Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alfonso Rueda, nuevo presidente de la Xunta de Galicia
Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra, 1968) ha sido elegido nuevo presidente de la Xunta. El sexto desde que recuperó la autonomía hace 41 años. Así lo ha decidido este jueves el Parlamento gallego en la votación posterior al debate de investidura que, como era de esperar, ganó con el apoyo de los 41 diputados del grupo del PPdeG -Pedro Puy no pudo votar al ausentarse por indisposición-. También como era de esperar, los 33 diputados opositores del BNG y el PSOE votaron en contra.
Así le sucede a Alberto Núñez Feijoo, que con este voto se despide del Parlamento gallego y de la vida política en la comunidad.


María Ferreiro 1º Bach-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-05-2022 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
O inesperado final de Domingo Villar
Morrer no Cunqueiro é moi literario, pero nin morrendo no Cervantes querería ninguén no seu san xuízo deixar de escribir. Domingo Villar foise deixando tres novelas e un sentimento de pena infinita entre os seus seres queridos. Entre os seus miles de lectores tamén, pero polo menos eles teñen a sorte de que poderán seguilo sendo cada vez que revisiten a súa obra. Ao autor non lle deu tempo de escribir o epílogo para Leo Caldas. Como imaxinar que antes se ía redactar o seu. O escritor vigués finou este mércores aos 51 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi ingresado na madrugada do luns tras sufrir un infarto cerebral do que non se recuperou.
As historias de Villar, o gran supervendas contemporáneo galego, irromperon con enorme calado no mercado editorial hai tres lustros coa novela Ollos de auga, escrita orixinalmente en galego e publicada por Galaxia, e traducida polo propio autor ao castelán para Siruela. O recén chegado ás letras, con 35 anos, saltou disparado ao escenario internacional traducido ao inglés, o francés e o italiano, e o abano de linguas (ruso, alemán, búlgaro...) non deixou de medrar nas seguintes entregas nas que sempre estaba a trama urbana de Vigo e a paisaxe de Nigrán, O Morrazo, O Porriño ou Pontevedra.
A noticia do pasamento de Domingo Villar foi un mazazo para ambas editoras. Desde a galega confesábanse consternados: “A morte sempre é dura de aceptar, pero cando falamos dalguén tan novo, tan cheo de vida e alegría como era Domingo Villar, daquela vólvese algo inaturable. Dende a Editorial Galaxia sumámonos á dor da súa familia, de Bea e dos seus tres fillos, así como dos milleiros de lectoras e lectores que Domingo Villar tiña espallados por todo o mundo”.
A súa editorial en castelán, Siruela que como Galaxia, máis que empresas tiñan entidade de amigas ou segundas nais que esperan pacientes dez anos a que un dos seus fillos favoritos acabe a terceira novela, informou de que por expreso desexo da familia non habería acto público para un adeus que a bo seguro ía ser multitudinario. O seu círculo máis cercano, a súa nai, Rita; a súa dona, Beatriz; e os seus fillos Tomás, Mauro e Antón, despedirano na máis estrita intimidade.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-05-2022 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
A novela negra está de loito
A noticia sorprendeu a todos: Domingo Villar falecía onte, con tan só 51 anos de idade, tras sufrir un infarto cerebral. O autor, pai do noir galego e un dos escritores con maior proxección internacional, deixa unha triloxía policial de enorme éxito popular e un volume de contos que se converteu na súa derradeira obra.
A novela negra, que paradoxo, está de loito. A morte de Domingo Villar aparca o debate sobre se debemos falar de policíaca ou de noir para pór en primeiro plano a protagonista real do xénero, a morte. A morte imprevista e sorprendente -en realidade, todas o son- que alcanzou onte a un autor que creou unha etiqueta, un xénero propio: a novela negra galega. Domingo Villar faleceu con só 51 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresara na segunda feira tras sufrir un infato cerebral.
Villar era un escritor atípico, alguén que parecía ser un autor ao seu pesar. Escribía sen alardes, con ambición -declaraba ter tirado centos de páxinas ao lixo por non posuíren a emoción que se lles esixía-, mais sen asomo da autosuficiencia e da egolatría que tantas veces se lles atribúe aos creadores. Fuxía dos focos, mais era extremadamente amábel cando daba unha entrevista. Non parecía crer nos grandes discursos que xustifican a obra, mais explicaba a súa cunha naturalidade que desmontaba calquera suspicacia.
Se cadra era unha persoa que observaba o mundo coa mesma distancia irónica que Leo Caldas, o personaxe que lle deu popularidade desde a primeira novela, Ollos de auga. O inspector da Policía Nacional, afeccionado ao jazz e á viguesa taberna do Elixio, contou desde o primeiro momento co favor do público, que o catapultou á fama e o consolidou como o creador dun novo estilo de facer policiais: nacera a novela negra galega.
Inapelabelmente ligado á paisaxe da ría de Vigo e a un carácter galego reflexivo e retranqueiro -e comicamente incomprensíbel para o seu axudante zaragozano-, Leo Caldas reapareceu na seguinte novela de Villar, A praia dos afogados, que o afianzou como un dos escritores da Galiza con maior proxección internacional.


Carla Mascareñas Miranda
1 Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-05-2022 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Descontrol en O Couto ante a festa que colapsou a Dalí
A Panorama tivo que para unha hora por falta de seguridade e o Concello afirma que foi un “éxito total”.
O recinto das festas de O Couto para a actuación da Panorama ante máis de 10.000 persoas non estaba preparado. A falta de previsión do Concello de Ourense provocou que o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, valora como “éxito total” fose unha aglomeración multitudinaria de xente na rúa Dalí sen vallas nin control de acceso. Esto obligou á Panorama a pedir, ata en tres ocasións, que non entrase máis público. A formación interrumpiu a actuación por recomendación das autoridades (amenazando con suspendela) e o que iban ser 10 minutos de parón para que os axentes controlasen a situación convertiuse nunha hora de espera, mentres a Policía Local controlaba (unha hora e media despois do inicio do concerto) os accesos ao recinto e cortaba as rúas próximas á orquesta, abarrotadas. De feito, estaba previsto para as 4.30 horas o final da actuación e a Panorama parou unha hora antes.
As queixas de grupos que tiveron dificultades para saír do recinto sucedéronse despois do ocorrido na madrugada do luns. A Panorama chegou a pedir “disculpas” polo parón, xa que “as autoridades así nolo recomendaron ante a gran afluencia de público”. O cantante da orquesta, Diego Moreira, explica que “primeiro veu a Policía Local a recomendarnos que parásameos, era un espazo
bastante reducido e a xente estaba moi apretada”. Moreira sinala que nunca lles ocurriu algo similar, “a comisión estaba asustada, foise das mans porque non contaban con tanta xente”. Por outro lado, agradece o “comportamento exemplar” do público, que evitou que a situación fose a peor.
Sen embargo, a postura do Concello dista moito de pedir disculpas. Admiten que a afluencia do público “superou as previsións” e obligou a un “gran traballo por parte das forzas de seguridade para afrontar a situación”, non habendo que “lamentar feitos relevantes”. Ademais da Policía Local, a Nacional colaborou nos controis na orquesta tras desatarse a locura. Jácome sinalou onte o
“flipante” que lle resultaron as críticas, xa que “foron máis de 10.000 persoas a disfrutar do lindo pero só escriben o que non lles gustou” e responsabiliza aos funcionarios de que non houbera un “plan de autoprotección”. Desde a comisión de O Couto agradecen a colaboración do Concello e consideran que non houbo falta de previsión.


Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-05-2022 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
“A foto do buraco negro foi unha alegría enorme porque demostra que Einstein tiña razón”
Con 17 anos, Raquel Fraga-Encinas marchou estudar aos Estados Unidos. Abandonou o seu Ourense natal e nunca exerceu profesionalmente en Galicia. Estivo períodos curtos de tempo en Andalucía e Cantabria pero acabou marchando a Holanda. Reside alí dende 2013 e traballa na Universidade de Radboud, onde desenvolve o seu doutoramento en astrofísica. Fraga-Encinas está detrás dun dos fitos científicos máis emocionantes dos últimos anos: integrou o equipo capaz de sacar a primeira fotografía dun buraco negro en 2019. Agora, volve repetir a fazaña. Tamén forma parte das filas de científicos que conseguiron retratar Saxitario A*, o buraco negro situado no centro da nosa galaxia, a Vía Láctea. Isto marca un antes e un despois na historia da astrofísica ao conseguir corroborar as teorías de Einstein. O que tan só eran predicións convertéronse en realidade.


Silvia Martínez Pedrouzo
1º Bach - A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
RINCÓNS PARA PASAR ESTES DÍAS DE CALOR EN OURENSE
A provincia de Ourense conta cunha ampla oferta de praias fluviais e outros espazos de baño ao aire libre, e estes días de bo tempo e temperaturas estivais son unha gran oportunidade para gozar delas.
Aproveitando esta circunstancia favorable propoñémosche oito lugares perfectos para refrescarche en Ourense. Iso si, para chegar a calquera deles haberá que coller o coche e completar uns quilómetros.
Imos falar sobre tres deles:
A Cidadella (Vilardevós)
Na comarca de Monterrei numerosos ríos e lugares para o baño agóchanse lonxe do bullicio dos núcleos de poboación. Un deles é A Cidadella (Vilardevós), perfecto para relaxarse na auga que cae do alto do monte. Ademais, dispóñense mesas para poder comer ao aire libre en plena natureza.
Praias fluviais da Veiga
Un espazo tranquilo e amplo para o baño que cada vez está máis de moda na provincia.
Piscinas de melón
Un dos lugares máis demandados polos ourensáns para bañarse é as Pozas de Melón. Iso si, haberá que tomar algunha precaución á hora de entrar na auga, xa que as pedras do lugar adoitan ser esvaradíos.
As piscinas teñen un aparcadoiro próximo, polo que, a pesar da gran afluencia de xente nos días de bo tempo, deixar o vehículo aparcado non será un problema.

Tamén hai moitos máis lugares fermosos para ir estes días de calor intenso como: Leiro, Praia fluvial de Avión, Praia fluvial de Padrenda no río Miño, Náutico Castrelo de Miño, Praia da Antena...


Valentina Fernández Colmenero
1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Goberno aproba o plan para limitar o prezo do gas e abaratar a electricidade durante un ano
O Consello de Ministros deu luz verde este venres á limitación do prezo do gas utilizado para a xeración eléctrica, un mecanismo que permitirá reducir case un 40% a factura da luz aos consumidores acollidos a tarifas indexadas ao mercado maiorista ( piscina).
"Por primeira vez non pagan o mesmo. Por primeira vez as medidas que se adoptan (...) teñen como finalidade fundamental reducir os beneficios extraordinarios das compañías eléctricas" e que "haxa beneficios netos para todos os consumidores". ", defendeu a vicepresidenta Terceira do Goberno, Teresa Ribera, ao anunciar a aprobación.
Neste sentido, o tamén ministro da Transición Ecolóxica reprochou ás grandes eléctricas a súa falta de resposta nos últimos meses ante o aumento do prezo da electricidade.
"Gustaríanos moito que se comportaran máis acorde coa capacidade de pago dos fogares ou coas necesidades dos industriais", apuntou Ribera.
O mecanismo que se ten negociado con Bruxelas establece que durante os próximos doce meses o gas custará uns 40-50 euros/megavatio hora (€/MWh), preto da metade do prezo que marca hoxe esta materia prima.
Ribera explicou que o prezo por xunto da electricidade roldará os 130€/MWh, fronte aos 210€/MWh que custou de media durante o primeiro trimestre do ano, o que supón case un 40% menos.
"O efecto máis inmediato é que a única electricidade que se vai pagar a custo do gas é a que se xera con gas natural. Eliminamos o efecto contaxio ao resto das enerxías (...), o que suporá un importante redución dos beneficios extraordinarios (...)”, dixo Ribera.


Nerea Formoso Requejo
1º Bach - A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
O galego ferido na explosión da Habana vive unha certa "recuperación"
O mozo das Pontes ferido na explosión do hotel Saratoga da Habana (Cuba) experimentou unha certa "recuperación" dentro da gravidade que presenta, información que apunta ao "optimismo", segundo explicou este luns o delegado do Goberno en Galicia. , José Miñones.

"A última noticia que nos conmove é que, dentro da seriedade, está a ter unha recuperación e, polo tanto, hai que tomalo con optimismo e hai que tomalo con esperanza", dixo o delegado a preguntas dos medios sobre o situación do mozo, que permanece ingresado en Cuba.

José Miñones quixo trasladar, en nome do Goberno, "todo o cariño ás familias" tanto do mozo ferido como da súa noiva, falecida como consecuencia da explosión, e indicou que todo o Executivo e el mesmo están en contacto directo con eles e coa embaixada e o consulado.

Sobre o mozo ferido, ademais das noticias sobre a súa evolución, Miñones sinalou que a súa familia xa viaxou a Cuba e están en contacto co embaixador para que "os acompañe en todo o necesario".

En relación á falecida, natural de Viveiro, o delegado do Goberno reiterou que a intención é "acelerar ao máximo" "todos os prazos necesarios" para a súa repatriación. "Hai que facelo ben, é o principal obxectivo", dixo Miñones, quen lembrou que se trata de "prazos normalmente longos".


María Ferreiro
1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega celebrará na Aira dos Bolos de Córgomo o pleno do Día das Letras Galegas
O vindeiro martes 17 de maio, a Real Academia Galega (RAG) celebrará a súa sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas en Córgomo a vila natal de Florencio Delgado Gurriarán. O acto desenvolverase na Aira dos Bolos, un lugar cargado de simbolismo na vida e na obra do autor homenaxeado, e consistirá en tres alocucións sobre o poeta a cargo da académica Rosario Álvarez Blanco e dos académicos Ramón Villares e Xesús Alonso Montero. Pechará o pleno o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.
A celebración será unha festa aberta a toda a veciñanza nun espazo onde se adoitaba xogar aos birlos, unha tradición que Delgado Gurriarán inmortalizou nas páxinas de Galicia infinda nos versos «Os bolos ralban louxados, s bola ralba penedos... É que xogan, mau a mau, o Severino i o Ferros», pertencentes ao poema titulado Córgomo de Valdeorras, que dedicou, xa dende o exilio en México, aos seus veciños.
O historiador Ramón Villares trazará un percorrido pola biografía de Florencio Delgado Gurriarán, cuxa figura encarna o activismo cultural desenvolvido polos galeguistas que fuxiron a México, tendendo sempre pontes co exilio interior. Na súa persoa, a RAG réndelle así homenaxe por primeira vez na gran festa das Letras Galegas á diáspora mexicana, da que formaron parte tamén o cineasta Carlos Velo, o editor Alexandre Finisterre, o profesor Luís Soto, o arquitecto Xosé Caridad Mateo, o escultor Uxío Souto, Ramiro Isla Couto, Elixio Rodríguez, Xermán Rañó, Carlos Tomé ou o pintor Arturo Souto. Todos foron nomeados polo propio Florencio Delgado Gurriarán no discurso que pronunciou ao ser recibido como académico correspondente da RAG, nun acto celebrado no Barco de Valdeorras en 1981.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Deputación de Pontevedra homenaxea a Delgado Gurriarán con música e literatura
O ente provincial celebrou onte un acto no que o escritor protagonista das Letras Galegas 2022 foi exe central de cancións, cómics, investigacións e críticas literarias.
A Diputación de Pontevedra, a través da diputada de Lingua e Memoria María Ortega, reivindicou onte a Florencio Delgado Gurriarán como exemplo da loita polo país e a lingua, ademáis de ser "semilla de novos proyectos para facer brotar a Galicia infinita que tan ben contou". Esta posta en valor do autor realizouse no acto central das Letras Galegas 2022 da institución provincial en Pontevedra, onde abordouse a súa figura dende a música, o cómic, a investigación, a crítica literaria e a traducción da mao da cantautora Sheila Patricia, o ilustrador Kiko de la Silva, o biógrafo Ricardo Gurriarán, o profesor Miro Villar e a escritora e traductora Tamara Andrés.
O homenaxe ao autor de Córgomo comenzou coas palabras da diputada de Memoria e Lingua María Ortega, quen señalou que Florencio Delgado Gurriarán representa a perfección da loita polo país que levou a cabo a súa xeración "e que nós vindicamos como legado". Subliñou que a pesar da sua importancia e o esforzo que fan dende fai décadas personas expertas, a súa trayectoria non é de sobra coñecida.
Por todo esto, a deputada destacou a conveniencia de dedicarlle as Letras Galegas deste ano e de estudar e divulgar a súa figura. Neste sentido, explicou que a Diputación puxo en marcha varios traballos, entre eles a edición dun cómic sobre Delgado Gurriarán destinada a xente xoven a cargo dA Garaxe Hermética, outro libro de Polo Correo do Vento para nenos, que unese a espectáculos que irán a 35 municipios da provincia, a adquisición de libros do autor para repartir entre bibliotecas municipais e centros de ensinanza, así como a celebración de actos como o de onte ou o acto de Vigo do próximo martes 24 có espectáculo 'A alegría de volver' de Serafín Marcos.


Carla Mascareñas Miranda
1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0