XOGOS POPULARES


Os xogos populares e tradicionais no ceip Manuel Masdías de Ferrol.
Abrimos unha pequena xanela ó noso colexio. Bótade unha ollada a un tipo de xogos os que lles daremos un empurrón para que entren nas nosas vidas. Vai ser curioso ver os xogos dos nosos avós en internet.

personalized greetings



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV XORNADA XOGOS POPULARES

O martes, 18 de maio,(conmemorando o día das Letras Galegas) celebrouse unha nova xornada de xogos populares. Proxectáronse vídeos e fotos de anteriores festas: o samaín, o día da paz e o día dos xogos populares do ano pasado.
O percorrido foi de 9 zonas de xogos polo que rotaban os distintos grupos de alumnos cos seus profesores. Había zancos, peóns, carreiras de sacos, cordas, a chave, a rá, a petanca, o xogo das 4 esquinas, …
O final foi a entrega de medallas da competición d’A Chave (4º-5º-6º) e das Carreiras de Carrilanas (1º-2º-3º).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gañadores d'A Chave

Despois de disputarse as competicións de A CHAVE xa hai gañadores nos seguintes cursos:
4º Diana 5º Moisés 6º Nerea

Na galería de fotos podedes ver os campións.

Tamén tedes aos campións das carreiras de CARRILANAS.
Comentarios (1) - Categoría: A chave - Publicado o 14-05-2009 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OLHA QUE BLOG MANEIRO!
O colexio está de noraboa, recibimos do blog "Papacontos", do ceip Luis Pimentel de Lugo, o premio "Olha que blog Maneiro" que significa "Mira que blog tan creativo, tan bonito..."
Agradecémoslle este agasallo xa que esto significa que estamos a facer un bo traballo. MOITAS GRAZAS!!

Esta mención ten as súas normas, que son:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.

Nós pasamos o premio a:
ENDL Ibáñez Martín
Medrar en galego
Anpa coutada
O recuncho do Cabada
Un rato na biblioteca
O falar non ten cancelas
Aula blogue
Enredando
O rincón do neno
No bico da lingua
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Competicións

No mes de abril e maio, no Manuel Masdías, celebraranse carreiras de carrilanas e competicións d'a chave nos distintos ciclos.
Comentarios (3) - Categoría: A chave - Publicado o 29-03-2009 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Zancos e carrilanas no Samaín.
O 30 de outubro celebrouse no colexio a festa do Samaín-Magosto 2008. Comezou cunha exhibición dun percorrido de axilidade en zancos. De seguido disputáronse as finais de carreiras de carrilanas por cursos.
Para rematar o resto dos alumnos e convidados de fóra fixeron quendas para probar estes divertidos xogos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2008 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vídeo Obradoiros de xoguetes. 2007-08
Comentarios (2) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 02-11-2008 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornada Xogos Populares
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2008 01:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Exposición Xoguetes Tradicionais
Na Semana das Letras Galegas temos na entrada do colexio a Exposición de xoguetes feitos con medios naturais produto dos obradoiros nos que estiveron traballando os nosos alumnos e alumnas no actual curso.
Xoguetes feitos con: barro, cortiza, patacas, pedras, carozos de millo, follas de castiñeiro, teas, madeira e noces.
Estades todos convidados a facernos unha visita.
As fotos na galería, en Exposición Xoguetes.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 13-05-2008 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
III Xornada de Xogos Populares
O xoves 15 de maio imos celebrar a 3ª Xornada de Xogos Populares co seguinte horario de actividades:

09:55 h. – 10:15 h. Vídeo didáctico Xogos Populares

10:20 h. – 10:40 h. Montaxe fotos II Xornada-Maio 2007

10:45 h. – 12:15 h. Circuito - Percorrido Xogos Populares


12:20 h. – 12:30 h. Festa-comida no polideportivo.

12:30 h. – 12:55 h. Recreo.

13:00 h. – 14:00 h. Montaxe fotos obradoiros xoguetes.
Entrega premios competición “A CHAVE”.
Presentación powerpoint final festa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2008 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Obradoiro de cortiza
En abril tocoulles aos do segundo ciclo de primaria traballar con cortiza para facer balsas.
Houbo quen lle gustaba máis os animais e fixeron xirafas, cans ou gatos.
Na foto vemos aos de 4º poñendo todo o sentidiño para que o resultado fora perfecto.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 17-04-2008 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal
"Os xogos da rúa na escola: a volta do xogo popular".
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis