Este é o blogue de dinamización da lingua galega do CEIP Espiñeira-Aldán. O noso blogue, o teu blogue, o blogue de todos, de todas.
"Falade meniñas... falade galego"
Ramón Cabanillas
AGRADECEMOS OPINIÓNS E COLABORACIÓNS. ESTAMOS EN PROCESO DE CONSTRUCIÓN, ESCOITANDO E PROBANDO IDEAS QUE NOS VAN CHEGANDO. PERDÓN POR ERROS OU OMISIÓNS.
Por favor, solicitamos que nestes momentos sigades participando, votando polas palabras máis fermosas que escolledes na vosa familia..., enviándonos máis chistes graciosos para o concurso, introducindo cantigas tradicionais ou populares, sen copyright, que cantan ou cantaban os maiores, ver os vosos traballos, fotos, celebracións... mediante os vosos comentarios nas actividades que estamos realizando actualmente, ou axudar de calquera xeito, pero polo de agora pulsando no enlace da nosa páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/
e chegados aí, buscades na beira esquerda arriba: DEPARTAMENTOS,e dentro destes, >E. Dinamización da Lingua Galega.
Tamén axudaría que enviarades estes enlaces a todas aquelas persoas que poidan cooperar en calquera dos moitos labores que temos agora entre mans.
Agradecemos moito a vosa comprensión e colaboración en todas as accións que estamos intentando levar a bo porto. Para cooperar entrade no lugar dos enlaces anteriores.
Moitas grazas.