Neste blog daremos a coñecer as actividades que facemos dende o fogar dos maiores do Concello de Allariz (excursións, informática, talleres de memoria, talleres de manualidades, ximnasia, bailes, canto...)



Fogar dos Maiores - Allariz
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS
 BUSCADOR

Manifesto de persoas maiores.
Nós, os que formamos parte da xente maior, coa forte vontade de loitar a
favor de nós mesmos, da nosa condición humana, do noso futuro
común, de construir sociedades máis libres, abertas, equitativas,
democráticas e xustas;conscientes de que parte do pasado, presente e
futuro está contruido polas nosas accións e convencidos de que esta
capacidade, dereito e responsabilidade debe quedar aberta tamén
para as xeracións futuras….
Manifestamos….Cando vivimos na flor da nosa xuventude ou
disfrutamos dunha adultez serea e madura non reparamos na
cantidade de problemas técnicos, administrativos e sociais ós que se
enfrenta unha persoa maior. O uso do sistema sanitario, a
pensión…envellecer pode convertirse nunha pesada carga burocrática
e casi ningunha sociedade está preparada para facilitar a tarea ós
millóns de cidadáns que deben realizala.
O culto á xuventude, á velocidade, á actualidade, á perda de valores
tradicionais, ós cambios de habitos culturais, á obsesion pola saude e á
forma fisica…son fenómenos que, directa ou indirectamente, veñen a
relegar a función dos maiores a un segundo termo.
Reivindicamos…No ámbito político, sexa a ideoloxía que sexa,
consideramos que deben perder menos tempo en “insultarse” e máis en
buscar solucións. Somos conscientes da situación económica que
vivimos, pero moitos de vostedes non, xa que, diariamente vemos novos
casos de corrupción. Desexariamos que revisasen os seus soldos, os
gastos que se fan en armamento, axudas a outros paises,…se nós,
podemos vivir a duras penas cas nosas pensións, entendemos que
somos un colectivo a protexer.
O ámbito da saúde, cremos que é o punto máis importante desde o
punto de vista de calquera ser humán e máis aínda cando esta,
deteriórase a causa dos anos onde o corpo xa non é tan forte e
vigoroso que cando se ten a xuventude.
Vemos que a situación, vai chegar a un punto no que vai ser insostible e
somos un dos colectivos que máis nos afecta, xa que sufrimos doencias
que requiren o uso de determinadas menciñas, de probas médicas ou
de ingresos hospitalarios.
Moitos de nós, e aquí facemos un “mea culpa”, facemos un mal uso
deste sistema, pero tamén, vostedes deben reflexionar e ver se o
problema que hai cas menciñas non son determinados intereses
creados por vostedes e o colectivo médico con industrias
farmacéuticas.
Moitos de nós, debemos levar prótesis, gafas ou dentaduras e sufragar
os gastos, cas nosas pensións.
Debemos facer esperas para determinadas probas en hospitais dunha
duración moi extensa e cremos que nos non nos podemos permitir este
tempo.
As residencias existentes non chegan para cubrir o volumen de casos
que necesitan este servizo, e moito menos que poidan cubrir o seu custo
económico, xa que en recentes estatísticas, tres das cuartas partes das
residencias existentes son privadas.
No ámbito recreativo diariamente vemos na televisión programas
enfocados a temas moi similares, pero ningún cun contido específico
para persoas maiores.
Vemos programas de tipo pregunta-resposta que nos gustan, pero
tamen quixeramos, que alguén apostara por programas que conteñan
exercicios para mellorar a nosa memoria, programas nos que se faga
ximnasia, pero sempre e cando se pense en que a xente maior os poida
facer, programas musicais nos que se acepte a xente da nosa idade…
Tamen nos gustaría que se expandise a creación de centros recreativos
para maiores, que facilitasen o desenrolo de actividades para o seu
distraemento, tanto físico como mental.
Pedimos a moitos dos nosos compañeiros de xeración, que utilicen os
sevizos que hai para facer actividades, xa que nos é moi beneficioso.
Que non se adiquen a estar vendo a televisión,estar nun bar ou nun
banco sentados todo o dia.
Debemos loitar por nós mesmos e mirar positivamente cara adiante,
facendo uso dos servizos que temos e que nos axudan o noso
distraemento.
Exiximos…ós nosos representantes e poderes publicos, que leven a
cabo as medidas executivas e lexislativas necesarias para levar a
práctica as reivindicacións arriba expostas tanto no ámbito nacional,
como no ámbito da Union Europea.
E xa por último, recordarvos que é deber de todos nós coidar de que se
cumplan estos puntos porque é moi probable que todos cheguedes a
ser adultos maiores.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2011 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"Igualico" que Fred Aster e Ginger Rogers.
Os mércores, deste curso que finalizou, reuníamonos un entusiasta grupiño de maiores coa única finalidade de emular as actividades dancísticas (¿dise así?) de Fred Aster (tamén pregunto se é así como se escribe) e Ginger Rogers (esta si que creo que se escribe desta maneira), e, polo entusiasmo que lle poñíamos méritos para conseguilo si que faciamos, algunas veces os pés se nos cruzaban tropezando un co outro e nós sabíamos que era culpa da nosa parella por non seguir ben o compás da música, porque,¡ claro!, un sempre o fai ben, o que falla é o outro e, se non tés una boa parella,…, pois non hai nada que lle facer.

Total, que aínda que ensaiamos moito os domingos pola tarde nos bailes do bar do fogar, o tango atragantóusenos bastante, pero pudemos coller folgos co pasodoble , e así nos quedan moitas forzas para o próximo curso retomar o asunto co maior interés posible.

Gracias profe por aturarnos con tanta amabilidade. ¡¡¡PORFI, PORFI, PORFI, ,,,VOLVE EN OUTUBRO QUE AINDA LLE HAI QUE DAR MOITAS VOTAS A ESE TANGO!!!.
Comentarios (0) - Categoría: Bailes de salón. - Publicado o 22-06-2011 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Manuais 2010-2011.
Quero animar a todo o mundo a que participe nos traballos manuais que facemos aquí no “Fogar” e, aínda que xa o teño feito moitas veces,non me rindo e quero seguir dándovos a lata para que vos animedes e veñades.

E vouvos contar o que fixemos o ano pasado e vexades as cousas bonitas que realizamos:

No primeiro trimestre estivemos con lámpadas tíffani e con uns libros que nos quedaron preciosos a partir de guías telefónicas. Os manuais do segundo trimestre foron pintura en tea e mosaicos. E no terceiro trimestre fixemos cuadros tridimensionais, falso esmalte e patchwork.

Agora neste curso comezamos con decoración en metal e, pola pinta que vai collendo o asunto, creo que van a quedar traballos de exposición.

Como xa dixen animo a todo o mundo a participar e mándolle un bico moi grande á nosa profe que tén co nós unha paciencia enorme.
Comentarios (1) - Categoría: Manualidades - Publicado o 25-11-2010 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Alta participación nas IV Xornadas de Maiores
Os maiores alaricanos foron os protagonistas das “IV Xornadas deMaiores” Somos activ@s e participativ@s” celebradas a pasada semana en Allariz.

A iniciativa, organizada polo departamento de benestar social, acolleu diferentes obradoiros, taichi para maires, charlas matemáticas, risoterapia, sesións de contacontos e teatro interpretado por primeira vez os usuari@s do Fogar do Maior. A participación, segundo explicaba Sonia Paz organizadora das Xornadas, foi “elevada, sobre todo nos obradoiros”

Video da Obra de Teatro


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2010 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¡¡Menudo tute!!.
Alá polo mes de febreiro tiñamos a obriga de ir a Madrid á entrega dos premios "Maiores con iniciativa", para os que estabamos nominados.

Un grupo de persoas do concello, moi voluntariosas por certo, fomos a esta ceremonia, xa que en Galicia gañaramos un dos premios dos proxectos presentados.

¡¡Cal non foi a nosa sorpresa cando nos nomearon como gañadores !!.

O tute, o cansancio, que nos demos para ir e vir no mesmo día a Madrid xa volo podedes imaxinar. Pero non solo fomos nós, xente sen ningunha conexión co "poder", sen ningún cargo, nin traballo no concello, tamén foron as persoas responsables do proxecto. A elas os meus agradecementos máis grandes por guiarnos en todo momento con amabilidade, paciencia e cariño, por enseñarnos, por permitirnos desenvolver capacidades que non sabiamos que tiñamos.

Gracias Patricia.

Gracias Ana.

Gracias ó Concello e na súa representación a Pilar.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa aprendemos a usar o móbil.
Neste mes de xullo comezamos outro cursiño de novas tecnoloxías, e, neste caso, é para aprender a usar o teléfono móbil.

Como somos uns alunnos moi aventaxados xa sabemos ler menxaxes, mandalos, facer fotos e todo o que saben facer os máis novos ca nós, así que xa estamos preparados para a vida moderna e podémonos relacionar coa xente xoven sen desmerecer.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vivir na ziralla.

Pois como todo o mundo sabe os martes ás 11´30 da mañá un grupo de persoas "maiores" reunímonos para facer un programa de radio.

Non queremos inventar a pólvora nin descubrir nada novo nin o que xa esté descuberto; a nosa única pretensión é ter un envellecemento activo e falar dos temas que máis nos interesan.

Falamos de saúde, de cociña, de deporte, e, en xeral de temas de actualidade.

Alí pasamos o tempo este grupiño e tamén intentamos que quen nos oe o pase ben.

Se queredes participar vinde os martes á hora que cito arriba.

Ademáis podedes chamarnos tamén en directo e facernos comentarios.



Comentarios (0) - Categoría: Radio. - Publicado o 07-05-2010 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As herbas mediciñais en Allariz, un dos mellores proxectos
As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminina é un dos proxectos presentados polo Concello de Allariz ao II concurso “Maiores con Iniciativa” e que recibiu un premio a nivel autonómico que asegura o seu pase ó concurso estatal o próximo 25 de febreiro.

Ademais desta iniciativa tamén se seleccionaron outras dúas que son “Memoria de muller de Ribadeo” e “Bergantiños: pasado e presente”. As tres iniciativas pasan á final estatal, xunto coas mellores iniciativas do resto das comunidades autónomas participantes, e poderán optar ao Premio do II Concurso Nacional Mayores cON Iniciativa 2009

Se queres apoiarnos podes facelo votando, previo rexistro, no seguinte enlace: http://www.mayoresconiniciativa.es/mayores_con_iniciativa/fichas-votacion/as-herbas-medicinais-en-allariz-unha-historia-de-recuperacion-e-empoderamento-feminina.html
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De novo no Blog.
Xa hai moito tempo que este blog está parado e, como había que darlle un pouco de movemento, decídome a darlle un impulso.

Vou falar dos traballos manuais que a mín me gustan moito, disfruto moito facéndoos e despois tamén disfruto moito véndoos, ensinándoos a quen os queira ver e tamén vendo os fallos que tén para así poder correxilos en futuras ocasións.

Contarei o que fixemos ata agora: no primeiro trimestre do curso un grupo fixo uns libros antigos endurecidos que cada un adornou como mellor lle pareceu e que quedaron preciosísimos; a mín tanto me gustaron que fixen seis entre o que traballei nas clases e o que traballei na casa. Outro grupo traballou na lámpadas de tíffanis.

Neste segundo trimestre tamén hai como sempre dous grupos: nun deles están facendo mosaicos e outro pintura en tela.

Os traballos son moi entretidos, interesantes e bonitos e como sempre animo a todo o mundo a que participe neles, e que participe ademáis nos temas que NÓS, porque somos NÓS, propoñemos no Fogar, porque por suposto que se temos un tema interesante podémolo propoñer e aquí probablemente se leve a cabo.

¡¡ÁNIMO E PARTICIPADE TODOS!!!
Comentarios (0) - Categoría: Manualidades - Publicado o 19-02-2010 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
novas actividades do coro

Despois do èxito alcanzado na presentacón do coro sentimonos tan animadas que estamos preparando outras novas cancións. Eso do éxito é un decir pois creo que tivemos os nosos herros,pero a xente que casi toda eran os nosos familiares aplaudinos tanto que nos animamos a seguir. Todos os martes xutámonos un grupo de 20 mulleres, que por certo pasamolo moi ben, para poñer todos os nosos sentidos que voa falta nos fan para preparar un novo concerto que esperamos sexa para o mes de xulio.
Comentarios (0) - Categoría: Canto - Publicado o 19-02-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal