|
|
|
Black Eyed Peas, Iggy Pop e David Guetta encabezan 'O Son do Camiño' |
|
Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta ou Rosalía. Son algúns dos cabezas de cartel que acudirán este ano ao Monte do Gozo entre case 40 artistas, dos cales a cuarta parte son bandas galegas. Un cartel que se presentou a tarde do 22 para un festival que busca posicionarse como dos mellores de Europa en canto a calidade e prezo, e que pretende promocionar Galicia alén das nosas fronteiras.
Descuberto o cartel do festival do Son do Camiño, un evento que chegou para quedar. 37 novos artistas que acudirán ao Monte do Gozo entre o 13 o e 15 de xuño nunha cita musical que pretende tamén ser unha ventá aberta ao turismo e ao Xacobeo 2021. O ano pasado o retorno económico foi de 12 millóns de euros.
Un cartel ecléctico e para gustar a todos os públicos. Desde os estadounidenses Black Eyed Peas, con 25 anos de carreira ás súas costas marcada polo hip hop/pop aos surafricanos Die Antwoord pasando por clásicos do rock incombustibles, como Iggy Pop, tamén The hives ou Block Party.
Pero hai máis sorpresas, como a artista do momento, Rosalía, ou o que foi unha revolución na música electrónica, David Guetta.
O ano pasado colgouse a medalla de festival revelación e foi o primeiro evento español destas características en esgotar os abonos en pouco máis de 2 horas. Este 27 de febrero sairán á venda, e desde a organización aconsellan mercalas só nos puntos de venda oficiais. En menos de catro meses, preto de cen mil persoas volverán marcar o ritmo no emblemático Monte do Gozo.
Lucía Alvarellos 2ºBach
|
|
|
|
O festival 'O Son do Camiño' esgota os seus 20.000 abonos en menos de dúas horas |
|
O festival 'O Son do Camiño' que traerá a Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de xuño a artistas como The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai, esgotou os 20.000 abonos que puña á venda en menos de dúas horas. Desde que se abriu ás 10:00 horas a venda destes abonos, foron miles as persoas que se conectaron ao sistema de venda por Internet creando colas virtuais para acceder á compra. Segundo informou a organización, en menos de dúas horas o festival esgotou as cinco ofertas que lanzaba e vendeu os 20.000 abonos dispoñibles, batendo marcas históricas en venda de entradas de festivais de toda España. A oferta inicial de 2.000 abonos a 39 euros durou apenas uns minutos, dado o masivo interese do público de toda España.
O Festival, que agradeceu o apoio e lamentou que algunhas persoas que se quedaron fóra desta compra, anunciará a súa programación por días e porá as entradas para cada un deles á venda proximamente.
Sofía Cougil Gracía
|
|
|
|
Paisaxes da Ourensanía |
|
 |
|
|
|
Correpondentes... |
|
 |
|
|
|
Mar de néboa |
|
 |
|
|
|
Festival LADESOL |
|
 |
|
|
|
Voz Natura. |
|
 |
|
|
|
Paz e Ben! |
|
 |
|
|
|
Brinca Vai! Paco Nogueiras |
|
 |
|
|
|
Festival Misioneiro |
|
 |
|
|
|