axiña Cefalópodos!


Recoñezo que esta combinación de cores é unha afrenta a humanidade
Desde Ames, actualizarei cando teña tempo, ideas e ganas. Un saúdo a todos os que entredes nesta páxina.
(ah, o da foto non é outro que o gran Ian Curtis)


O meu perfil
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Battles - Atlas
Quedadevos co nome deste grupo: Battles. Había tempo que un albun non me gustaba tanto. No Mirrored (o seu disco) respirase Slint, Tortoise e Sonic Youth.

Destaca especialmente Atlas, esquizofrénica peza de ritmo progresivo e voz sampleada.
Queda aínda moito que paladear do Mirrored, pero desde xa aposto por el como un dos grandes do 2007.

Battles - Atlas

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-06-2007 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O fin da tregua e o PP
Agora é o momento de lembrar este gran video de Polonia.


Comentarios (1) - Categoría: Ufoloxía e outros - Publicado o 05-06-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
RCTV e Egunkaria
Estes últimos días falouse moito do caso RCTV:
O goberno venezolano non lle renovou á esta cadea privada a licenza para retransmitir e a nova do feche deu a volta ao mundo rapidamente. A participación de RCTV no golpe de Estado de abril do 2002 foi a razón principal que esgrimiu Chávez para xustificar o cese da emisión. Esto foi visto polos medios como un ataque á liberdade de expresión, como algo propio dun pais “non democrático”.

Lembremos algunha cousa:
O 20 de febreiro de 2003, o xuíz instructor da Audiencia Nacional ordena o feche temporal do periódico Euskaldunon Egunkaria por formar parte do “conglomerado de ETA”. A maioría dos medios posicionase claramente a favor do feche. Bastantes anos despois, o Fiscal Miguel Ángel Carballo pide o arquivo do caso por non achar proba algunha que vinculen a este diario con ETA e supón improcedente abrir xuízo oral contra os imputados.
O Euskaldunon Egunkaria, que se escribía integramente en euskera, non puído volver á actividade xa que economicamente resultaba inviable despois da inactividade.

Resulta contradictoria a posición dos medios en relación a uns temas que, salvando as obvias distancias, resultan tan semellantes.
Se o goberno de Chávez fecha unha cadea de televisión por participar nun golpe de estado (unha forma de terrorismo), entón o goberno de Chávez atenta contra a liberdade de expresión.
Polo tanto, si o goberno español fecha un xornal por formar parte de ETA, entón o goberno español…
Este exercicio de lóxica elemental non parece entrar na cachola dos xornalistas, xa que neste último caso ven unha defensa da constitución e da liberdade.

Misterios dos mass media.

Comentarios (3) - Categoría: Política - Publicado o 04-06-2007 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A manifestación do PP

Rompese España, a gran España. A culpa é dun presidente traidor que posiblemente foi levado ao poder por un grupo terrorista. Ou pactou con eles, que ven a ser o mesmo. O caso de De Juana foi a máxima expresión dun goberno débil co terrorismo, dun goberno que regala Navarras e vende patrias. Pero, España é nosa, e nos somos os únicos que podemos salvala.

Este era o espírito da manifestación de hoxe pola tarde en Madrid. O espírito do 36. As mesmas palabras, os mesmos xestos, a mesma urxencia polo poder. As bandeiras co parruliño, a ira bélica, o berro do que se sinte protexido pola patria e por Deus. Soprando nas brasas dun lume que agoniza, consíguese que reavive. Facelo no medio do monte, nun dia seco de verán é ser un pirómano. E esta xente, son pirómanos con dedicación profesional.
O dereito a manifestarse é lexítimo. Salvo eles, ninguén o puxo nunca en dúbida. Criticar aos que se manifestan, tamén. Pero hoxe, estes días, a critica non é xa un dereito, é unha necesidade fronte ao neogolpismo (disfrazado agora coa palabra liberdade).
Despois de 71 anos, segue en pe o mito das dúas Españas. Ou mellor dito dunha España: á do nacionalcatolicismo/os requetes/falanxistas/CEDA. Cun discurso que non evolucionou nada neste tempo (a familia e España) son capaces de levantar ás paixóns mais íntimas (e mais públicas tamén) dun pobo no que medra o rancor coma na terra mais fértil.

Sigamos escribindo, pensando, reflexionando. En definitiva, denunciando o grotesco dun partido político que nos últimos sete anos parece atrapado nunha pasaxe dun libro de Pio Moa.


As brasas
do franquismo
Comentarios (3) - Categoría: Política - Publicado o 10-03-2007 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Acebes no polígrafo
acebes, que debe dicir unha verdade cando se equivoca.




Comentarios (4) - Categoría: Ufoloxía e outros - Publicado o 07-03-2007 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
música anti-crispación

Antonia Font - Wa yeah!!





Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 06-03-2007 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
© by Abertal