Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Avances para desconvocar a folga do bus urbano: acordo entre o comité e a empresa |
|
 Se os traballadores aproban o acordo entre os representantes sindicais e Urbanos de Ourense desconvocarase a folga na cidade.
O comité de empresa e Urbanos de Ourense asinaron este mércores pola tarde un acordo para parte dos puntos do novo convenio. Polo momento aínda non se desconvocou a folga, cuxa decisión tomarase esta noite cos traballadores tras explicarlle o acordo ao que se chegou coa compañía. Si se aproba por maioría a folga quedará automaticamente desconvocada tras
nove días de paros.
Á mañá o comité, tras unha reunión na Alcaldía, sinalou que había un compromiso por parte da empresa de asumir parte das súas reivindicacións laborais. Tras nove días de paros, cos servizos mínimos ao 52%, ponse fin a folga que dificultou a mobilidade dos ourensáns.
Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
|
|
|
|
Como funciona Pegasus? O ‘software’ que espiou os teléfonos de Sánchez e Robles |
|
 Maio comeza cunha forte convulsión política. Moncloa revelou nas primeiras horas da mañá de hoxe que os teléfonos móbiles do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e da ministra de Defensa, Margarita Robles, foron espiados co software Pegasus. Así o constatan os informes do Centro Criptológico Nacional (CCN), adscrito ao Centro Nacional de Inteligencia (CNI), nos que se rexistran dous ataques nos meses de maio e xuño de 2021. O ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, describiu as intervencións como “ilícitas e externas” e asegurou que o Goberno xa puxo o caso en coñecemento da xusticia. A noticia dáse a coñecer tan só unhas semanas despois de que saltase o “caso Pegasus”, no que máis de 60 independentistas cataláns vinculados ao procés foron espiados a través do mesmo software.
Cabe preguntarse cales son as claves desta plataforma, xa coñecida por estar detrás doutros casos tan polémicos como o de Jeff Bezos e o do xornalista Jamal Khashoggi. “Pegasus é un software espía que se instala nun teléfono sen coñecemento do usuario. Ten acceso a practicamente todos os contidos. Non só fotos, vídeos, mensaxes ou whatsapps. Tamén permite activar en remoto a cámara e o micrófono”, explica o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez. É dicir, Pegasus nun só é capaz de extraer información xa almacenada nos dispositivos móbiles, senón que pode facer unha espionaxe en tempo real. “Se pensamos na cantidade de información que temos hoxe en día nos teléfonos, isto é moi preocupante”, incide Suárez.
Silvia Martínez Pedrouzo
1º - Bach - A |
|
|
|
CATRO FERVENZAS CON GRAN BELEZA AO NORTE DE PORTUGAL |
|
 O norte do país veciño ten estas incribles fervenzas de auga cristalina.
Achégase o verán e con el os días nos que moitos ourensáns buscan un lugar onde refrescarse para combater as altas temperaturas. A pouca distancia de Ourense e en pleno parque natural da Peneda-Gerês, atopamos diferentes fervenzas de augas cristalinas que contan con pozas que moitos aproveitan para refrescarse nos días de máis calor. Tamén son unha boa opción para descubrir a riqueza natural que agocha este enclave do norte de Portugal.
Xusto na fronteira con Portugal, entre Lobios e Terras do Bouro, hai un deses espazos que non se pode perder no Parque Natural da Peneda-Gerës. Trátase da fervenza da Portela do Homem, que deixa unha poza de augas cristalinas onde se pode bañar e darse un refrescante baño nos días de calor. A mellor opción para ir é ir ata o paso fronteirizo e deixar alí o coche aparcado e despois camiñar aproximadamente un quilómetro ata chegar ao acceso á zona da piscina.
Valentina Fernández Colmenero
1º Bach - A
|
|
|
|
Allariz retoma a Festa do Boi con case 50 actividades |
|
 Allariz xa ve os cornos do boi. O Concello e a Asociación Cultural Xan de Arzúa anuncian que o vindeiro mes de xuño a mítica Festa do Boi volverá á rúa con preto de 50 actividades.
O municipio recupera esta festa que non se podía celebrar con normalidade dende 2019 polo covid. Agora, cunha situación máis favorable, a música, o teatro, as actividades infantís, as tertulias populares e, por suposto, o famoso boi ocuparán durante nove días a axenda.
A celebración comezará o 11 de xuño e prolongarase ata o día 19 con saídas todos os días. A Asociación Cultural Xan de Arzúa aposta un ano máis por potenciar o carácter cultural e histórico desta festa que forma parte do ADN de Allariz. E, para iso, ofrecerá procesións medievais nas que participarán máis dunha vintena de confrarías, entre outros atractivos. De feito, anunciaron que preto de 500 persoas ataviadas con traxes tradicionais representarán de forma lúdica a orixe da festa.
Tamén están programadas actividades para os máis pequenos, unha cea popular e, como non podía ser doutro xeito, numerosas saídas do boi: doce en total ao longo dos nove días, que se anunciarán con seis bombas.
A organización pide seguir as recomendacións para vivir esta experiencia coa máxima seguridade. Non tocar o bois, prestar atención aos movementos do animal, extremar a precaución cos máis pequenos e acudir aos dispositivos de emerxencia se é necesario.
María Ferreiro - 1º Bach - A
|
|
|
|
“A ladroa de osos” a novela do pontevedrés |
|
Laura está a compartir unha cea romántica no Cebreiro co seu mozo cando este desaparece. Entón recibe unha chamada no seu móbil que lle indica que se quere recuperalo ten sete días para roubar as reliquias do Apóstolo da catedral de Santiago. Ese é o punto de partida de O ladrón de ósos, a oitava novela de Manel Loureiro (Pontevedra, 1995), que chega hoxe ás librarías como unha gran aposta de Planeta xa que arranca cunha tirada de 50.000 exemplares. O autor percorreu onte algúns dos escenarios polos que se desenvolve a novela en Compostela.
-O xerme deste “thriller” foi aínda antes de que se dedicase á escritura... Teño unha conexión moi especial con Santiago, que me deu uns anos marabillosos da miña vida de estudante. Sempre que cruzaba a catedral preguntábame que pasaría se quería levar algo comigo porque descubrín que estaba practicamente só. Esa lembranza estoupou na miña cabeza co roubo do Codex Calixtinus e foi xuntar o xerme dunha historia que tiña moitas ganas de contar.
Quería xogar con eses elementos: unha historia dun roubo imposible xunto con outra de espías e todo nun ambiente que coñecía tan ben e tan improbable para ese tipo de historias como Santiago, a súa catedral e o Camiño. Está o Camiño, pero tamén Rusia, Arabia Saudita, México... .O ruso tiña unha explicación moi sinxela xa que sempre me fascinaba a historia da Orquestra Vermella, de toda esa rede de espías que se espallaba por toda Europa occidental a finais dos anos 50.
Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
|
|
|
|
Falece unha moza galega na explosión que tivo lugar na Habana |
|
Unha moza galega de Viveiro (A Mariña), con identidade C.L. e nada en 1993, faleceu pola explosión acontecida na sexta feira no Hotel Saratoga da Habana (Cuba). O seu compañeiro, das Pontes (Eume), atópase grave.
Ademais, segundo informaron fontes próximas á súa contorna, permanece en estado grave o compañeiro dela, un mozo nado en 1991 e veciño das Pontes (Eume). Ambos permanecían de vacacións na zona.
As autoridades cubanas informaron de máis dunha vintena de mortos pola explosión, atribuída a unha fuga de gas e que provocou danos en toda a zona, adxacente ao casco antigo da capital cubana.
Os servizos de emerxencia seguiron a traballar durante toda a noite no lugar, en busca de novos cadáveres e mesmo de posíbeis sobreviventes, segundo medios oficiais.
Aumentan a 25 as persoas falecidas
Polo menos 25 persoas morreron pola explosión rexistrada na sexta feira no Hotel Saratoga da Habana, segundo un novo balance de vítimas actualizado tras a recuperación de varios cadáveres máis durante este sábado.
O presidente cubano, Miguel Díaz-Canel, encomiou o labor dos "heroes" que, nestas "horas terríbeis", seguiron traballando durante toda a noite en busca de posíbeis corpos ou sobreviventes atrapados entre os cascallos.
"É moi lamentábel o ocorrido, a destrución, sobre todo as perdas de vidas, e tamén as persoas lesionadas, pero unha vez máis quero destacar a rapidez con que se mobilizaron a poboación e as institucións. Primou a solidariedade", destacou.
As autoridades locais atribuíron a explosión a un accidente, ocorrido aparentemente durante o traslado de gas desde un camión aparcado xunto ao estabelecemento hostaleiro.
Carla Mascareñas Miranda
1 Bach A
|
|
|
|
Segunda Xornada de paro no bus urbano e problemas para cubrir servizos mínimos |
|
 Os traballadores afirman que a empresa está sacando a traballar a vehículos sen a ITV. A segunda xornada de folga na empresa do transporte urbano de Ourense trae con ela o incumprimento dos servizos mínimos, tal e como
informan os traballadores. Nesta ocasión, serán seis líneas as que non se cubrirán cos vehículos acordados pola precariedade da Frota.
Desde fontes dos traballadores indican que “a empresa está sacando vehículos coa ITV caducada comprometendo a seguridade de traballadores, viaxeiros e demais usuarios de espazos públicos”.
POla súa parte, o xerente dos buses urbanos, José María Díaz, explicou que “todos os días se revisan os autobuses”, e, que, simplemente, este día saliu un vehículo coa ITV caducada “por error”.
Na outra cara da moeda, desde o Concello de Ourense, destacan que o servizo de autobuses inicia a xornada con relativa normalidade, son todas as liñas en circulación excepto cinco.
Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
|
|
|
|
Profesores da USC critican a supresión de Historia de Galicia en bacharelato |
|
O departamento de Historia da USC mostrou o seu malestar e preocupación polos novos currículos de ESO e bacharelato que desenvolven a Lomloe en Galicia. En concreto, os docentes deste colectivo fan referencia a como en segundo de bacharelato, dentro da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, suprímese a materia optativa de libre configuración autonómica Xeografía e Historia de Galicia, que contaba con dúas horas semanais. Esta materia xa fora recortada coa aplicación da Lomce de catro a dúas horas no 2015. Desde o Consello de Departamento consideran a desaparición desta materia e a súa integración noutra Patrimonio e sociedade de Galicia, como «un feito de enorme gravidade».
Valeria Labandeira
2º BAC |
|
|
|
Luis Fonsi, Rufus Wainwright, C Tangana y Simple Minds se unen a los conciertos de él Xacobeo |
|
Luis Fonsi y Rufus Wainwright son de los de los nombres que se unen la lana lista de conciertos de él Xacobeo. Él cantautor puertorriqueño actuará él 15 de agosto en A Coruña, mientras que él canadiense estará él 2 de julio en Vigo, donde también ofrecerá un concierto él 21 de agosto C Tangana. En lana lista de novedades que ha desvelado esta mañana lana Xunta de Galicia también está él concierto de Placebo él 26 de agosto en Ourense y Simple Minds él 27 de julio en A Coruña.
Lana programación de Conciertos del Xacobeo incluye 70 eventos musicales a lo ancho de los próximos siete meses, incluyen alguna de lanas citas que ya se habían dado a conocer con anterioridad con lanas actuaciones de Rosalía (A Coruña), Imagine Dragons y Marc Anthony (Santiago), así como los festivales Lo Son del Camino en Santiago lo él Morriña Fest en A Coruña. También se crea un nuevo festival en Vigo, denominado Latitudes, que se celebrará él 19 y él 20 de agosto.
Candela Rodríguez Lorenzo
2º BAC |
|
|
|
A etapa Feixoo en cinco imaxes |
|
 Nós Diario analizou en cinco artigos as cinco imaxes máis significativas dos 13 anos de goberno de Alberto Núñez Feixoo. Examinouse polo miúdo a súa proposta enerxética, o particular código ético que empregaba, o programa que tiña para o medio rural, a súa alternativa industrial e as políticas que practicaba nas residencias de maiores.
Moitas foron as imaxes que nos deixou Alberto Núñez Feixoo nestes 13 anos que como presidente do Goberno galego. Nós Diario escolleu cinco moi significativas que explican as medidas e as actuacións do até agora líder do PPdeG.
A proposta enerxética
A primeira imaxe tivo lugar cando tomaba posesión como presidente da Xunta, o 18 de abril de 2009. Ese día as cámaras captaron o abrazo do presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán a Feixoo que explicaría o cambio de traxectoria do modelo eólico na Galiza en relación ao que viña de aprobar o Goberno de coalición entre socialistas e nacionalistas.
Abrazo entre Feixoo e Sanchez Galán
A proposta, daquela, defendía que unha porcentaxe dos complexos eólicos fosen de titularidade pública, estivesen asociados a proxectos industriais estratéxicos para o país, por exemplo ao grupo lácteo galego; e a súa localización cumprise con criterios de sustentabilidade ambiental e patrimonial.
O PP, desde a súa volta ao Goberno galego, foi o executor político da táctica definida polas grandes compañías de xeración eléctrica con intereses na Galiza. O novo mandatario galego, que fixo da derrogación do concurso eólico do bipartito un cabalo de batalla na súa campaña electoral, non tardou en cumprir a promesa, malia significar un duro golpe para as cooperativas agrarias, o sector conserveiro e a propia Xunta da Galiza, propietaria de 14% de 2.300 megawatts adxudicados polo bipartito.
A etapa Feixoo, en imaxes (I): A proposta enerxética
Ademais, nos anos de Goberno, Feixoo foi moi criticado polo movemento ecoloxista en relación ao proxecto de Lei de áreas empresariais co obxectivo de dar “prioridade na tramitación” a aqueles “parques eólicos” que “destinen 50% da enerxía que produzan á industria”.
Alén diso, a oposición cualificou de paradigmáticas as popularmente denominadas como “leis de depredación”, a primeira delas tramitada en 2017 e a segunda en 2021. As conexións entre o PP e as compañías enerxéticas están en cuestión. Nesta dirección, o abrazo do presidente galego e Sánchez Galán é un síntoma dunha relación marcada polas portas xiratorias entre estas empresas eléctricas e significados dirixentes populares.
O particular código ético de Núñez Feixoo
A segunda imaxe saíu á luz o 31 de marzo de 2013. Daquela, os vían a luz pública unhas fotografías que revolveron a política galega. As imaxes amosaban a Alberto Núñez Feixoo partillando vacacións co narcotraficante Marcial Dorado. As instantáneas tomáranse cando este último xa fora procesado no marco da chamada 'Operación Nécora'.
Feixoo con Dorado
O procedemento, promovido polo maxistrado Baltasar Garzón e o fiscal Javier Zaragoza arrancou o 12 de xuño de 1990 con 350 axentes do Servizo Central de Estupefacientes traslados á Galiza e a detención de máis dun cento de persoas relacionadas co negocio da droga na comarca do Salnés. O 6 de setembro dese mesmo ano Zaragoza formulou cargos contra 49 das persoas en prisión, entre eles Manuel Charlín Gama, Sito Miñanco, Laureano Oubiña e Marcial Dorado.
Anos antes, en xuño de 1984, outro líder do PPdeG, Gerardo Fernández Albor, mativo mentres era presidente da Xunta unha xuntanza en Portugal cun grupo de narcotraficantes galegos agochados en Viana do Castelo.
As fotos que mostraban a relación de Feixoo con Dorado foran tomadas entre 1995 e 1998, cando o até agora presidente da Xunta da Galiza pasou varias temporadas no piso do narcotraficante en Baiona e partillou viaxes de pracer a diversos puntos do Estado, de Andorra e de Portugal.
A etapa Feixoo, en imaxes (II): O particular código ético de Núñez Feixoo
A primeira declaración de Feixoo diante das imaxes aparecidas no diario español foi negar que no momento de ser tomadas coñécese os negocios ilícitos aos que se dedicaba Dorado. Sobre esta idea, sustentou a súa defensa até hoxe, chegando a afirmar a El País que “coñecía esa persoa, non coñecía a súa actividade relacionada co narcotráfico e cando tiven algunha sospeita, en 1998 e 1999, non volvín ter ningún tipo de relación con el”.
As outras explicacións do presidente galego xeraron aínda máis dúbidas sobre a relación con Dorado, unha vez que se confirmou que as empresas do narcotraficante contrataran coa Consellaría de Sanidade cando Feixoo era o seu número dous.
O programa de Feixoo para o medio rural
O fenómeno incendiario de 2006 foi a expresión da política de abandono do medio rural galego e duns deseños forestais ao servizo dos grandes poderes económicos beneficiados polo monocultivo do eucalipto. Mentres a Xunta da Galiza se empeñaba en facer fronte ao lume, o entón xefe da oposición, Alberto Núñez Feixoo, desembarcaba en camisa, vaqueiros e zapatos náuticos para sacarse unha foto cunha mangueira de uso doméstico en Meis.
Feixoo coa mangueira nun lume forestal
As conclusións extraídas por Núñez Feixoo das diversas vagas de incendios foi incidir nas políticas que provocaron os lumes. Así, 20% da superficie total da Galiza está ocupada por eucaliptos, superando de longo as plantacións as 245.000 hectáreas fixadas como máximo para 2023 no Plan Forestal Galego de 1992.
Segundo os datos ofrecidos desde a plataforma 'Por un monte galego con futuro', “a falta de realizarse o novo inventario forestal encargado polo Goberno galego, xa hai voces autorizadas alertando de que esta especie exótica invasora pode ocupar perto das 600.000 hectáreas na Galiza”.
Alén diso, o agora expresidente da Xunta deixou un país con 4.000 núcleos de poboación abandonados e que perdeu 102.000 habitantes en 10 anos, a maior parte deles naqueles zonas de tradicional especialización agraria. Precisamente, nestas áreas asístese a unha progresiva redución de servizos públicos, fechándose durante a etapa de Feixoo á fronte da Xunta 110 escolas unitarias e recortándose de xeito moi considerábel a atención médica. Tanto é así que 192 concellos, todos eles parte da denominada Galiza rural, carecen de servizo de pediatría.
A etapa de Feixoo, en imaxes (III): O programa de Feixoo para o medio rural
A maiores, a superficie agraria útil (SAU) non deixou de diminuír nas últimas décadas. Así, a última enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas, realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), indica que a SAU da Galiza é inferior a 21%, fronte a 47% de media do Estado español e 40% dos territorios da Unión Europea. Estes datos explican que entre 2010 e 2020 fecharan 15.986 explotacións gandeiras na Galiza, ficando nesa última anualidade 29.282 explotacións fronte a 45.268 activas dez anos antes.
A alternativa industrial de Núñez Feixoo
A cuarta imaxe mostra as estreitas relacións entre Emilio Lozoya Austín, presidente do monopolio estatal mexicano dos hidrocarburos, Petróleos de México (PEMEX) entre 2012 e 2016, con Feixoo. Este executivo foi detido por corrupción e a Fiscalía Xeral da República de México solicita para el 39 anos de cárcere, acusado de asociación delituosa, lavado de diñeiro e suborno. Lozoya está considerado como a peza chave no aparato de corrupción do anterior presidente mexicano, Peña Nieto.
Feixoo co máximo responsábel de Pemex
Unha das causas polas que está sendo investigado Lozoya é a compra do estaleiro de Barreras por Pemex. Sen ir máis lonxe, o 9 de febreiro de 2022, o actual director xeral de Pemex, Octavio Romero Oropeza, referiuse a esta venda sinalando que os estaleiros vigueses "estaban en bancarrota e practicamente fechados e durante unha visita decidiuse rescatalos, comprando o 51%".
"Como non chegaba ese diñeiro", continuou Romero, "encargáronse uns barcos, chámaselles floteis, [...] e cando se remataron de construír resultou que Pemex non os necesitaba. Encargáraselles nada máis que para dar negocio e viabilidade aos estaleiros, polo que se decidiu vendelos. O curioso é que cando estes barcos se ofreceron no mercado ninguén quería pagar máis que a metade do que custou construílos".
O Goberno e a prensa mexicana cuestiona o papel da Xunta da Galiza nesta operación. A este respecto, o 17 de febreiro de 2020, o prestixioso xornal El Universal destacou que "o exdirector de Pemex forxou vínculos e negocios co político Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta da Galiza, e a empresaria Mar Sánchez Sierra, tras a compra dun estaleiro a sobreprezo e mediante presuntos actos de corrupción. Eles protexían a Lozoya na Costa do Sol española". A venta de Barreras a Pemex negociada pola Xunta da Galiza rematou en fracaso.
A etapa de Feixoo, en imaxes (IV): A alternativa industrial de Núñez Feixoo
Neste sentido, a situación de Barreras non é un feito illado no sector naval da comarca de Vigo, que sofre nos últimos tempos unha crise descoñecida. Ademais, o complexo industrial é un dos máis golpeados polo programa económico do Goberno de Feixoo. Así, entre 2008 e 2021 o valor xerado polas manufacturas galegas reduciuse en perto de 8%, mentres o sector manufactureiro alemán incrementou o seu valor engadido bruto en 29%. Ao tempo, a Galiza perdeu nos últimos 14 anos 33.555 empregos no sector industrial, pasando de 154.860 ocupados en decembro de 2008 a 121.305 na actualidade. Neste sentido, a profesora da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela María Cadaval sinala a Nós Diario que "a Galiza leva perdido un de cada cinco empregos industriais desde o ano 2008".
As políticas de residencias de maiores
A pandemia deixou ao descuberto as debilidades do sistema galego de benestar. Un modelo baseado na xestión privada da atención ás persoas maiores e dirixido aos grandes operadores do negocio da dependencia. Precisamente, as residencias dirixidas por estas compañías concentraron o maior número de mortes por coronavirus.
Feixoo entregándolle a medalla de Ouro a Josefina Fernández Miguélez (Foto: Nós Diario).
Feixoo entregándolle a medalla de Ouro a Josefina Fernández Miguélez (Foto: Nós Diario).
Nesta circunstancia entre a quinta imaxe destes anos de gobeno de Alberto Núñez Feixoo: a de entrega da Medalla de Ouro do Circulo de Empresarios da Galiza a Josefina Fernández Miguélez, até setembro de 2021 conselleira delgada de DomusVi. A súa historia como directiva empresarial non se explica sen as concesións e concertos das Administracións públicas, significándose pola súa proximidade persoal e política a diversos dirixentes do Partido Popular. DomusVi é o principal grupo empresarial de centros de maiores da Galiza e do Estado.
Os seus principais accionistas son o fondo de investimentos británico Intermediate Capital Group e o magnate francés do negocio da xeriatría Yves Journel, ficando acreditada a presenza do grupo en diferentes paraísos fiscais.
As residencias de DomusVi concentraron o maior número de decesos por coronavirus durante a pandemia nese tipo de centros. Os diferentes estudos elaborados por entidades privadas do ámbito da dependencia e, tamén, polas Administracións públicas sinalan que a mortalidade foi máis elevada nos centros de maiores de xestión privada que nos públicos.
Sen ir máis lonxe, unha investigación elaborada pola Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Compostela para a Xunta da Galiza, con datos a 30 de xuño de 2021, indica que “a taxa de incidencia da Covid foi superior de forma significativa nos centros con titularidade privada en comparación cos centros de titularidade pública”.
A etapa de Feixoo, en imaxes (V): as políticas de residencias de maiores
Entre as causas disto, segundo o Consello de Contas e atendendo a información dos servizos de inspección da Consellaría de Política Social, denunciou en 2017 que “o número de persoas de atención directa que traballaban ese día [no da inspección] no centro non cumpre coa ratio mínima de 0,35 por usuario estabelecida” ou que “en 14 actas constan incumprimentos sobre o cadro de persoal ofertado, o que nalgúns supostos implica un incumprimento da ratio mínima de persoal de atención directa”.
Nesta situación, o PP tense negado a asumir as demandas das forzas da oposición e das asociacións de familiares de usuarios de residencias que esixen un cambio de rumbo. Nesa dirección, os deputados populares defenderon a Josefina Fernández Miguélez durante a súa compracencia no Parlamento da Galiza en novembro de 2020, cando se negou a asumir responsabilidades polas mortes nas súas residencias.
Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato |
|
|
|
|
|
|
|
|