Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galaxia recoñece a Neira Vilas como clásico en vida
Xosé Neira Vilas, o escritor de Gres(Deza), será o primeiro autor vivo que conte coa súa Biblioteca de Autor de Galaxia. Deste xeito, o creador do neno Balbino recibe o recoñecemento de clásico en vida por parte da editorial que dirixe o escritor Víctor Freixanes. Antes de final de ano sairán os dous primeiros títulos que comporán a Biblioteca de Autor dedicada a Neira Vilas. Serán as obras máis destacadas da súa produción: Memorias dun neno labrego e Cartas a Lelo. Despois destas publicacións iniciais, chegará a quenda de Xente no rocidio, Lar, Nai, Pan, A muller de Ferro, Encrucilladas ou Remuíños de sombras.
A intención da editora é presentar a obra literaria de Neira Vilas ordenada historicamente, con cubertas do pintor Luís Seoane, con quen Neira Vilas tivo relación cando emigrou a Arxentina. E foi precisamente Seoane quen deseñou a capa da primeira edición de Memorias dun neno labrego en Bos Aires.


Antía Rivas Oural, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario do nacemento de Wencesalao
Con motivo do 125 aniversario do nacemento de Wencesalao Fernández Flórez (1885-1964) a Asociación de Prensa de A Coruña xunto co Centro Galego de Arte e Imaxe fanlle un homenaxe proxectando na sala do CGAI cinco filmes, adaptacións da súas obras do 5 ao 7 de Novembro: ?Los que nos fuimos a la guerra?, ?El malvado Caravel?, ?El destino de Disculpa?, ?El hombre que se quiso matar? e ?He encontrado un ladrón?. Trátase dun dos autores con máis versións fílmicas da Historia do cine español; a mais coñecida e de máis éxito ?O Bosque Animado?.
O homenaxe por parte da Asociación da Prensa da Coruña e polo seu labor na prensa escrita xa que con so 18 anos foi director do Diario de Ferrol e logo colaborador no Heraldo de Galicia, Diario de A Coruña e Tierra Gallega.
Foi unha persoa moi polifacética: cronista parlamentario, comentarista de fútbol, escritor; ademais foi dialoguista, argumentista e guionista nas adaptacións as pantallas de algunha das súas obras.

Adrián Lamas 2do Bach A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense rende homenaxe no Ateneo ao mestre e galeguista Luís Taboada Camoeiras
A cidade de Ourense rendeu onte merecido homenaxe o mestre, galeguista e republicano Luís Taboada, finado o pasado mes de agosto aos 92 anos de idade. Segundo explican desde a concellería de Cultura, dende ese mesmo momento xurdiu a idea de honrar a este persoeiro, e deste xeito, dar a posibilidade de que aqueles que por atoparse fora da cidade non puideron despedilo, puideran agora lembralo.
Xosé Manuel Cid, Xosé Lois Carrión, Xosé Ramón Gómez, e María Soledad González lembraron todos os aspectos que abranguía Luís Tadoada, mestre, republicano galeguista, ourensán e, por riba de todo, amigo. Pero sen dúbida, o momento máis emotivo foi no que a súa neta leu unha carta que lle escribiu o avó o día do seu pasamento. O seu fillo, José Manuel Taboada asegura que reciben "emocionados e orgullosos" esta homenaxe o seu pai. Dálle igual o cando "sería bonito que el estivese aquí para disfrutalo, pero eu so penso no que isto simboliza e so podo sentirme agradecido" afirma Taboada fillo.
Lembra ao seu pai como un "home entrañable, moi pai, que me acompañaba a calquera actividade que realizara, aínda que el non participara". Manuel Freire, como vello amigo de Luís Taboada, defíneo como " un home que enganchaba, que contaba as cousas porque sabía como sucederan".
Mestre ata o 1975 en Bouzas, ata trasladarse a Ourense, era un namorado da súa profesión. O seu fillo conta como "nada máis xubilarse aínda ía onda os compañeiros por se tiñan que saír cubrirlle esa hora que necesitaban". Xa en Vigo dende hai oito anos, cos problemas propios da idade, non renunciou aos seus paseos pola mañá e a tarde nin a relacionarse cos seus veciños. Ata o último día deixou pegada.
Un recordo alegre, foi o que se lle dedicou a don Luís, do que aínda custa falar en pasado. A coral de Ruada, á que seguía, puxo o remate dunha homenaxe ao home que contaba as cousas sabendo o como e o por que.

María Gabriela Cortés Díaz, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Da tristura polo pasamento de Olga Gallego á análise da profesora Margarita Ledo Andión.
A cita da Real Academia Galega en Ourense para conmemorar o 90º aniversario da saída da á rúa da revista Nós encetou con palabras de lembranza. O presidente da institución fixo pública ?a tristura pola ausencia de Olga Gallego (académica que finaba hai unhas semanas na cidade), que gozaría por ver por primeira vez á Academia Galega celebrando unha sesión na cidade de Ourense?.
Na xuntanza da Real Academia Galega interviron tamén Margarita Ledo Andión e Xesús Alonso Montero. A profesora Margarita Ledo incidiu no carácter pioneiro da revista Nós ?no seu tempo como un novo medio de comunicación para a cultura galega moderna?, na cosmovisión do proxecto e nos seus compromisos ?fundacionais coa lingua e a terra?, en aspectos como a potenciación e o grande valor concedido ?á imaxe, dándolle unha grande función simbólica? ou no compromiso cunha publicidade en galego.
Pola súa banda, Alonso Montero fixo unha intervención centrada nun hipotético número 204 da revista Nós publicado en 1951 (a publicación deixouse de editar en 1935) e nos seus colaboradores e artigos. Antes da sesión da Academia houbo no Simeón a lectura de textos da revista Nós.

María González Pérez e Noemi Dopazo González (2º B)
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense acollerá o Festival das Tres Culturas dentro do programa europeo Oralities.
Durante a próxima semana Ourense converterase en centro das actividades das sete cidades europeas que participan no programa Oralities. Dende o día 10 ata o 14 deste mes celebrarase o Festival das Tres Culturas. En tódolos casos actuarán no paraninfo do instituto Ramón Otero Pedrayo ás 20:30 horas do día 10 os grupos Trío Corelli e Carmín Antiqua, por suposto dentro do marco de dito festival. O día de San Martiño actuará Happy Guitars, as formacións de Yulangelo e Paz Antiqua Ensemble farano o 12, o 13 os ourensáns de Resonet e o peche, o día 14, será realizado polo Coro Polifónico Eborae Música, de Évora.
Ademais, no marco do programa Oralities tamén se celebrará nos días 11, 12 e 13 a Coferencia Internacional de Tradición Oral. Nesta conferencia participarán máis de medio centenar de investigadores e expertos na materia que abordarán distintos bloques nos que se incluirán múltiples apartados e enfoques, que van desde o patrimonio mineiro ata o teatro popular.
O programa destas dúas citas, e exposición fotográfica sobre as cidades do proxecto, foi presentado onte pola concellala de Cultura, Isabel Pérez.

Noemi Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
"Institución docentes e grandes mestres de Ourense" recopila os cambios na educación
"Esta obra contribuye a conocer la historia real frente a la visión desenfocada de otros relatos" por centrarse unicamente nos grandes acontecementos. Con estas palabras, o director editorial de Galaxia, Victor Freixanes ilustra o valor do traballo do profesor de Xeografía e Historia Enrique Bande, "Institucións docentes e grandes mestres en Ourense 1846-2005", na que, a partires dun tema concreto como a evolución da educación na capital consegue profundizar na súa historia
O século XIX é o que ve nacer en Ourense as primeiras institucións de ensino. A partir de 1845 inaugurouse unha nova fase na que a Igrexa xa non é a única subsidaria da formación e o Estado comeza a ser tamén responasable da socialización a través da educación para que as persoas, como explica Freixanes "dejen de ser súbditos para convertirse en ciudadanos".
Bande fai unha viaxe non só polas institucións, senón tamén profesores como Juan Manuel Bedoya, Marcelo Macías ou Otero Pedrayo, o cal define como "mestre de mestres".
A integración das mulleres no mundo da educación é outro tema que aborda en profundidade a este volume. Nas súas páxinas, explica como ata 1873, as mulleres tiñan que pedir permiso para estudar o bacharelato e matricularse na facultade. No Instituto de Ourense, entre os cursos 1864 e 1882 non figura ningunha muller estudando.
José Luis Baltar, presidente do Diputación, organización que axuda a publicación da obra, non puido asistir á presentación, pero quería resaltar que os grandes mestres de Ourense deixaron unha marca significativa na cidade e no xeito de ser de Ourense.

MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Os empregados do lixo cobrarán os días que estiveron de folga
O acordo alcanzado onte polo comité de empresa e a concesionaria que permitiu desbloquear a folga do servizo de lixos deixou flocos pendentes que ambas as partes terán que negociar ao longo da próxima semana. O máis importante, e que aínda non está plasmado por escrito, é de carácter económico. Segundo indicaron fontes sindicais nada máis finalizar a segunda das dúas reunións mantidas na Alcaldía do Concello de Ourense, os responsables da concesionaria Ecourense mostraron a súa predisposición a que o paro non teña ningún efecto económico nas súas nóminas.

De pecharse ese acordo nos próximos días, os empregados libraríanse dun recorte aproximado de seiscentos euros. Ao longo da próxima semana tamén se terá que negociar o plus que recibirán os empregados por «o esforzo extra» de retirar as cincocentas toneladas de lixo, segundo matizou o secretario comarcal da CIG, Etelvino Branco, nada máis pechar a desconvocatoria da folga.

Eleccións sindicais:
No acordo basee para desbloquear a folga do lixo de Ourense incluíuse un segundo punto, ademais da readmisión da traballadora despedida nas mesmas condicións laborais que tiña antes do inicio do conflito aínda que noutro centro de traballo. Trátase do compromiso dos responsables da empresa de que van retirar unha denuncia interposta no xulgado do Social sobre a presenza de Adelina Basteiro na lista da CIG. «A empresa retira a denuncia e a traballadora quedará non censo electoral, e poderá ser candidata para as próximas eleccións sindicais na CIG», indicou Etelvino Branco.

O sindicalista asegurou que o compromiso de retirar a denuncia supón que a traballadora que fose despedida «terá plenas garantías de manter ou seu posto de traballo». A pesar de que nos últimos días de paro, os sindicatos e os folguistas demandaran a dimisión do xerente, Juan Pérez, como unha condición a maiores para acabar coa folga non transcendeu que na reunión se tratase a súa saída.


Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Pilar García Negro gaña o premio de ensaio Vicente Risco cun traballo sobre a figura de Rosalía de Castro
A escritora e catedrática de Literatura Pilar García Negro é a gañadora do premio de ensaio Vicente Risco de Ciencias Sociais por un traballo sobre Rosalía de Castro titulado O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos .

O fallo, emitido onte na sede da editorial Sotelo Blanco, foi por unanimidade dun xurado que destacou da obra gañadora a madurez da reflexión que fai a autora da figura de Rosalía «non só como fundadora da literatura galega contemporánea senón tamén como membro dun colectivo que nunha situación totalmente adversa e de xeral desprestixio de Galicia e dos galegos soubo reivindicar a lingua galega e tamén a dignidade das galegas e galegos como pobo». Salientaron, ademais, a alta calidade dos textos que concorreron este ano, nomeadamente tres deles.

Os especialistas en distintas áreas de ciencias sociais que tomaron o acordo son o catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo, en representación do Concello de Castro Caldelas; a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa Graña; o arqueólogo Luís Martínez-Risco Daviña, en nome da Fundación Vicente Risco; o catedrático de Filoloxía da USC Francisco Fernández Rei no da Fundación Sotelo Blanco; e Xosé María Aguileta Franco, que actuou en representación destas dúas últimas entidades, convocantes do certame xunto cos concellos de Castro Caldelas e o de Allariz.

Pilar García Negro, que se presentou baixo o lema « Firmiter in re, suaviter in modo», é a cuarta autora deste galardón nas súas quince edicións. Esta dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións.

Alejandro Prieto
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro enxalza o termalismo en Galicia
O libro Os balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento percorre a historia do termalismo en Galicia dende a época romana, ?cando empeza a cultura da auga? dende as primeiras manifestacions do culto aos mananciais e as pegadas que, ao longo dos seculos, foron quedando do uso e explotacion dos establecementos termais no mundo antigo, as autoras tenden unha ponte entre unha practica milenaria e o termalismo e a balneoterapia, ata o século XXI, cando se produce un ?renacemento? do sector no que se recupera o interese polas propiedades salutiferas dunhas augas unicas e privilexiadas.e a reivindicación da ?calidade, cantidade e variedade? de augas mineromedicinais que existen no territorio galego.
Así o destacaron as súas dúas autoras, as doutoras en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) Raquel Casal e Silvia González, mestra e ?avanzada discípula?, tal e como apuntaron en rolda de prensa. Na presentación desta obra, Casal resaltou a ?dificultade? de escribir divulgación, sobre todo cando hai ?falta de investigación científica neste campo?. Neste sentido, expuxo as súas ?queixas? porque, segundo subliñou, os estudios arqueolóxicos adoitan producirlles ?terror? aos donos dos balnearios e, ademais, as administracións ?atrasan? estes labores con trámites e regulacións.
Pola súa banda, González destacou algunhas ?das marabillas? que se poden atopar na comunidade galega, como o balneario de Lugo e As Termas de Ourense, que ?sobreviven? dende a Idade Media. O xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, avogou por ?facer un esforzo? en diferenciar os meros spas dos servizos que presta o termalismo ?con augas mineromedicinais?, posto que Galicia ?lidera? este sector en España fronte a outras comunidades autónomas ?de sol e praia?, abandeiradas nas instalacións de spa.

ester Fernández
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
A política social enfronta a Xunta e oposición no Parlamento.
Deputados do PSdeG e o BNG lamentaron a falla de ?respostas concretas? do Goberno galego durante a Comisión 5º de Sanidade, Política Social e Emprego no Parlamento, na que se trataron cuestións sobra a Lei da Dependencia, o pago da productividade variable a xerentes do Sergas e a eliminación de centros exclusivos sobre cuestións sexuáis destinados os xóvenes.
Nunha comisión presidida polo popular Miguel Ángel Santalices, a que a deputada socialista Beatriz Sestayo calificou de escándalo, producíronse diversos momentos do enfrontamento entre a mesa da comisión e o Grupo Popular coa oposición. Unha das preguntas correu o cargo da socialista María Carmen Acuña, quén demandou datos sobre o pago ?selectivo? dos complementos de productividade variable(CPV) dos cargos directivos do Servizo Galego de Saúde(SERGAS) no 2009 e 2010. Unha cuestión que criticou como un arma do actual Executivo autonómico para castigar as persoas nombradas polo anterior Goberno bipartito.
A isto, a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Esperanza Fernández, respondeu que os CPV abonaron en función dos resultados da súa xestión, aunque evitaron contestar as preguntas de cantas persoas recibiron o complemento de productividade no 2009 o a cánto ascende o total do abonado.
En outa pregunta de Sestayo sobre a situación das xestións e trámites de promoción de autonomía persoal e dependencia encomendadas a empesas privadas, a directora xeral da Dependencia, Coro Piñeiro, resaltou que ningún procedemento de valoración e reconocimiento será privatizado.


Raquel Iglesias Meiriño
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0