Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A xente non fala a lingua que se marca nun decreto, considera Política Lingüística
Valentín García di que monolingües en galego só se atopan en zonas "moi
rurais".
O secretario xeral de Política Lingüística do Goberno galego, Valentín García,
sostivo esta quinta feira, 29 de abril, en sede parlamentar que o número de
galegofalantes non se reduciu nos últimos anos senón que mudou. "Galiza en
40 anos non é o mesmo país, e se cambiou Galiza como non ían mudar os
galegofalantes?", preguntouse, afirmando que a poboación optou por
trasladarse do rural ás contornas urbanas onde o castelán ten maior
predominancia. 
Nese sentido, considerou que mudar eses comportamentos non é doado para
os Gobernos, "ninguén fala a lingua que se marca nun decreto", engadiu.
"Falantes monolingües en galego agora mesmo hai que buscalos en ámbitos
moi rurais cuns hábitos de vida moi específicos", aseverou, negando que
mesmo o euskera teña falantes monolingües.
"Non existen", dixo, sostendo que "na sociedade en que vivimos non podemos
pedir á xente que sexa monolingüe en galego".


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-05-2021 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
O legado de Fontán: Cultura e ciencia urxen a protexer o patrimonio documental da Galiza.
Na mañá da sexta feira Nós Diario publicou na súa edición electrónica unha reportaxe na que se daba noticia da posta á venda dun exemplar da carta xeométrica de Domingo Fontán, datada en 1845, por un prezo de 65.000 euros. Unha información que volveu pór no foco a desprotección do patrimonio cultural e, nomeadamente, documental da Galiza e a necesidade de artellar mecanismos e ferramentas institucionais que velen pola súa conservación e favorezan o seu estudo e investigación.


O coñecido como mapa de Fontán viviu un proceso de elaboración, exhaustivo, que se prolongou durante 17 anos. Tomou como punto de partida, ou quilómetro cero, a posición xeométrica e astronómica da torre da Berenguela da catedral compostelá e, desde alí Domingo Fontán percorreu a pé e a cabalo toda Galiza para recoller os principais accidentes xeográficos e 4.000 igrexas.

A carta xeométrica, que consta de 12 follas que miden unidas 251x232 centímetros, contén "información tan valiosa e tan singular para a historia da cartografía, xa non só da Galiza ou de España, senón posibelmente de Europa, e tamén da nosa propia historia nos últimos 200 anos, que debera estar gardado por institucións públicas que traballen no seu mantemento, na súa conservación e, sobre todo, que permitan que as persoas investigadoras que estudamos a obra de Fontán teñamos acceso directo a esa información", explica o profesor e responsábel do Laboratorio Cartográfico da Universidade da Coruña (CartoLab), Alberto Valera.


Xunto á decana de Matemáticas da Universidade de Compostela, Elena Vázquez, Varela é da opinión de que "nun caso como este, do que hai moitos exemplares en circulación, entendo que algúns poidan estar en mans privadas que tenten tirarlle beneficio económico", mais si consideran que é necesario protexer o legado do xeógrafo.

Na mesma liña pronúncianse o arqueólogo Felipe Senén e o historiador Cesáreo Sánchez. O primeiro considera que "as administracións deberan controlar e incluso adquirir este tipo de valores que teñen unha gran significación cultural e histórica". E sinala que hai ferramentas políticas de control, "non só hai que facer escavacións arqueolóxicas, senón tamén investigación e documentación".


Cesáreo Sánchez apunta a necesidade de que se declare o mapa de Fontán Ben de Interese Cultural (BIC). "Isto implicaría, con obras como esta, que saísen á luz, a Administración galega tería a capacidade de comparecer para que non se vendese a alguén que non fose a propia institución", explica Sánchez.

O estudoso tamén sinala que "é importante que, dalgún modo, a Administración se responsabilice de que aquel patrimonio que estea fóra da Galiza e sexa posíbel recuperar se retorne, e o que non se poida recuperar que sexa dixitalizado e posto a disposición das investigadoras e dos investigadores galegos".


"Creo que este caso debe petar nas nosas conciencias e na responsabilidade da Administración sobre o patrimonio. O documental é o máis fráxil e o que esta máis exposto a estas vulneracións", recalca. Unha responsabilidade que Felipe Senén fai extensíbel a oficios como os dos teares ou da cantaría, que non dispón dun museo de iniciativa pública, "alén do Museo do Pobo Galego, que partiu do privado".


Alén do mapa de Fontán, o arqueólogo Felipe Senén quere pór o foto noutro patrimonio documental, pois "mapas de Fontán abundan moitos, edicións moi diferentes e a prezos moi, moi desorbitados", pero sinala, en portais como o que agora o ten á venda, tamén se ofrecía "por un prezo semellante un manuscrito de Xosé Cornide co estudo orixinal sobre a Torre de Hércules".

Tamén Cesáreo Sánchez se referiu á documentación de Cornide para engadir que "o caso de Fontán debe servirnos para chamar a atención sobre o acceso ao patrimonio documental, que estea protexido para que poida ser investigado, traballado e transmitido ás xeración futuras".

O portal de compra-venda 'Todo colección' recolle un exemplar datado en 1845
A carta xeométrica da Galiza elaborada, no século XIX, por Domingo Fontán imprimiuse en París en 1845 e dous anos despois as 550 copias chegaron ao Estado español. Delas, 450 foron remitidas ao Goberno, 50 foron distribuídas entre deputados, senadores e gobernadores civís da Galiza, e os 50 restantes foron remitidos con posteridade e entregados ao Executivo galego.

Reproducións deste mapa están no Parlamento galego, no Pazo de Trasalba ou na sede da Real Academia Galega e agora, tamén á venda en Internet pola cantidade de 65.000 euros. O exemplar pono no mercado un residente en Madrid que fala do "bo estado de conservación” do mesmo, “tendo en conta que nunca foi restaurado”. "Estamos ante algo único polo seu valor histórico", afirma.

Pablo Estévez Taboada - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2021 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
«Este ano dobraremos o persoal, ata preto dos 2.000 traballadores»
Raúl López López (Sarria, 22 de agosto de 1950) é un galego orgulloso de selo, e exerce. Non é de si ou de non, aproxímase máis ao depende. O presidente do grupo Monbus ten a arte de desenmarañar unha discusión áspera.

-Canto factura o seu grupo?
-Son moitas empresas... as UTE [unións temporais de empresas], nas que nunhas temos maioría, e noutras non; unhas consolidan e outras non... Uns 140 millóns de euros.

-E persoal?
-Pasa de mil traballadores, e coas adxudicacións que poñeremos en marcha este ano chegaremos a preto dos 2.000.

-O seu pai díxolle un día: mellor compras Renfe.
-O meu pai era un home moi diplomático. Morreu moi novo, aos 65 anos. Se debía algo, queríao pagar. Chegou a primeira operación de compra da compañía Monforte, que lla adquirimos aos Botas, de Ferrol. Aos socios o meu pai non os coñecía. Cando lle tiven que informar, no canto de dicirlle compramos díxenlle: véndese Monforte e podiamos ter a oportunidade... E como el era como era díxome: «Eu creo que o primeiro que tes que facer é comprar Renfe».

-E vostede vai comprar Renfe? Van a liberalizar o transporte.
-Non, que vai, que vai. O transporte ferroviario vive de subvencións. Se se privatiza, deixa de ter apoios estatais; entón... é competencia entre comiñas.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2021 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
O Concerto das Letras Galegas terá ritmo de hip hop
O Consello da Cultura Galega celebrará o vindeiro 16 de maio no auditorio Mar de Vigo o seu tradicional Concerto das Letras Galegas. O Concello de Vigo colabora na realización deste proxecto que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas. O concerto, que comezará ás 20.00 horas, será presencial, pero poderá seguirse en directo desde o web do CCG e da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG. As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar desde hoxe a través da plataforma Teuticket.
O Concerto das Letras Galegas é unha aposta consolidada do CCG para celebrar dunha maneira festiva o Día das Letras Galegas, e este ano pretende ser tamén unha homenaxe ás vangardas e aos novos creadores. «Quixemos darlle o protagonismo aos máis novos, facendo que Xela Arias sexa coma unha ponte entre diferentes xeracións» asegurou a presidenta Rosario Álvarez na presentación desta cita. Canda ela, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o carácter transgresor da figura homenaxeada e conectouno co «momento de fervedoiro que viviu Vigo en diferentes eidos como o sindical, laboral, cultural e musical e que marcou unha época».
A undécima edición do Concerto das Letras Galegas afastarase de rexistros anteriores para amoldarse ao universo plástico ideado por Xela Arias. «Queríamos un concerto ao que pensamos que asistiría a propia Xela», asegurou a presidenta do CCG ao tempo que explicou que foi en Vigo onde «se fixo a poeta que todos celebramos, aquí se conformou a súa personalidade e a súa obra, e Vigo, en toda a súa extensión, está presente na súa obra».
Laura LaMontagne e PicoAmperio ofrecerán un concerto de ambiente hip hop, con DJ set no que haberá un gran protagonismo audiovisual a cargo do videocreador Borja Bernárdez, coa axuda do deseñador Raul Silva que executará as luces creadas especificamente para este concerto. O cartel do concerto é obra da deseñadora Uqui Permui.

Paula Rey-Stolle González, nº 20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2021 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
A cuarta onda contense en Galicia a pesar do aumento sostido de casos activos.
2.977 casos activos en Galicia, 38 máis nas últimas 24 horas, nun novo día de ascenso contido. A comunidade leva semanas debuxando esa liña de incremento constante, pero moi afastado ao vivido nas tres ondas anteriores. Entre as seis da tarde do xoves e a mesma hora do venres detectáronse outros 204 contaxios -fronte aos 253 e os 220 dos dous balances anteriores-. A pesar dos aumentos, Galicia conta coa taxa de positividad máis baixa do país, isto indica, en última instancia, que a transmisión está baixo control. O 2,4 % de todas as probas realizadas guindan un resultado positivo, lonxe do 5 % que marca a OMS para considerar que o brote está contido e tamén a moita distancia do 7,4 % da media estatal.
A situación cambia en función das áreas sanitarias, con Vigo acumulando o 35 % dos positivos galegos no último reconto e á cabeza de casos activos con 843. A Coruña ten 729 pacientes (1 máis), Pontevedra 469 (3 máis), Santiago 346 (7 máis), Ourense 265 (2 máis), Lugo 205 (5 menos) e Ferrol 120 (10 máis).
O número de pacientes hospitalizados descendeu ata os 189 -dez menos-, segundo os últimos datos facilitados polo Sergas. As ucis mantéñense con 43 ingresados e outros 146 atópanse no resto de unidades. A área sanitaria de Ourense é a que ten un maior número de enfermos en críticos, son 10 pacientes, mentres que A Coruña atende a 9 e Vigo a 8.

Juan García Ocampo - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2021 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Un veleiro de luxo a mil euros diarios
Navegar neste cruceiro ultraprémium costa un mínimo de mil euros ao día. Cando se poida gozar del, porque, por agora, os barcos da navieira hibernan en Canarias, como moito do seu compatriotas alemáns. O estaleiro vigués Metalships & Docks, a división de aceiro do grupo Rodman, entregou a Sexa Cloud Cruises do grupo armador Hansa o buque Sexa Cloud Spirit, un dos máis luxosos e o segundo veleiro máis grande do mundo. Tras a entrega, o estaleiro especializado na construción e reparación de todo tipo de embarcacións en aceiro e aluminio, finaliza este mes de abril os últimos detalles antes de que o Sexa Cloud Spirit poida partir da ría de Vigo.
Este cruceiro , que se destinará a viaxes de luxo ao redor do mundo, ten capacidade para 138 pasaxeiros e 90 tripulantes, contando con 69 camarotes, 25 deles con terraza privada de sete metros, e 49 cabinas para a tripulación. Unha travesía nos camarotes máis caro custará 17.000 euros, segundo Jorge Ramos, director de produción do estaleiro.

María Laforga Pérez 2 BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2021 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
O recibo da luz rexistrou en abril unha subida histórica do 46 %
Mentres as compañas comercializadoras e distribuidoras de enerxía traballan xa na reprogramación dos contadores para o gran cambio que experimentará a factura da luz a partir do 1 de xuño -cos novos tramos horarios?, os recibos correspondentes ao mes de abril que recibirán os consumidores farán un roto nas súas contas. Non é para menos. A factura media de electricidade encareceuse nas últimas catro semanas un 15 % con respecto a marzo e disparouse case un 46 %, unha cifra histórica, se se compara co mesmo mes pero do 2020, mantendo así as subidas que iniciou o mes pasado, despois da tregua dada en febreiro polo impacto da borrasca Filomena e a onda de frío.
Para un usuario doméstico, o recibo medio ascende a 73,17 euros, fronte aos 63,59 euros de marzo, segundo os datos recompilados a partir do simulador da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), informa Europa Press. Se se compara co mesmo mes do 2020, o aumento dese case 46 %, tradúcese nun encarecemento de máis de 23 euros.
Un ano antes
Este forte aumento interanual débese a que en abril do ano pasado produciuse unha importante caída da demanda debido ás restricións aplicadas tras a declaración do estado de alarma, en plena pandemia do coronavirus. Entón, o prezo do quilowatt baixou ata mínimos dos últimos 16 anos. E agora, doce meses despois, a factura é a máis cara dos últimos 10 anos.
Entre as razóns da actual escalada, que levou as tarifas case a máximos históricos, atópase o encarecemento dos prezos de emisión de CO2 en Europa, que segue sendo determinante para a fixación das tarifas no mercado almacenista español, segundo explica a organización de consumidores e usuarios Facua.
Ante esta situación de subidas continuadas, a asociación reclama ao Goberno de Pedro Sánchez que acelere os compromisos en materia enerxética, como a baixada do prezo do termo de potencia, unha tarifa máis reducida para os primeiros quilowatts consumidos e a eliminación da retribución que reciben no mercado almacenista determinadas tecnoloxías.

Martín Lage Fernández Nº 15 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-05-2021 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
47 anos dunha revolución con caraveis no canto de balas

Na madrugada do 25 de abril de 1974, unha operación instigada polo Movemento das Forzas Armadas (MFA), desatada ao soar Grândola, Vila Morena en Rádio Renascença, rematou coa ditadura en Portugal, que se alongara durante 48 anos. Aquel día a democracia abriuse paso no país veciño.

Así as cousas, aquela data sería por sempre coñecida como a Revoluçao dos Cravos, en referencia á icónica imaxe de centos de manifestantes colocando caraveis nos fusís dos militares, que foran enviados polo Goberno da ditadura para conter as mobilizacións, mais negábanse a abrir fogo contra a poboación civil.

A responsábel da acción, tal e como lembra este domingo o núcleo na Galiza da Associaçom José Afonso, foi Celeste Caeiro, unha lisboeta de orixe galega empregada nun restaurante que ese día ía celebrar o seu primeiro aniversario. Por iso mercara as flores. Porén, o local non abriu aquel día, xa que nas rúas estaba a decorrer unha revolución pacífica.


"A Celeste foi ao Rossio, onde os tanques militares aguardavam ordens de Salgueiro Maia, levando as flores consigo. Um soldado pediu um cigarro à Celeste, mas nom era fumadora e tudo o que tinha para lhe dar era um dos cravos que tinha trazido do restaurante", explica a AJA.

O soldado aceptou o caravel e colocouno no canón da súa arma. Os seus compañeiros repetiron o xesto e Caeiro repartiu todas as flores que tiña. Horas máis tarde, moitas e moitos floristas sumáronse a esta acción simbólica e comezaron distribuír esa flor que hoxe é "símbolo da liberdade e a luita contra o fascismo". Celeste Caeiro cumprirá 88 anos o vindeiro 2 de maio.

Grândola, o outro símbolo da revolución vencellado á Galiza

"O povo é quem mais ordena", reza o Grândola, o himno composto por José 'Zeca' Afonso que sonorizou a revolución portuguesa. Porén, un feito pouco coñecido é que a canción non soou por primeira vez en Portugal, senón na Galiza.

O Zeca, firme defensor da unión social e cultural dos pobos luso e galego, interpretou o Grândola o 9 de maio de 1972, dous anos antes da Revoluçao dos Cravos, ante 2.000 persoas congregadas diante do Burgo das Nacións de Compostela. Era a súa primeira xira musical pola Galiza.


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-04-2021 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Vacinados, agora vivimos máis tranquilo
Ninguén o discute: neste momento, o covid só ten un inimigo, as vacinas. A diferenza entre
recibilas ou non, para a maior parte da poboación, é fundamental. Falamos con cinco
persoas das catro provincias e de diferentes sectores para constatar como se vive
inmunizado. A maioría di que a súa vida non cambiou significativamente, pero todos están
de acordo en que a vacina, cando menos, achegoulles tranquilidade e que as cousas ven
doutra maneira cando sabes que non vas enfermar de covid.
«Foi coma se pasáseme un camión por encima». Pablo Carreira é un fisioterapeuta que
traballa nunha residencia de maiores na Coruña. Así que foi un dos primeiros en ser
vacinado. En decembro recibiu a primeira picada e completou a pauta de Pfizer no seu
tempo, sen atrasos: «Coa primeira dose tiven un pouco de dor de cabeza, pero a segunda
foi coma se pasáseme un camión por encima. Non puiden ir traballar». Pero foi só un día.
Pablo admite que albergaba desconfianza cara á vacina: «Parecíame que había bastantes
intereses económicos para sacala ao mercado moi rápido e talvez mal, pero un médico da
residencia deunos unha charla sobre como actuaba.
Esa charla e o feito de que a axencia europea autorizásea, fixéronme cambiar de opinión».
«A miña vida apenas cambiou coa vacina», di este mozo profesional, que segue mantendo
as precaucións lóxicas que impón o covid: «Ao principio da pandemia estaba máis
inseguro, pero en canto sóubose como actuaba o virus, sentín máis tranquilo». Subliña que
o estar vacinado non lle libera de poder contaxiar a outros: «Dá igual que eu estea
vacinado. O importante é que esteamos vacinados todos». En canto ao futuro, a única porta
que considera que se lle abriu é a das viaxes internacionais: «Si, agora expóñomo, poder
saír de España de vacacións, porque o ano pasado non puiden».


Alba Millán Borrajo
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-04-2021 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
India supera as 190.000 mortes por covid no medio dunha grave crise sanitaria
As imaxes de cremacións de aparcamentos, enfermos que morren fóra dos hospitais
ou que buscan subministración de osíxeno para salvar a vida mostran o inferno no que
a feroz segunda onda de coronavirus converteu a India. Este sábado, por terceiro día
consecutivo, o número de infeccións foi superior ao rexistrado en calquera parte do
mundo desde que comezou a pandemia o ano pasado: 346.786, o que leva o reconto
provisional a 16.610.481. Os hospitais non poden seguir o ritmo e quedan sen osíxeno,
camas e medicamentos antivirais. Na capital, Delhi, moitos pacientes foron rexeitados
porque simplemente xa non hai espazo para eles. Rexístrase unha morte cada cinco
minutos.
A rápida propagación da pandemia polo país asiático sorprendeu aos científicos, que
non entenden como as cifras poden ser tan altas despois de que hai uns meses os
datos dos anticorpos suxerisen que moitas persoas en cidades como Delhi e Chennai
xa estaban infectadas. Segundo as estatísticas, o peor xa debeu pasar. Pero non é así.
Os investigadores intentan descubrir por que as perspectivas son tan desoladoras.
Segundo se explica na revista 'Nature', podería deberse a unha confluencia de
factores, como a aparición de variantes especialmente infecciosas, un aumento das
interaccións sociais sen restricións e unha baixa cobertura vacinal.


Sara Blanco Daparte
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-04-2021 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0