lle dan a forza necesaria para converter unha anécdota sinxela, ?nun relato ucrónico e un alegato humanista e antibelicista?.
Brais Rodríguez sinalaba que a intención estaba en plasmar co lapis o punto de vista humano e forzar aos personaxes de personalidades moi distintas a toparse con trances complicados, que precisan dunha resposta.
O autor destacaba a importancia do premio en si, que de seguro lle vai a motivar para seguir a crear viñetas, un mundo difícil ao igual que as demais manifestacións artísticas, aseguraba. O gañador comezou a trazar historietas con 19 anos para perfeccionar a súa técnica na facultade de Belas Artes e pensar no cómic como unha actividade seria.

Alba Muñoz López , 2º BACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia recortou o dobre de paro co seu 'efecto Xacobeo'

6.500 desempregados menos este verán volven deixar o total por debaixo do teito dos douscentos mil. O recorte do 3,22% é 1,5 puntos mellor que a media estatal, aínda que a maioría son contratos temporais. Ao sol que máis quenta, os raios do efecto Xacobeo, Galicia volveu ser capaz de superar de novo a España en materia laboral. Fíxoo durante o terceiro trimestre, nos meses de verán, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que detalla a desaparición de 6.500 parados galegos, un 3,22% menos que no segundo trimestre. No conxunto do Estado, o recorte limitouse nos meses estivais ao 1,52%, con 70.800 desempregados menos. A comunidade logrou descender da cota das duascentas mil persoas sen traballo (195.300), mentres o número total de españois sen ocupación se situaba en 4.574.700. Non hai dúbida de que o impacto das bendicións do Ano Santo no sector turístico impulsou as contratacións no sector servizos. Todos os sectores incrementaron a actividade e o emprego, a excepción da industria. Todo iso propiciou que mentres España se enfronta a unha taxa de paro do 19,79%, demasiado preto do temido vinte que se prevé superar ao peche do ano, Galicia aínda non se chegue ao quince, pechando o trimestre no 14,86%.
Non obstante, fontes sindicais de UGT Galicia advertían onte do aumento da temporalidade que supón este tipo de contratacións ligadas á campaña de verán, e recordaron que Galicia "é a primeira comunidade autónoma en incremento do desemprego en termos interanuais". Así, fronte ao terceiro trimestre de 2009, o paro creceu en 33.100 persoas, ou 20,4%; é o dobre da media española, onde o número de persoas sen emprego aumentou un 10,95%, incrementando en 451.400 persoas o número das persoas que buscan unha ocupación.

Christian García
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia ?Variacións sobre a lectura? reúnen a máis de 1.100 persoas
Máis de 1.100 persoas reúnense esta fin de semana nos os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, que se celebran ata mañá no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. O subdirector xeral de Centros, Francisco Castro, inaugurou hoxe estes encontros, organizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Neste acto, o subdirector xeral de Centros agradeceu aos presentes ?o voso interese na formación continua, que manifestades ao asistir a esta actividade coma esta?. Ademais, destacou o éxito da xornadas que, desde a primeira vez que se celebraron ?veñen convocando en Compostela a un número cada vez maior de profesoras e profesores interesados por mellorar a súa formación, dispostos a reflexionar xuntos e compartir experiencias e coñecemento arredor do tema da lectura e das posibilidades da biblioteca escolar, como recurso para unha ensinanza de calidade?.
Neste sentido, o subdirector xeral de Centros explicou que a Consellería está a desenvolver unha estratexia de fomento da lectura, a través de diversos programas, co fin de converter as bibliotecas escolares en centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. Así, adiantou que o orzamento previsto para o vindeiro ano 2011 pola Consellería de Educación para bibliotecas escolares e fomento da lectura supera os 2,3 millóns de euros, o que supón multiplicar por dous os recursos destinados a este fin, ?á vista da excelente acollida que están a ter entre as comunidades educativas todas as iniciativas que se levan a cabo neste ámbito, e a necesidade de apoiar ao profesorado que está traballando nelas?.
Baixo o lema ?Variacións sobre a lectura?, estas xornadas constitúen unha oportunidade para a difusión de experiencias que se están a levar a cabo en centros escolares galegos arredor da lectura. Así, trátase dun punto de encontro do gran colectivo galego das bibliotecas escolares para seguir ampliando as posibilidades de colaboración nun eido de tanta importancia en tempos de mudanzas tecnolóxicas.

Fátima Carballo
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Un camiño a longo prazo.
A visión que da cien¬cia parece ter a investi¬gadora israelí Ada Yonath -Premio Nobel de Química 2009 xunto a Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz- preséntase hoxe máis necesaria que nun¬ca, especialmente nunha sociedade como a actual, marcada polas présas e pola sensación de que todo vale fronte a aquel sentido críti¬co que tradicionalmente se presupuña indispensable para poder medrar como se¬res humanos.
De feito, e nunha con¬versación apresurada con esta científica, que onte se atopaba na capital galega cunha completa axenda de actos protoco¬larios antes de ofrecer unha conferencia no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia sobre O ribo¬soma: unha máquina de ARN que sobreviviu á presión da evolución, pero está pa¬ralizada polos antibióticos, Ada Yonath deixaba entrever a personalidade dunha mu¬ller que, como confirma o seu currículo, está á marxe desa esixencia de inme¬diatez na que hoxe, quizais non a ciencia, pero si desde logo outros ámbitos da sociedade, se moven.
Invitada polo progra¬ma Conciencia, impulsa¬do pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago e dirixido polo profesor galego Jorge Mira, Yonath explicou onte a este xornal que o seu obxectivo desde o principio foi "en¬tender o código xenético e como a través do ribosoma transfórmase a informa¬ción xenética en proteínas porque, senón o máis impor¬tante na vida, si é un proceso moi importante que quería entender".
Por iso é polo que se embarca¬ra nunha aventura de anos de décadas de traballo na que "a relevancia ou non do que se investiga é algo se¬cundario a nivel científico".
Grazas ao seu achado, trinta familias de antibióticos
Hoxe, aos seus 71 anos, ademais de converterse na cuarta muller na historia en re¬cibir un Nobel de Química, sabe que a súa investigación si foi moi relevante e, aínda que recoñece que "non se canto o será para os seus fillos ou os seus netos, eu obtiven un premio porque ese pro¬ceso está aplicado ós an¬tibióticos", ata o punto de que grazas ó seu achado desenvolvéronse trinta familias de antibióticos.
Respecto de como facer entender ás adminis¬tracións a necesidade de investir en ciencia, Ada Yo¬nath sinalou que "iso é o que me gustaría a min, saber como convencer ós políticos dos beneficios da ciencia para a sociedade".
Neste sentido, e tras re¬cordar que "a ciencia é un camiño a longo prazo, e o dos políticos non", suxe¬riu que talvez se lles poida convencer "dicíndolles que con iso se mellorarán as forzas armadas".
Preguntada nunha rolda de prensa sobre se o acceso á ciencia é máis difícil para a muller, dixo que "a ciencia non é cousa de hom¬es ou mulleres, está baseada na crítica da calidade do traballo; unha muller non sobe porque o diga o seu xefe, senón porque o seu traballo sométese a crítica e a comu¬nidade científica avalíao".
No seu caso, explicou que o tiven moi difícil porque era unha idea arriscada, non por ser muller, aínda que non se como terían reaccio¬nado de non selo".


Sara Velasco Martínez, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Ourense farase cargo dos primeiros gastos para arranxar a capela dos Remedios.
Serán os orzamentos do Concello de Ourense e non o Obispado, nin a Xunta de Galicia, nin tampouco a familia propietaria da capela de Vos Remedios, os que permitan acometer as primeiras obras para a rehabilitación do edificio, que o pasado 28 de xullo sufriu un incendio.

O bipartito municipal, PSOE e BNG, decidiu onte dotar un crédito extraordinario urxente para unha intervención de urxencia nesta capela, coa finalidade de «evitar un maior deterioro desta construción, que, xunto coa Ponche Vella, constitúe un ben de interese cultural».

A intervención ten un carácter previo á ejecución das obras de restauración da capela, que se acometerán de acordo cun proxecto da Xunta de Galicia.

Máis de 50.000 euros

A xunta de goberno decidiu dotar un crédito por importe de 52.000 euros, para unha intervención que se axustará a un proxecto específico para contornas protexidas, que contempla a retirada, elemento por elemento, da cuberta superior; a protección mediante pezas de seguridade dos principais elementos patrimoniales do templo, os restos dos altares e a instalación dunha cuberta provisional para preservar a estrutura desta construción.


Borja Pérez Fernandez, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
O museo coa obra de Arturo Baltar abrirá este Nadal
Os primeiros prazos dicían que estaría aberto a principios de 2009 pero finalmente, será en decembro de 2010 cando o museo de Arturo Baltar abra, por fin, as súas portas. Fai dúas semanas puxéronse en marcha os movementos para cumprir este prazo, co translado ó edificio rehabilitado das pezas do emblemático belén que dende 1982 cita nesta plaza cada Nadal a miles de persoas.
As pequeñas esculturas permanecerían no novo recinto cando se ultime a adecuación da capela, á que volverían tras esta preparación, nunha actuación que pretende realzar o conxunto da obra e que, ademáis, permitirá conectar directamente o museo coa capela. Esta situación é a que parece corroborar que finalmente o espazo esté acondicionado en decembro, después de varios prazos imcumplidos, dado que o propio artista era partidario de que o espazo se abrise ó público coincidiendo coas festas do Nadal.
O LEGADO DO ESCULTOR:
Segundo se explicaba cando foi coñecido o proxecto, máis alá do concepto museo, o edificio pretende albergar o legado artístico de Arturo Baltar dun modo aberto e participativo para a sociedade, no que o xardín exterior do inmoble podería servir tamén como complemento ós contidos do interior.
Así, mentres na capela permanecerá o belén, aínda que é probable que se produzan modificacións, as táboas poderían recolocarse noutro sitio, xa que non son frescos. No museo se instalará o legado artístico do escultor, que aglutina dende relevos e pequeñas esculturas ata retablos e escenas nas que se amosa a súa maestría para recrear ambientes que perviven na memoria dos ourensáns.

María Gutiérrez Álvarez 2ºBach. A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os presupostos de Educación recollen una caída do 50% en becas universitarias
O Departamento de Educación en 2011 con máis de 2.222 millóns de euros, 6,8% menos que en 2010. O xefe deste departamento, Jesús Vázquez, explicou no Parlamento as liñas xerais das súas contas, o que reflicte unha caída de case un 50% en bolsas de estudos universitarios, entre 3,35 e ? 1.740.000. Vázquez suxeriuse que este é un erro técnico será corrixido cunha modificación, pero a oposición asegurou que o número de "caches, como as mortes ocorreron no ano pasado e non contributivas nas residencias coas decidiu que TiVo ou rectificar", como observou o Guillermo Meijon socialista.

Outros dous elementos que son os seus números están diminuíndo o transporte escolar (8%) e axuda á APA, para xestionar as cantinas, o 35%. No primeiro caso, o ministro rexional lembrou que o goberno conseguiu unha redución das facturas coas empresas, 7%, polo tanto, terá o mesmo servizo. Comensais da Xunta dependente, non obstante, terá máis recursos en 2010, 4,3%. En canto ao concerto, as escolas teñen 3,7% menos. As apostas de alta do Departamento para 2011 será de idiomas, novas tecnoloxías e da universidade. Vázquez dixo que o orzamento fose mellor se non fose para Zapatero decretazo e 2.500 millóns déficit deixado polo goberno anterior rexional.

Adam nacionalista Carme valores que poñen "mentiras, inglés e ordenadores" e criticou a redución de bolsas de estudo para aprendizaxe de idiomas para os alumnos a experiencia de traballo na formación profesional e estudantes universitarios. En canto á lingua de Galicia, solicitou ao Ministro Rexional "é unha lápida do galego para instruír en Castel galego UO vai." Guillermo Meijon, deputado socialista, tamén atacou duramente a linguaxe política afirmando que a Xunta "arranxa ou Tell RAG, pero da-la lingua derrubadas ou edificio." Outro dos aspectos máis criticados foron os dous millóns de euros en 2011 para traducir o libro en castelá pola aplicación do decreto do multilingüismo. O popular Roman Rodriguez eloxiou a prioridade que o Goberno da Xunta.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
O samaín en Ourense!
En vísperas do Samaín, non podemos perder a ocasión de falar dunha das festas con máis tradición popular, dende miles de anos. O samaín é unha antiga festvidade de orixe celta que foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Tamén está a festividade chamada Haloween, que procede do Samaín, aínda que é celebrada nos países anglosaxóns.e que nos derradeios anos está collendo importancia no noso país.
É por suposto a nosa cidade non se podía quedar sen celebrar este día, así que, mañá ás 12:00h día 31de outubro na praza da Imprentadarase a benvida á VI edición da xa tradicional festa do Samaín, continuará ás 17:00h cun obradoiro de cabazas e rematará ás 19:00h cando se comece a procesión das cabazas ata a Praza do Correxidor.


María Gabriela Cortés Díaz. 2º B bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0