|
|
|
|
| Xornada Xogos Populares |
|
|
|
|
|
|
| Exposición Xoguetes Tradicionais |
|
Na Semana das Letras Galegas temos na entrada do colexio a Exposición de xoguetes feitos con medios naturais produto dos obradoiros nos que estiveron traballando os nosos alumnos e alumnas no actual curso.
Xoguetes feitos con: barro, cortiza, patacas, pedras, carozos de millo, follas de castiñeiro, teas, madeira e noces.
Estades todos convidados a facernos unha visita.
As fotos na galería, en Exposición Xoguetes. |
|
|
|
|
| III Xornada de Xogos Populares |
|
O xoves 15 de maio imos celebrar a 3ª Xornada de Xogos Populares co seguinte horario de actividades:
09:55 h. – 10:15 h. Vídeo didáctico Xogos Populares
10:20 h. – 10:40 h. Montaxe fotos II Xornada-Maio 2007
10:45 h. – 12:15 h. Circuito - Percorrido Xogos Populares
12:20 h. – 12:30 h. Festa-comida no polideportivo.
12:30 h. – 12:55 h. Recreo.
13:00 h. – 14:00 h. Montaxe fotos obradoiros xoguetes.
Entrega premios competición “A CHAVE”.
Presentación powerpoint final festa.
|
|
|
|
|
| Obradoiro de cortiza |
|
En abril tocoulles aos do segundo ciclo de primaria traballar con cortiza para facer balsas.
Houbo quen lle gustaba máis os animais e fixeron xirafas, cans ou gatos.
Na foto vemos aos de 4º poñendo todo o sentidiño para que o resultado fora perfecto. |
|
|
|
|
| Grileira e pelotas de tea. |
|
En Marzo as nenas e nenos do 1º ciclo (1º e 2º) fixeron unha grileira de canas, e tamén pelotas para xogar con teas e trapos vellos.
Esto que vedes na foto foi o resultado. |
|
|
|
|
| OBRADOIRO DE XOGUETES |
|
O primeiro xoves de cada mes os alumnos do colexio participan nun obradoiro para fabricar o seu propio xoguete feito con medios naturais.
En febreiro pintamos os carozos de millo para xogar a facer castelos.
Tocoulles aos de Educación Infantil traballar neste tema. |
|
|
|
|
| EXPOSICIÓN XOGUETES |
|
UN MES, UN XOGUETE.
Exposición de xoguetes feitos con medios naturais.
Dende novembro hai na entrada do colexio unha exposición de aqueles xoguetes feitos soamente con materiais do medio natural.
Cada mes relacionase cun material determinado e facemos xoguetes a partir del.
Novembro - O panterlo
Decembro - Bonecas de millo
Xaneiro - Xoguetes de noces.
Febreiro - Castelo de carozos.
Na galería de fotos os poderedes ver. |
|
|
|
|
| Avaliando o III DÍA DO PEÓN. |
|
Na web xogospopulares.com fixeron unha avaliación da celebración do Día do Peón,mostrando os datos, actividades e número de participantes na campaña. Do noso colexio escribiron isto:
CEIP MANUEL MASDÍAS (Ferrol) Realizaron fichas didácticas e decoración dos peóns. Na xornada do día 9 ás 11:30 cantaron todas/os as/os alumnas/os xuntos (en formato karaoke) A Buxaina do grupo Ledicia, e ás 11:45 h. desenvolveron distintos xogos colectivos no patio cos peóns. Participaron 145 alumnos-as/ |
|
|
|
|
| DÍA DO PEÓN |
|
Vindouro 9 de novembro é a data elixida por Brinquedia para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por un refrán tal como "Polo San Martiño, peóns ao camiño".
Nós temos o noso: "No Manuel Masdías, buxainas todos os días".
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado, impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o país, leva ao Ceip Manuel Masdías a seguir participando nesta convoca-
toria.
Entón, o venres, todos co peón ao colexio. |
|
|
|
|
| A Xornada dos Xogos. |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|