Neste blog daremos a coñecer as actividades que facemos dende o fogar dos maiores do Concello de Allariz (excursións, informática, talleres de memoria, talleres de manualidades, ximnasia, bailes, canto...)



Fogar dos Maiores - Allariz
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS
 BUSCADOR

As herbas mediciñais en Allariz, un dos mellores proxectos
As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminina é un dos proxectos presentados polo Concello de Allariz ao II concurso “Maiores con Iniciativa” e que recibiu un premio a nivel autonómico que asegura o seu pase ó concurso estatal o próximo 25 de febreiro.

Ademais desta iniciativa tamén se seleccionaron outras dúas que son “Memoria de muller de Ribadeo” e “Bergantiños: pasado e presente”. As tres iniciativas pasan á final estatal, xunto coas mellores iniciativas do resto das comunidades autónomas participantes, e poderán optar ao Premio do II Concurso Nacional Mayores cON Iniciativa 2009

Se queres apoiarnos podes facelo votando, previo rexistro, no seguinte enlace: http://www.mayoresconiniciativa.es/mayores_con_iniciativa/fichas-votacion/as-herbas-medicinais-en-allariz-unha-historia-de-recuperacion-e-empoderamento-feminina.html
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De novo no Blog.
Xa hai moito tempo que este blog está parado e, como había que darlle un pouco de movemento, decídome a darlle un impulso.

Vou falar dos traballos manuais que a mín me gustan moito, disfruto moito facéndoos e despois tamén disfruto moito véndoos, ensinándoos a quen os queira ver e tamén vendo os fallos que tén para así poder correxilos en futuras ocasións.

Contarei o que fixemos ata agora: no primeiro trimestre do curso un grupo fixo uns libros antigos endurecidos que cada un adornou como mellor lle pareceu e que quedaron preciosísimos; a mín tanto me gustaron que fixen seis entre o que traballei nas clases e o que traballei na casa. Outro grupo traballou na lámpadas de tíffanis.

Neste segundo trimestre tamén hai como sempre dous grupos: nun deles están facendo mosaicos e outro pintura en tela.

Os traballos son moi entretidos, interesantes e bonitos e como sempre animo a todo o mundo a que participe neles, e que participe ademáis nos temas que NÓS, porque somos NÓS, propoñemos no Fogar, porque por suposto que se temos un tema interesante podémolo propoñer e aquí probablemente se leve a cabo.

¡¡ÁNIMO E PARTICIPADE TODOS!!!
Comentarios (0) - Categoría: Manualidades - Publicado o 19-02-2010 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
novas actividades do coro

Despois do èxito alcanzado na presentacón do coro sentimonos tan animadas que estamos preparando outras novas cancións. Eso do éxito é un decir pois creo que tivemos os nosos herros,pero a xente que casi toda eran os nosos familiares aplaudinos tanto que nos animamos a seguir. Todos os martes xutámonos un grupo de 20 mulleres, que por certo pasamolo moi ben, para poñer todos os nosos sentidos que voa falta nos fan para preparar un novo concerto que esperamos sexa para o mes de xulio.
Comentarios (0) - Categoría: Canto - Publicado o 19-02-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Entroido 2.010
O Martes de carnaval fixen moitas fotos do desfile que estuvo esplendido polas ruas de allariz. Empezou na carretera de Xunqueira xunto do grupo escolar.
Eu fun quitando fotos no desfile ata o matadeiro o que mais me inpresionou foi a imaginacion que teñen os de Santa Mariña e os de Roiriz sin deixar as outras comparsas que todas estaban moi bonitas. As da asociacion de mulleres de Allariz teñen moito merito o xuntarse tantas, lucian moito no desfile sin deixar a ninguha que todas estaban moi bonitas. A min o que me gusta e quitar fotos e metelas no ordenador e miralas cando teño tempo disfruto con elas. Tamen boto de menos as charruas de Allariz que era a nosa tradicion
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
o noso primeiro concerto
Xa tivemos a primeira actuación polo Nadal.Fomos un pouco atrevidas poque levamos moi pouco tempo de ensaio,pero o noso profesor animounos decíndonos que ten que haber unha primeira vez
As criticas foron demsiado boas,pois algunhas cancións sairon mellor ca outras,pero xa procuraremos facelo mellor para a próxima vez que será moi pronto
Xa somos 20,animados a participar pois pasamolo moi ben
Comentarios (0) - Categoría: Canto - Publicado o 19-02-2010 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Obradoiro de teatro

Estamos intentando faguer unha obra de teatro; pero como os artistñas xa non estamos moiben de memoria vainos costar un Potosí metela no noso caletre desgastado por os anos que temos encima do lombo. Pero boeno sinon chegamos a representalo para o público mantemos o noso cereblo en exercicio,i ademais pasámol ben i rimonos das nosas parvadas.

Xa podedes imaxinar como poden ser os nosos ensaios.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Herbas Medicinais
Unha vez mais o Fogar dos mayores de Allariz, consegue un novo premio a nivel autonómico co traballo feito por toda-las asociacion de mayores do concello.
O tema: sobre as herbas medicinais.
E permitímonos o luxo de gañar o primeiro premio, seguidos de Vegadeo y bergantiños, en terceiro lugar.
Debido a este triunfo, o xoves día 25 de febreiro, ímos a Madrid a concursar para intentar conseguir o primeiro premio a nivel nacional; cousa moi difícil pero non imposibel.
Non me queda mais que decirvos que temos moito coraxe y que por iso o premio está o noso alcance.




Comentarios (0) - Categoría: Informática - Publicado o 19-02-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Avances no coro
De novo volvo a falar do noso coro xa que cada vez nos animamos mais e xa estamos decididas a deleitar cas nosas voces armónicas (moi cascadas)a entreteñer un dia a todos os nosos veciños. E queremos que cada vez se anime mais xente a vir. Esperamos que os vosos aplausos nos animen para seguir adiante. Non miredes os nosos fallos xa que levamos pouco tempo
Comentarios (0) - Categoría: Canto - Publicado o 19-11-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
vacaciones
Despois duns meses de duro traballo, vamos poder disfrutar dunha semana de vacacions, que seña dito de paso, ben as merecemos; sobre todo a nosa profesora que, últimamente, está moi estresada.
Os avances feitos no curso son increibles, só ocorre que o que fixemos fai dos meses está completamente olvidado. Pero todo esto despois das vacacions vai ser coser e cantar.
Comentarios (0) - Categoría: Informática - Publicado o 19-11-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O luns 23 xogamos a wii

O luns 23 as doce no salon de actos do fogar dos maiores xogaremos ca videoconsola wii. Eu non sei o que é iso pero dinme que mui facil aprender. Xa o veremos.

Estamos todos invitados.
Comentarios (1) - Categoría: Informática - Publicado o 19-11-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal