Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG celebra a Carvalho Calero, mestre “da cultura galega do XX”

A Real Academia Galega (RAG) celebrou onte o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990) no paraninfo da Universidade de Santiago (USC), no mesmo edificio en que impartiu clases como primeiro catedrático de lingua e literatura galegas en Galicia. Nun acto que contou coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Na súa intervención, Feijóo explicou que Carvalho Calero, que abrazou as teses lusófonas, reparou “na Europa máis próxima representada por Portugal” e engadiu que “loita por un reencontro co pobo irmán do que nos afastan ventureiros acontecementos e ao que nos achegan afectos nunca esmorecidos”.

“Máis aló de controversias eruditas sobre os formatos ortográficos, a intuición de don Ricardo anticípase con acerto aos nosos tempos”, subliñou a continuación.

Como mostra do “amplo legado” de Carvalho Calero, Feijóo mencionou “os seus estudos, a súa poesía, os seus ensaios, a súa novelística, a súa capacidade oratoria” e a “herdanza viva” que deixa nos seus alumnos e discípulos, moitos deles membros actuais da RAG como o seu presidente, Víctor F. Freixanes. O presidente da Xunta parouse na biografía do autor ferrolán para destacar que foi “primeiro en moitas cousas”, como o demostra que ocupou a primeira cátedra de lingua e literatura galegas, ademais de ser un “adiantado dos vínculos” entre Portugal e Galicia. Uns vínculos que na actualidade, en palabras de Feijóo, veñen “reforzados grazas á pertenza ao proxecto europeo” e ao “feliz reflexo legal” que é a coñecida como Lei Paz Andrade de 2014, que busca aproveitar os “vínculos coa lusofonía” e permite “que haxa máis de 4.000 alumnos de portugués” na comunidade galega.

Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 13-12-2020 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Eira Losada: "As redes sociais son unha ferramenta moi boa para a normalización da lingua"
Decidín crear unha canle porque consumía moito contido en Youtube e porque sempre me gustou o tema de gravar vídeos. O obxectivo sempre foi crear contido que a min me gustase. Fago vídeos moi diversos pero os que máis me gustan son os de recomendacións de libros. Ademais, decidín levala en galego porque é a miña lingua e non a ía cambiar nos vídeos. Cando comecei case non había contido na rede en galego e debemos reivindicalo. Daquela só tiña 50 seguidores pero estes últimos anos fun medrando porque a xente comezou a consumir máis vídeos en galego. Hai un par de anos a súa presenza era case inexistente, pero agora están a nacer moitas canles novas que empregan a nosa lingua. Queda moito por avanzar, pero estamos no bo camiño.
A realidade é que os vídeos en castelán non só chegan ao público español, senón tamén a toda Latinoamérica. O problema cos vídeos en galegos é a existencia dunha barreira que provoca que este contido non chegue ao público portugués e viceversa. Ese é un grande impedimento, o tema do público. Por outra parte, unha realidade bastante habitual na Galiza é que se adoita buscar na rede en castelán. Por desgraza eu tamén me inclúo. Cando buscamos unha receita, un libro, ou mesmo un vídeo dunha temática concreta en Youtube, tendemos a buscalo en castelán porque inconscientemente pensamos que non vai estar en galego. Penso que é algo que debemos cambiar para dar pé á creación de máis contido na nosa lingua.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 05-12-2020 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xornada de Normalización Lingüística
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 18-11-2016 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA FRANCERCANO

A café cultural El Cercano, sito na rúa Cardenal Quevedo e veciño do noso colexio únese á vontade do Seminario de Linguas para organizar, por segundo ano, un CLUB de lectura voluntario e extraescolar para o alumnado de bacharelato.

As lecturas e parladoiros realizaranse, como no ano vencido, todos os martes, das 18:00 ás 19:00 h na SALA de Lectura do propio café.

A actividade pretende comezar a súa andaina o vindeiro martes, 4 de outubro, na hora citada. Como novidade este ano, pretendemos os organizarores propiciar o encontro interxeneracional con lectores doutras idades e, tamén, a relación con outros clubs de lectura procedentes doutros ámbitos educativos.

O ano pasado o grupo pioneiro formado por unha decena de persoas provocou o diálogo e a reflexíón con varios autores vivos ourensáns que publican relatos ou ensaios baixo a Editorial El Cercano, que tamén publica obras.

Poñédevos en contacto cos responsables da actividade nestes días restantes de setembro. Só se precisan ganas de ler, os libros, en diferentes idiomas e xéneros, xa os pon o CLub.
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 17-09-2016 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCATORIA BLOGUEIROS E COORDINADORES

O Seminario de Linguas, a través da materia de Lingua galega a literatura, concova a novos e novas bloqueiros e coordinadores para os curso de 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato para estruturar esta actividade TIC escolar e extraescolar.

O compromiso dos blogueir@s é do entregar unha nova como mínimo, un texto en formato de nova ou crónica ou columna de opinión, acompañado dunha imaxe en formatos estándares de dominio de imaxe ou achegar un vídeo ou un enlace URL. Esa nova deben mandala regularmente aos coordinadores de curso.

Pola súa banda, o coordinad@ debe comprometerse a enviar o relatorio de novas subidas ao profesor correspodente, conferir a súa normalización lingüística mínima e fiscalizar a que non se repita ningunha información nin imaxe, aínda que pode haber novas complementarias sobre un mesmo tema informativo ou de investigación.

A inscrición é voluntaria e farase en aulas a través dos delegad@s das aulas nun prazo máximo de quince días. A primeira semana de outubro comezamos a marabillosa e ilusioante andaina da promoción da lingua galega e a súa literatura.
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 17-09-2016 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Rosalía

Celebraremos tamén o Día de Rosalía no Concello de Ourense. Ás 12 da mañá terá lugar alí un encontro de alumnos de diversos centros concertados de Ourense para facerlle a nosa homenaxe a Rosalía.
Asistirán 8 alumnos do centro (2º e 3º ESO) acompañados polo profesor Elías, para cantar e recitar versos de e para Rosalía.
Xa vos amosaremos o resultado!
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 22-02-2016 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro. Día de Rosalía

Desde o Equipo de Dinamización lingüística do galego teremos no vindeiro día vinte e catro de febreiro, unha humilde homenaxe á poetisa por excelencia das nosas letras.

Agardamos que este recordo e saúdo merecido nos sirva para reflexionar sobre a importancia desta muller emprendedora ao servizo da defensa dos galegos e da súa lingua.

Contaremos coa colaboración dalgúns alumnos da 3º e 4º da ESO neste ano MANUEL MARÍA.

De paso, lembramos que estamos no 2016, o centenario do nacecemento da IRMANDADE DA FALA cos irmáns Villar Ponte, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire, Portela Garea entre outros.

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 02-02-2016 08:02
# Ligazón permanente a este artigo
O mandado!

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 01-02-2016 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
O mandado do Meco

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 01-02-2016 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín!

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 06-11-2015 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0